Té
O té é unha infusión estimulante preparada coas follas e rebentos da planta do té, un arbusto da familia Theaceae (Camellia sinensis)[1] A popularidade desta bebida é soamente superada pola auga.[2]. O seu sabor é fresco, lixeiramente amargo e adstrinxente; este gusto é agradábel para moita xente.[3] Arguméntase que o consumo de té (especialmente verde) é benéfico para a saúde por conter antioxidantes, flavonois, flavonoides, catequinos e polifenois.[4][5] Debido aos seus catequinos, o té ten propiedades anti-inflamatorias e neuroprotectoras; pode axudar na regulación do apetito e pola súa afinidade cos receptores cannabinoides pode diminuír a dor e maila naúsea, servindo tamén como calmante.[6]
O consumo do té verde está asociado cunha diminución do risco de problemas de saúde entre os adultos maiores tales como: infartos, deterioración cognitiva e osteoporose.[7][8]
O té contén L-teanina substancia relacionada cun estado mental calmado en humanos. Un estado semellante ao que se atopa entre os practicantes de meditación.[9]
O termo "té herbal" refírese comunmente a infusións de froitas ou herbas que non inclúen a planta do té tales como o mate, a macela, a tila, o poexo entre outros.
A norma ISO 3103 é un estándar publicado pola ISO que presenta un método estandarizado para preparar o té. Esta norma foi producida no ano 1980 polo comité técnico ISO 34 (alimentos), subcomité 8 (té).
Índice
Etimoloxía[editar | editar a fonte]
O termo galego té (en portugués chá) procede do chinés, que ten varias pronuncias segundo o dialecto chinés usado. As dúas pronuncias exportadas foron "cha" e "te". Algunhas linguas tomaron a forma "te", como o español ou o inglés, e outras tomaron a forma "cha", como o portugués ou o xaponés.
Propiedades nutricionais do té negro[editar | editar a fonte]
- kJ = 4
- Glícidos = 0,3 g
- Azucres = 0 g
- Graxas = 0 g
- Graxas_omega3 = 3 mg
- Graxas_omega6 = 1 mg
- Proteínas = 0
- Auga = 99,7 g
- Cafeína = 20 mg
- Magnesio_mg = 1
- Manganeso_mg = 0.2
- Fósforo_mg = 1
- Potasio_mg = 21
- Fonte_usda = 1
Tipos de tés[editar | editar a fonte]
A planta do té provén principalmente da China continental, India, Sri Lanka, Taiwán, Xapón, Nepal, Australia e Kenya. Os catro tipos principais de té distínguense segundo o seu procesamento. Camellia sinensis é un arbusto que presenta follas que, se non se secan tras a colleita, comezan a se oxidar. Para previr este proceso de oxidación, quéntanse as follas co obxectivo de tirar a súa humidade.
Clases principais de té:
- Té branco: Follas novas (gromos novos do arbusto) que non se oxidaron; os gromos puideron protexerse do sol para evitar a formación de clorofila.
- Té verde: Sen oxidación.
- Té matcha: Té verde en po empregado na cerimonia do té xaponesa.
- Té oolong: Presenta un grao de oxidación media.
- Té negro: Oxidación substancial. Hai dous tipos de té negro, ambos con usos medicinais na China:
Outros tipos de té:
- Kukicha ou té de inverno: Follas vellas torradas no lume. É un alimento macrobiótico popular no Xapón.
- Té amarelo: Té de alta calidade servido na corte imperial, ou ben un té especial procesado de maneira similar ao té verde mais cun tempo de secado máis lento.
- Té de arroz: Té negro producido na provincia Arroz na costa oriental do mar Negro (en Turquía).
Produción[editar | editar a fonte]
O maior produtor mundial de Té é China cunha total aproximado de 1.640.000 millóns de toneladas sobre un total de 4.321.011, porén nos últimos anos a produción da India foi aumentando chegando a máis de 1.000.000 millóns no ano 2011.
Pos. | País | 2008 | 2009 | 2010 | 2011 |
---|---|---|---|---|---|
1 | ![]() |
1.274.984 | 1.375.780 | 1.467.467 | 1.640.310 |
2 | ![]() |
987.000 | 972.700 | 991.180 | 1.063.500 |
3 | ![]() |
345.800 | 314.100 | 399.000 | 377.912 |
4 | ![]() |
318.700 | 290.000 | 282.300 | 327.500 |
5 | ![]() |
198.046 | 198.601 | 235.000 | 221.600 |
6 | ![]() |
173.500 | 185.700 | 198.466 | 206.600 |
7 | ![]() |
165.717 | 165.717 | 165.717 | 162.517 |
8 | ![]() |
150.851 | 146.440 | 150.000 | 142.400 |
9 | ![]() |
80.142 | 71.715 | 88.574 | 96.572 |
10 | ![]() |
96.500 | 86.000 | 85.000 | 82.100 |
Total | Planeta | 4.211.397 | 4.242.280 | 4.518.060 | 4.321.011 |
Curiosidades[editar | editar a fonte]
- A primeira persoa en patentar unha bolsiña de té foi Thomas Lipton.
- O té xeado foi inventado na Feira Mundial de 1904 en Saint Louis por Richard Blechyden. Blechynden non conseguiu vender o té esperado debido á calor, razón pola que mesturou xeo con té.
- A bebida favorita do capitán Jean-Luc Picard de Star Trek é a mestura de té Earl Grey.
- Twinings, unha das empresas máis coñecidas de té, patrocina o "Premio Twinings de Historias de Té", onde se premian relatos curtos nos que se inclúe o té.
- O Motín do té no porto de Boston foi unha das sublevacións que provocaron o inicio da guerra de independencia dos Estados Unidos de América.
Galería de imaxes[editar | editar a fonte]
Planta de procesado de Té en Taiwan.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Laura C. Martin (15 de maio de 2007). Tea: The Drink that Changed the World. Tuttle Publishing. p. 8. Consultado o 31 de outubro de 2012.
- ↑ Alan Macfarlane; Iris Macfarlane (2004). The Empire of Tea. The Overlook Press. p. 32. ISBN 1-58567-493-1.
- ↑ Penelope Ody, (2000). Complete Guide to Medicinal Herbs. New York, NY: Dorling Kindersley Publishing. p. 48. ISBN 0-7894-6785-2.
- ↑ "The Role of Tea in Human Health: An Update". Arquivado dende o orixinal o 15-01-2012. Consultado o 04-03-2012.
- ↑ Shimizu M, Kubota M, Tanaka T, Moriwaki H (2012). "Nutraceutical approach for preventing obesity-related colorectal and liver carcinogenesis". International Journal of Molecular Sciences 13 (1): 579–95. PMC 3269707. PMID 22312273. doi:10.3390/ijms13010579. Consultado o 2012-03-12.
- ↑ G. Korte, A. Dreiseitel, P.Schreier, A. Oemhme, S. Locher, S. Geiger, J. Heilmann, P.G. Sand pdf (2010). "Tea catechins’affinity for human cannabinoid receptors". Phytomedicine 17 (1): 19–22. doi:10.1016/j.phymed.2009.10.001. Consultado o 2018-10-09.
- ↑ Tomata Y, Kakizaki M, Nakaya N; et al. (2012). "Green tea consumption and the risk of incident functional disability in elderly Japanese: the Ohsaki Cohort 2006 Study". The American Journal of Clinical Nutrition 95 (3): 732–9. PMC 3278248. PMID 22277550. doi:10.3945/ajcn.111.023200. Consultado o 2012-03-12.
- ↑ "Large-Scale, Long-Term Studies Support Roles of Physical Activity and Diet in Dementia and Cognitive Decline". Alzheimer's Association. 2010. Arquivado dende o orixinal o 30-09-2010. Consultado o 24-09-2010.
- ↑ "L-theanine, a natural constituent in tea, and its effect on mental state" (PDF). Consultado o 04-03-2012.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Té ![]() |
![]() |
A Galicitas posúe citas sobre: Té |
![]() |
Vexa a entrada do Galizionario acerca de Té |
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Camellia sinensis Classification from Toklai Tea Research Station, Jorhat, Assam.
- Antibacterial Activity of Green Tea Extracts against Streptococcus anginosus group: http://ci.nii.ac.jp/naid/10017425510/en/
- The effect of a component of tea (Camellia sinensis) on methicillin resistance in Staphylococcus: http://jac.oxfordjournals.org/cgi/content/abstract/42/2/211
- List of Chemicals in Camellia sinensis (Dr. Duke's Databases)
|
|