Saltar ao contido

Piollo do corpo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Piollo do corpo
Pediculus humanus humanus
Carl von Linné 1758 Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Categoría taxonómica
Clasificación taxonómica
SuperreinoHolozoa
ReinoAnimalia
FiloArthropoda
ClaseInsecta
OrdePsocodea
FamiliaPediculidae
XéneroPediculus
EspeciePediculus humanus
SubespeciePediculus humanus humanus Editar o valor en Wikidata
Linnaeus, 1758 Pediculus humanus humanus Editar o valor en Wikidata
Historia
 Acontecementos importantes
2010sequenciação (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Freebase/m/0dntg1 Editar o valor en Wikidata
ITIS186075 Editar o valor en Wikidata
CoL5K9BJ Editar o valor en Wikidata
EOL50014693 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons
Fases do desenvolvemento de P. h. humanus.

O piollo do corpo humano, que pertence á subespecie Pediculus humanus humanus (tamén chamada Pediculus humanus corporis),[1] é un piollo (insecto da orde Phthiraptera ou Psocodea) que infesta aos humanos e vive no seu corpo. Tamén se lle chama ás veces piollo da roupa. A infestación por piollos (piollos da cabeza, o do corpo ou o pubiano) chámase en xeral pediculose e a infestación polo piollo do corpo denomínase pediculose do corpo ou pediculosis corporis. A secuencia do xenoma do piollo do corpo foi publicada en 2010.[2][3] A diferenza do piollo da cabeza, que é inofensivo, o piollo do corpo pode transmitir enfermidades infecciosas (de orixe bacteriana) como o tifo exantemático, (causado por Rickettsia prowazekii) febre das trincheiras (por Bartonella quintana) e febres recorrentes (por Borrelia recurrentis).

Ciclo vital e morfoloxía

[editar | editar a fonte]

Pediculus humanus humanus é indistinguible en aspecto da subespecie Pediculus humanus capitis (o piollo da cabeza) pero non se hibridan normalmente en condicións naturais (só se observou en condicións de laboratorio). No seu estado natural viven en diferentes hábitats, xa que o da cabeza se especializou en vivir entre os pelos do coiro cabeludo, sobre os cales pon os ovos, mentres que o piollo do corpo evolucionou para adherir os seus ovos á roupa e vive polo corpo. Crese que as dúas subespecies empezaron a diferenciarse cando o seu humano empezou a utilizar frecuentemente roupa hai entre 100.000 e 30.000 anos.[4][5][6] O piollo corporal aliméntase de sangue humano.

O ciclo de vida do piollo do corpo consta de tres estadios: ovo (son as lendias), ninfa, e adulto.

  1. Lendias. Son os ovos do piollo. Son xeralmente doados de ver nas costuras da roupa dunha persoa infestada, especialmente arredor da zona da cintura, baixo as axilas ou no pelo do corpo. Son ovais e xeralmente de amarelos a brancos. Tardan de 1 a 2 semanas en eclosionar.
  2. Ninfa. É o piollo inmaturo que eclosiona do ovo. Unha ninfa semella un adulto, pero máis pequeno. As ninfas sofren varias mudas e maduran a adultos nun lapso de 9 a 12 días despois de eclosionaren. Aliméntanse de sangue.
  3. Adulto. O piollo do corpo adulto é aproximadamente do tamaño dunha semente de sésamo (2,5–3,5 mm), ten seis patas, e é agrisado branquecho. As femias poñen ovos pechando o ciclo. Aliméntanse de sangue. Se se separan do seu hóspede, os piollos morren a temperatura moderada.
  1. Buxton, Patrick A. (1947). "The Anatomy of Pediculus humanus". The Louse; an account of the lice which infest man, their medical importance and control (2nd ed.). Londres: Edward Arnold. pp. 5–23.
  2. Pittendrigh, B.R., et al (2006). Proposed sequencing of a new target genome: the human body louse, Pediculus humanus humanus. J. Med. Entom. 43(6): 1103–1111.
  3. Kirkness et al. (2010). "Genome sequences of the human body louse and its primary endosymbiont provide insights into the permanent parasitic lifestyle." PNAS 107(27): 12168-12173.
  4. Ralf Kittler, Manfred Kayser & Mark Stoneking (2003). "Molecular evolution of Pediculus humanus and the origin of clothing" (PDF). Current Biology 13 (16): 1414–1417. PMID 12932325. doi:10.1016/S0960-9822(03)00507-4. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 10 de setembro de 2008. Consultado o 10 de xullo de 2015.
  5. "...Lice Indicates Early Clothing Use ...", Mol Biol Evol (2011) 28 (1): 29–32.
  6. Kittler, Ralf; Kayser, Manfred; Stoneking, Mark (2004-12). "Molecular Evolution of Pediculus humanus and the Origin of Clothing". Current Biology (en inglés) 14 (24): 2309. doi:10.1016/j.cub.2004.12.024.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]