Baixa Saxonia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Baixa Saxonia
Bandeira de Baixa Saxonia
Escudo de Baixa Saxonia
BandeiraEscudo
Deutschland Lage von Niedersachsen.svg
EstadoAlemaña Alemaña
CapitalHannover
 • Poboación518 088 (2008)
Lingua oficialAlemán1
Forma de gobernoEstado federado
Ministro-Presidente
David McAllister (CDU)
Fundado1946
SuperficiePosto 2º
 • Total47 624 km²
PoboaciónPosto 4º
 • Total7 977 000 hab.
 • Densidade167 hab./km²
Fuso horarioUTC+1
 • Horario de veránUTC+2
Dominio de Internet.de
Código ISODE-NI
1 O baixo saxón e o frisón están autorizados para uso oficial.
Páxina Web Oficial

A Baixa Saxonia[1][2] (en alemán Niedersachsen, en baixo saxón: Neddersassen, frisón oriental: Läichsaksen) é un dos dezaseis estados federados de Alemaña. O estado ten unha poboación preto dos oito millóns de habitantes nunha superficie de 47,618 km², sendo o segundo estado maior en terreo da Alemaña e o cuarto en poboación. A lingua maioritaria é o alemán, aínda que nalgunhas zonas rurais segue a empregarse o baixo saxón (Plattdeutsch).

A Baixa Saxonia está bañado no seu extremo setentrional polo Mar do Norte, facendo fronteira cos Estados de Schleswig-Holstein, Hamburgo, e Mecklemburgo-Antepomerania ao norte; Brandeburgo e Saxonia-Anhalt ao leste; Turinxia, Hessen e Renania do Norte-Westfalia ao sur; e cos Países Baixos ao oeste. En total, a Baixa Saxonia é o estado alemán que está rodeado por máis estados distintos. O Estado de Bremen forma dous enclaves dentro da Baixa Saxonia, un a Cidade de Bremen e outro a cidade portuaria de Bremerhaven. As principais cidades do estado son Hannover, Braunschweig, Lüneburg, Osnabrück, Oldenburg e Göttingen.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Anaír Rodríguez Rodríguez, Montserrat Davila Ventura. Lingua galega: dúbidas lingüísticas (PDF). Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo. p. 111. ISBN 84-8158-266-2. 
  2. Diciopedia do século 21. Galaxia. p. 1508. ISBN 9788482893600. 

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.