Saltar ao contido

Anticomunismo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Anticomunismo
Imaxe
 Instancia de
 Parte de
 Caracterizado por
 Parcialmente coincidente con
 En oposición a
Implicados
 Practicado por
Historia
21 de xaneiro de 1919First Red Scare (en) Traducir
25 de novembro de 1936Pacto Anticomintern
31 de marzo de 1946Guerra Civil Chinesa
16 de xuño de 1948Emergência Malaia (pt) Traducir
25 de xuño de 1950Guerra de Corea
1 de novembro de 1955Guerra do Vietnam
25 de novembro de 1975Operación Cóndor
25 de decembro de 1979Guerra de Afganistán
1989Revolucións de 1989
26 de decembro de 1991disolución da Unión Soviética Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Freebase/m/0148d Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Enciclopedia Galega Universal: 75716 BNE: XX529066
Wikidata C:Commons
Capa da banda deseñada propagandística "Is this tomorrow", editada en 1947 pola Catechetical Guild Educational Society.

O anticomunismo é a oposición ao comunismo. Historicamente, a palabra comunismo foi empregada para referirse a varios tipos de organización social e os seus partidarios, mais, dende mediados do século XIX, a corrente dominante do comunismo no mundo foi o marxismo. O comunismo marxista conseguiu moitos máis seguidores e opoñentes que todas as demais formas de comunismo xuntas. Así mesmo, o termo anticomunismo emprégase principalmente para referirse á oposición activa ao comunismo marxista.

O marxismo, e a forma de comunismo asociado a el, acadou a súa notoriedade no século XX. O anticomunismo organizado desenvolveuse como reacción á crecente popularidade do movemento comunista, e adoptou moitas formas ao longo do século XX. Os monárquicos conservadores europeos loitaron contra a primeira onda de revolucións comunistas dende 1917 a 1922. O fascismo e o nazismo baseáronse nunha forma violenta de anticomunismo; incitaban o medo á revolución comunista para obter poder político, e tentaron destruír o comunismo na segunda guerra mundial. Os nacionalistas loitaron contra os comunistas en numerosas guerras civís por todo o mundo. Tanto o conservadorismo como o liberalismo clásico conformaron gran parte das políticas exteriores anticomunistas das potencias occidentais, e dominaron o pensamento intelectual anticomunista na segunda metade do século XX.

Trala Revolución de Outubro en Rusia, o comunismo marxista quedou principalmente vencellado á Unión Soviética na imaxinación pública (aínda que había moitos marxistas e comunistas que non apoiaban á Unión Soviética e as súas políticas).[1] Como resultado, o anticomunismo e a oposición á Unión Soviética fixéronse practicamente indistinguibles, especialmente en política exterior. O anticomunismo foi un elemento importante na política exterior das Potencias do Eixo durante os anos 30 (Pacto Antikomintern) e dos Estados Unidos, o Reino Unido, o Xapón, Corea do Sur, Australia, o Canadá, Israel, e outros países capitalistas durante a guerra fría.

Anticomunismo democrático

[editar | editar a fonte]

Movementos liberais en contra de gobernos autoproclamados comunistas déronse en diversas partes do mundo na década dos anos 80 do século XX aproveitado as mudanzas producidas na URSS baixo o goberno de Mikhail Gorbachev, algúns deles en:

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]