Saltar ao contido

Oxford English Dictionary

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Oxford English Dictionary
 Título
Oxford English Dictionary
A New English Dictionary on Historical Principles Editar o valor en Wikidata
 Lingua
Autoría
Publicación
 Editorial
 Edicións
Localización
 Lugar de publicación
 País de orixe
Identificadores
VIAF179862099 Editar o valor en Wikidata
OCLC17648714 Editar o valor en Wikidata
Goodreads17981616 Editar o valor en Wikidata
Open LibraryOL18229428W Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/05nvw Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Redes
Twitter: OED Editar o valor en Wikidata
Wikidata

O Oxford English Dictionary (abreviado OED) é un dicionario publicado pola editorial Oxford University Press, considerado o máis erudito e completo dicionario da lingua inglesa, así como o principal punto de referencia para o seu estudo etimolóxico, así como a unha completa e definida explicación da súa sintaxe e a súa gramática.

Características

[editar | editar a fonte]

O 30 de novembro de 2005 incluía unhas 301 000 entradas principais, a través de 350 millóns de caracteres. Ademais das entradas principais, contén 157 000 combinacións e derivados en letra grosa, e 169 000 frases e combinacións en letra grosa cursiva, até un total de 616 500 expresións. Hai 137 000 pronuncias, 249 000 etimoloxías, 577 000 referencias cruzadas, e 2 412 400 citas ilustrativas. A intención da obra é recoller todos os usos e variantes coñecidos de cada palabra en todas as variedades do inglés de todo o mundo, pasadas e presentes, así como as súas etimoloxías, historia, pronuncia, etc. É o punto de partida de moitos estudos sobre a lingua inglesa, e a orde no que se listan alí as distintas grafías das palabras ten moita influencia sobre o inglés escrito de moitos países.

A realización de tal obra débese á tradición enciclopedista do século XIX, que conseguiu axuntar os esforzos de multitude de lectores baixo a coordinación de James Murray, o editor orixinal do dicionario.