Guerra total

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Un póster estadounidense deseñado durante a segunda guerra mundial. Tradución: «A comida é unha arma. Non a desperdicie! Compre con prudencia. Cociñe con coidado. Cómao todo».

A guerra total é un termo do século XX que describe a unha guerra na que os países ou as nacións mobilizan e forzan ata o límite todos seus recursos dispoñibles, xa sexan humanos, militares, industriais, agrícolas, naturais, tecnolóxicos, científicos, ou de calquera outro tipo, para destruír totalmente a capacidade doutro país ou nación de iniciar unha guerra. A práctica da guerra total utilizouse durante séculos, pero non foi ata mediados do século XIX que se recoñeceu que a guerra total era unha forma distinta de facer a guerra.

Desenvolvemento do concepto de guerra total[editar | editar a fonte]

O concepto de guerra total adóitase atribuír a Carl von Clausewitz, pero en realidade Clausewitz estaba interesado no concepto filosófico relacionado de guerra absoluta, unha guerra libre de calquera restrición política, algo que Clausewitz consideraba imposible. Os dous termos, guerra absoluta e guerra total, adoitan confundirse. Christopher Bassford, profesor de estratexia no National War College, describe a diferenza así:

«Tamén é importante ter en conta que o concepto de Clausewitz de guerra absoluta é bastante distinto do posterior concepto de "guerra total". A guerra total foi unha prescripción da forma de facer guerra tipificada polas ideas do xeneral Erich Ludendorff, que tomou o control do esforzo bélico alemán durante a primeira guerra mundial. Neste sentido, a guerra total supoñía a completa subordinación da política á guerra—unha idea que Clausewitz rexeitaba taxantemente—e a asunción de que a vitoria total ou a derrota total eran as únicas opcións. A guerra total non implicaba a suspensión dos efectos do tempo e o espazo, como o facía o concepto de guerra absoluta de Clausewitz».[1]

Goebbels convenceu a Hitler de chegar a eses extremos. En 1943, nun discurso no Palacio dos Deportes de Berlín, dixo:

Eu pregúntolles: Queren vostedes unha guerra total? E se fose necesario, quixesen unha guerra aínda máis total e radical que calquera cousa que poidamos imaxinar hoxe en día?».[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Christopher Bassford Clausewitz e os seus traballos Arquivado 24 de febreiro de 2008 en Wayback Machine.
  2. Beck, Earl R (1986). "Stalingrad and All-Out Warfire". Under the Bombs: The German Home Front, 1942-1945 (en inglés). Lexington: University Press of Kentucky. p. 39. ISBN 978-0-813-11567-2. OCLC 12809054. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]