Saltar ao contido

The Fall of Gondolin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

The Fall of Gondolin
Título orixinalThe Fall of Gondolin
Autor/aJ. R. R. Tolkien
Ilustrador/aAlan Lee
CubertaAlan Lee
OrixeReino Unido
LinguaInglés
Tema(s)Fall of Gondolin
Xénero(s)Novela
Editorial HarperCollins
Data de pub. 30 de agosto de 2018
FormatoTapas duras
Páxinas304
ISBNISBN 978-0008302757
editar datos en Wikidata ]

The Fall of Gondolin é unha novela de fantasía épica e traxedia escrita por J. R. R. Tolkien. A historia formou a base dunha sección da obra O Silmarillion que foi publicada postumamente, con outra versión aparecendo tamén en The Book of Lost Tales. Como libro autónomo, a historia foi publicada coa narrativa completa en 2018.[1][2] The Fall of Gondolin é unha das tres historias ambientadas na Primeira Idade da Terra Media que foron publicadas como libros autónomos, sendo as outras dúas Beren and Lúthien e The Children of Húrin.

Gondolin era unha cidade secreta dos elfos na Primeira Idade da Terra Media. The Fall of Gondolin fala da fundación da cidade, da chegada alí de Tuor, un príncipe dos homes, da traizón da cidade polo sobriño do rei, Maeglin e posterior destrución da cidade a mans dos exércitos de Morgoth. Tamén conta a fuxida cara aos refuxios de Sirion, a voda de Tuor e Idril Celebrindal, así como a infancia do seu fillo, Eärendil.

Publicación como libro autónomo

[editar | editar a fonte]

O 30 de agosto de 2018,[1] publicouse a primeira versión como libro autónomo a través da editorial HarperCollins no Reino Unido[1] e Houghton Mifflin nos Estados Unidos.[1] Esta versión, ilustrada por Alan Lee, foi editada por Christopher Tolkien,[1] o fillo de J. R. R. Tolkien, quen tamén editou O Silmarillion, The Children of Húrin, e outras obras que se publicaron despois da morte do autor.[3]

O libro recompila material publicado anteriormente noutros lugares, a saber The Tale of The Fall of Gondolin e Isfin and Eöl, ambos publicados en The Book of Lost Tales, Part Two; Turlin and the Exiles of Gondolin publicado en The Shaping of Middle-earth; anacos de Sketch of the Mythology e Quenta Noldorinwa, ambos publicados en The Shaping of Middle-Earth e Of Tuor and The Fall of Gondolin publicado en Unfinished Tales, xunto con fragmentos do Silmarillion e outros lugares.

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Helen, Daniel (10 de abril de 2018). "The Fall of Gondolin to be published". Tolkien Society. Consultado o 18 de abril de 2018. 
  2. Helen, Daniel (30 de agosto de 2018). "The Fall of Gondolin published". Tolkien Society. Consultado o 30 de agosto de 2018. 
  3. "J.R.R. Tolkien's First Middle-Earth Story, The Fall of Gondolin, to Be Published". BBC. 11 de abril de 2018. Consultado o 13 de abril de 2018.