Leeds

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaLeeds
Vista aérea
Imaxe

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 53°47′51″N 1°32′37″O / 53.7975, -1.5436Coordenadas: 53°47′51″N 1°32′37″O / 53.7975, -1.5436
EstadoReino Unido
PaísInglaterra
RexiónsYorkshire e Humber
Condado metropolitano (pt) TraducirWest Yorkshire (pt) Traducir
District with city status (en) TraducirLeeds (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación789.194 (2019) Editar o valor em Wikidata (1.430,48 hab./km²)
Lingua oficiallingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Superficie551,7 km² Editar o valor em Wikidata
Bañado porRio Aire (pt) Traducir, Leeds and Liverpool Canal (en) Traducir e Meanwood Beck (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Altitude10 m-340 m Editar o valor em Wikidata
Datos históricos
Evento clave
1321Siege of Leeds (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Prefixo telefónico0113 Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con
Brașov
Colombo
Dortmund (1949–)
Siegen (1966–)
Lille (1968–)
Brno (1991–)
Louisville (2006–) Editar o valor em Wikidata

Páxina webleeds.gov.uk Editar o valor em Wikidata

Leeds é unha cidade británica do condado de Yorkshire Occidental, no norte de Inglaterra, sita sobre o río Aire. Forma parte da área metropolitana denominada City of Leeds.

Segundo o censo de 2001 a zona urbana da cidade ten 429.242 habitantes e a aglomeración total 716.513. A área urbana de Leeds ten 1 880 000 habitantes (estimación de 2005).

Un habitante chámase localmente un loiner, aínda que é termo pouco usado. Os clubs deportivos empregan leodensian ou leodiensian, de inspiración latina imaxinaria.

Historia[editar | editar a fonte]

Leeds foi, orixinariamente, un mercado agrícola na Idade Media. En 1207 asinou a súa primeira carta de franquías.
Sobre os Tudors foi sobre todo un mercado de la, coa que se negociaba para toda Europa, utilizando o estuario do río Humber, chegando o seu comercio a representar en determinados momentos a metade das exportacións inglesas do produto.
No paso da Idade Moderna á Contemporánea a súa poboación medrou espectacularmente: pasou de 10.000 habitantes en 1751, ata atinxir 172.000 en 1851, á par que se convertía nunha cidade industrial. O seu crecemento industrial viuse favorecido pola apertura do canal de Liverpool a Leeds en 1816 e da vía de tren en 1848.

Economía[editar | editar a fonte]

A cidade está situada no cruzamento das autoestrada M1 e M62, e un aeroporto internacional a serve.
Estas circunstancias tornárona nun centro magno da distribución de mercancías, da banca e das finanzas.
Como o resto do norte de Inglaterra, Leeds sufriu os efectos da recesión da décadas de 1970 e 1980: as minas da rexión pecharon pouco a pouco, pese a que a industria mineira fora un dos sectores económicos máis importantes desde había séculos.
Nos anos 90 atraeu moitos dos centros de chamada para telecomunicacións, en particular grazas á "fiabilidade" do acento do Yorkshire, aínda que ese factor deveceu coa deslocación dos empregos nese campo para Bangalore, na India. Actualmente, a súa economía vese forte e con visos de medrar aínda, mentres o comercio tornouse nun dos sectores máis importantes da economía da cidade.

Música pop[editar | editar a fonte]

Aínda que menos prolífica que as cidades veciñas como Manchester, Liverpool ou mesmo Sheffield, Leeds veu xurdir algún dos grupos de música pop de máis sona: The Kaiser Chiefs, The Mekons, Gang of Four, Sisters of Mercy, Soft Cell, New Order, The wedding Present, Chumbawamba e Cud. Tamén Corinne Bailey Rae naceu en Leeds.

Turismo[editar | editar a fonte]

Bridgewater Place

Leeds recentemente foi elixida como "cidade favorita do Reino Unido" pola revista 'Condé Nast Traveller.' A cidade salienta pola súa oferta cultural, os seus centros comerciais (magasins), a súa vida nocturna e a arquitectura do século XIX. O seu aeroporto[1] liga con varios destinos europeos e doutros continentes regularmente.

Museos e arte[editar | editar a fonte]

Leeds ten numerosos museos, tales como a Armería Real, Galería de Arte de Leeds (con, talvez, a mellor selección de arte británica do século XX fóra de Londres), Museo Médico Thackery e o Instituto Henry Moore. A cidade é tamén coñecida pola súa oferta teatral, sendo os teatros máis célebres son West Yorkshire Playhouse, Grand Theatre (Opera North, un dos grupos operísticos máis famosos do país, ten a sede aquí) e The City Varieties.

Centros comerciais[editar | editar a fonte]

Hoxe en día Leeds é, quizais, coñecida ante todo como destino para ir de compras. O centro urbano é unha grande zona peonal na que se poden encontrar máis de mil tendas nun barrio bastante compacto. Briggate é a maior rúa no centro urbano, na que teñen sede todos os grandes magasins británicos. O Corn Exchange ten varios, e as fermosas galerías vitorianas acollen moitos dos magacíns máis interesantes. The Victoria Quarter é o barrio máis exclusivo para iren de compras; contén vellos edificios e dúas grandes passages espectaculares con máis de 70 tendas, como Louis Vuitton, Vivienne Westwood, Nicholas Deakin, Space NK, Diesel etc.

Educación superior[editar | editar a fonte]

Leeds ten dúas universidades: a Universidade de Leeds con 31.500 estudantes (52.000 se se contan matriculados en cursos temporais) e máis a Leeds Metropolitan University, con arredor de 26.000 estudantes, dos que un 17% son estranxeiros.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Leeds Bradford International Airport". Arquivado dende o orixinal o 07 de xaneiro de 2009. Consultado o 31 de agosto de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]