Saltar ao contido

Celeborn

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Celeborn
TipoElfo e personaxe cinematográfico Editar o valor en Wikidata
Obra
Universo ficticiolegendarium de Tolkien Editar o valor en Wikidata
Creador/aJ. R. R. Tolkien Editar o valor en Wikidata
Biografía
Grupo étnicoTeleri (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Sexohome Editar o valor en Wikidata
Inimigo/aMelkor e Sauron Editar o valor en Wikidata
Familia
PaiGaladhon (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
CónxuxeGaladriel Editar o valor en Wikidata
Irmá/nGalathil (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Fillo/aCelebrían Editar o valor en Wikidata
Wikidata ] G:Commons ]

Celeborn (en élfico Árbore de prata) é un personaxe ficticio do mundo fantástico creado por J. R. R. Tolkien. Era un dos máis sabios e poderosos Señores Elfos de toda a Terra Media. Elfo Sindar nado durante as Idades das Árbores, na xuventude de Endor. Viviu en Beleriand, no reino de Doriath, antes da súa destrución. Era parente do rei Thingol. Alí coñeceu a Galadriel durante unha visita que esta fixo a Menegroth (a capital), e logo dun longo período de tempo na Primeira Idade) casaron e tiveron unha única filla, Celebrían.

Cando Beleriand se afundiu baixo as augas, Celeborn e Galadriel dirixíronse cara Lindon, onde permaneceron ata o século oitavo da Segunda Idade, data na que se estableceron en Eregion. Tempo despois, Celeborn e Galadriel marcharon e fundaron o reino de Lothlórien, un reino de elfos que co paso do tempo pasou a ser un dos maiores inimigos de Sauron.

Durante a Guerra do Anel, Celeborn e Galadriel recibiron ós membros da Irmandade do Anel e déronlles agasallos e consello. Máis adiante, Lothlórien resistiu tres ataques dirixidos dende Dol Guldur (no Bosque Escuro) o 11, 15 e 22 de marzo de 3019 da Terceira Idade do Sol. Ó pouco de acabar a Guerra, os muros de Dol Guldur foron derrubados por Galadriel, e o lugar quedou limpo (28 de marzo de 3019 TE). O 6 de abril, Celeborn fixo un encontro con Thranduil, e ambos se repartiron o Bosque Escuro (que ademais pasaría a denominarse o Bosque das Follas Verdes, ou Eryn Lasgalen): Thranduil decidiu quedar coa parte setentrional, mentres que Celeborn preferiu a parte austral, á que chamou Lórien Oriental. O anaco que quedaba no medio déronllo ós Beórnidas e ós Homes do Bosque.

Trala partida de Galadriel, Celeborn non tardou en cansarse e retirouse a Valfendido. Pero algún tempo despois, non se sabe exactamente cando, tamén partiu ás Terras Imperecedoiras.

Árbore xenealóxica

[editar | editar a fonte]

       Finwë = Indis
             |
       --------------
       |            |
   Fingolfin     Finarfin = Eärwen
                          |
         ------------------------------
         |          |         |       |
      Finrod      Angrod   Aegnor   Galadriel = Celeborn
                    |                         |
                 Orodreth                  Celebrían = Elrond
                    |                                |
                 --------                     ----------------------
                 |      |                     |         |          |  
           Gil-galad Finduilas             Elladan    Elrohir    Arwen = Aragorn
                                                                       |
                                                                    Eldarion                                                   

Adaptacións cinematográficas

[editar | editar a fonte]
Marton Csokas interpreta o papel de Celeborn na triloxía cinematográfica de Peter Jackson.

O actor neozelandés Marton Csokas foi o encargado de interpretar a Celeborn, nos filmes The Lord of the Rings: The Fellowship of the Ring e The Lord of the Rings: The Return of the King.