Saltar ao contido

Igrexa de Inglaterra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
 Igrexa de Inglaterra
Logotipo
Imaxe
 Parte de
Características
 Lingua usada
 Relixión
Implicados
 Fundador/a
 Presidente/a
Carlos III do Reino Unido 8 de setembro de 2022 Editar o valor en Wikidata
 Membro de
 Ten en propiedade
Datas
 Fundación / creación
1534 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Escindido de
Cifras e dimensións
Membros23000000 (2020) Editar o valor en Wikidata
Localización
 Localización
 Sede
 País
Códigos e identificadores
VIAF135203514 Editar o valor en Wikidata
ISNI0000000417594124 Editar o valor en Wikidata
Open LibraryOL2787943A Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/01spm Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Facebook: thechurchofengland Twitter: churchofengland Instagram: thechurchofengland Youtube: UCLecK8GovYoaYzIgyOElKZg TikTok: thechurchofengland BNE: XX174409 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

A Igrexa de Inglaterra é unha igrexa cristiá anglicana, que ten a condición de relixión de estado de Inglaterra e é igrexa nai da Comuñón Anglicana. A cabeza espiritual da Igrexa é o arcebispo de Canterbury que o é tamén da Comuñón Anglicana. O monarca británico ten o título constitucional de Gobernador Supremo da Igrexa de Inglaterra. O Sínodo Xeral é o corpo que goberna a Igrexa de Inglaterra, as súas medidas teñen que ser aprobadas polo Parlamento do Reino Unido antes de recibir o plácet real e converterse en parte da lei inglesa. Ademais de Inglaterra ten xurisdición sobre a Illa de Man, Illas da Canle, algunhas parroquias de Flintshire (Gales) e Xibraltar que como diocese cobre toda Europa e ten 200 lugares de culto. A Igrexa de Inglaterra considérase dentro da tradición reformada, xa que acepta moitos dos principios que levou á separación dos protestantes e en non recoñecer a autoridade do Papa, e tamén dentro da tradición católica (mais non católica romana) xa que se considera continuadora da tradición apostólica. Establece a Biblia como única fonte de fe, admite a súa libre interpretación e afirma o carácter subxectivo dos sacramentos.

A reforma relixiosa produciuse en Inglaterra polo interese da monarquía de subordinar os intereses eclesiásticos aos políticos sen a interferencia do papado. A ruptura produciuse en 1534 ao negarse o Papa a anular o matrimonio de Henrique VIII. María I de Inglaterra retornou á obediencia a Roma en 1555 e desencadeou unha violenta persecución contra os non católicos, a situación deu a volta no reinado de Isabel I de Inglaterra a partir de 1558.