Saltar ao contido

Quenya

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Quenya
Imaxe
 Instancia de
 Composto por
 Inspirado en
Implicados
 Creador/a
Propiedades
 Tipoloxía lingüística
 Caso gramatical
Códigos e identificadores
Freebase/m/0h18y Editar o valor en Wikidata
ISO 639-3qya Editar o valor en Wikidata
ISO 639-5qya Editar o valor en Wikidata
IETFqya Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons
Texto en quenya, escrito nos alfabetos tengwar e latino.

O quenya (pronunciado [ˈkʷɛn.ja]),[1] é unha das linguas ficticias inventadas por J. R. R. Tolkien e a usada polos elfos na súa saga literaria da Terra Media. Tolkien comezou a desenvolver a lingua dende 1910 e reestruturou a gramática varias veces até que o quenya alcanzou o seu estado final. O vocabulario permaneceu relativamente estable ó longo do proceso de creación. Ademais, o nome da lingua foi cambiado repetidamente por Tolkien, de elfin e qenya a quenya. A lingua finesa foi a principal fonte de inspiración, mais Tolkien tamén estaba familiarizado latín, co grego e coas linguas xermánicas antigas cando comezou a construír o quenya.

O corpus de textos que constitúen as fontes de coñecemento actual sobre o quenya inclúen o poema Namárië, coñecido como O lamento de Galadriel, o texto orixinal máis extenso nesta lingua, extraído da obra capital de Tolkien: O Señor dos Aneis.

Coñécese a existencia do quenya polo menos desde a primeira guerra mundial, cando Tolkien tiña pouco máis de vinte anos. A lingua foi desenvolvida ó longo da vida de Tolkien, acadando unha etapa que algúns estudosos cualifican como "madura" a partir de O Señor dos Aneis. Tolkien quixo dar unha aparencia de lingua clásica ó quenya, de xeito que intentou que tivese unha semellanza visual co latín, o que conseguiu en certo modo usando unha forma característica de transcribir o quenya ó noso alfabeto. Os dous inspiradores do quenya son pois, o latín, e o finés, sendo posible tamén algunha influencia do galés e do grego, como no caso do xenitivo plural -on e o nexo "nai" (que), posiblemente do grego "na". Todas estas influencias non foron directas de ningún modo, pois non xeraron vocabulario. Máis ben trátase dunha inspiración estética moi forte en Tolkien, - "fonoestética" segundo el mesmo.

Estrutura

[editar | editar a fonte]
  • Fonética: Ten 36 fonemas consonánticos, 1 semiconsonántico, 2 ditongais e 10 vocálicos, estes últimos dividíndose, sobre os mesmos timbres, en vogais curtas e longas.
  • Escrita: Tolkien desenvolveu a escrita Tengwar para a maioría das linguas da Terra Media, aínda que tamén empregou para algunhas un alfabeto rúnico, baseado no aspecto do anglosaxón. É un tipo de escrita considerada moi fermosa, e está descrita polo seu autor nos anexos d'O Señor dos Aneis.
  • Sistema nominal: Polo xeral, os substantivos en quenya carecen de xénero gramatical. No apartado do número gramatical, o quenya evidencia un singular e tres tipos de plural: o simple, o dual, e o partitivo. Ó igual que nas linguas clásicas, por exemplo o latín, en quenya existe o fenómeno da declinación nominal. Os casos dos dous modelos quenya de declinación nominal son: nominativo, acusativo, instrumental, xenitivo, alativo, locativo, ablativo, dativo e respectivo.
  • Sistema verbal: Existen tres modos verbais en quenya: indicativo, imperativo e subxuntivo. O primeiro evidencia os tempos de aoristo presente, futuro, pasado simple e pasado perfecto, sospeitándose igualmente outros tempos, sen quedar pechado definitivamente o catálogo dos mesmos. O imperativo e o subxuntivo constrúense de forma analítica. A parte do modo e o tempo, os verbos quenya contan cos accidentes de número e persoa. Outras características interesantes son a existencia de verbos compostos mediante preposicións, ou a construción de formas de frecuentativo por reduplicación do radical verbal.
  • Sintaxe: A orde non marcada en quenya é SVO (suxeito-verbo-obxecto) con bastante liberdade posicional debido ó uso de casos.
  • Exemplo de texto en quenya: O Noso Pai, traducido por Tolkien, publicado no número 43 da revista Vinyar Tengwar e en castelán pola revista Axxón:

Átaremma i ëa han ëa
na aire esselya
aranielya na tuluva
na care indómelya cemende tambe Erumande
ámen anta síra ilaurëa massamma
ar ámen apsene úcaremmar sív' emme apsenet tien i úcarer emmen.
Álame tulya úsahtienna mal áme etelehta ulcullo
násie.

Fonética

[editar | editar a fonte]

O quenya ten 10 vogais básicas, diferenciadas tanto como en lonxitude como en calidade. Estas vogais son:

  • a : [a]
  • á : [aː]
  • e : [ɛ]
  • é : [eː]
  • i : [i]
  • í : [iː]
  • o : [ɔ]
  • ó : [oː]
  • u : [u]
  • ú : [uː]

Consoantes

[editar | editar a fonte]

Pronúncianse como en galego, agás as seguintes:

  • h : [h] ó inicio da palabra ou entre vogais, [ç] tras e ou i, [x] nos demais casos
  • qu : [kʷ]
  • nw : [nʷ]
  • ng o ñ : [ŋ]
  • ngw : [ŋʷ]
  • hy : [ç]
  • hw : [ʍ]
  • ty : [c]
  • ly : [ʎ]
  • ny : [ɲ]

Acentuación

[editar | editar a fonte]

As palabras en negra son termos en quenya

A sílaba tónica non se marca de forma gráfica (o til indica o alongamento da vogal na transcrición en alfabeto latino), senón que obedece ás regras de prosodia:

  1. . As palabras bisilábicas adoitan ser graves, como: QUENdi (elfos), FIrë (Home mortal). O único exemplo contrario parece ser a forma imperativa avá.
  2. . As palabras de tres ou máis sílabas son esdrúxulas cando a penúltima sílaba é curta e graves se esta é longa, como: yo-ME-ni-ë (reunión), otorNASsë (irmandade), avaNÓtë (innumerable), enDÓrë (Terra media).

Considéranse longas as sílabas con:

  • vogais acentuadas
  • ditongos (que en quenya só son: ai, ei, oi, ui, au, eu, iu)
  • vogais curtas seguidas de dúas consoantes.

Cando unha palabra quenya termina en -a e a seguinte empeza por vogal, o -a pode desaparecer, e ambas palabras pronúncianse como unha. En caracteres latinos represéntase mediante un apóstrofo. Elen síla lumenn'omentielvo (Unha estrela brilla na hora do noso encontro; A Irmandade do Anel).

Gramática

[editar | editar a fonte]

O quenya é un idioma flexivo, o que significa que a función da palabra na frase ou caso gramatical está determinada por unha serie de afixos. As seguintes táboas amosan as inflexións.

Declinacións

[editar | editar a fonte]
Singularlassëciryameldoelennat
Nominativolassëciryameldoelennat
Acusativolassëciryameldoelennat
Xenitivolassëociryomeldoelenonato
Dativolassenciryanmeldonelenennaten
Instrumentallassenenciryanenmeldonenelennennatenen
Posesivolassévaciryavameldovaelenwanateva
Locativolassessëciryassëmeldossëelenessënatessë
Alativolassennaciryannameldonnaelenennanatenna
Ablativolassellociryallomeldolloelenellonatello
Respectivolassesciryasmeldoselenesnates
Duallassëciryameldoelennat
Nominativolassetciryatmelduelenetnatu
Acusativolassetciryatmelduelenetnatu
Xenitivolassetociryatomelduoelenetonatuo
Dativolassentciryantmeldunelenentnatun
Instrumentallassentenciryantenmeldunenelenentennatunen
Posesivolassetwaciryatwamelduvaelenetwanatuva
Locativolassetsëciryatsëmeldussëelenetsënatussë
Alativolassentaciryantameldunnaelenentanatunna
Ablativolasseltociryaltomeldulloeleneltonatullo
Respectivolassetesciryatesmelduselenetesnatus
Plurallassëciryameldoelennat
Nominativolassiciryarmeldoreleninati
Acusativolassiciryarmeldoreleninati
Xenitivolassionciryaronmeldoronelenionnation
Dativolassinciryainmeldoineleninnatin
Instrumentallassinenciryainenmeldoineneleninennatinen
Posesivolassivaciryaivameldoivaelenivanativa
Locativolassessenciryassenmeldossenelenissennatissen
Alativolassennarciryannarmeldonnareleninnarnatinnar
Ablativolassellonciryallonmeldollonelenillonnatillon
Respectivolassisciryaismeldoiselenisnatis
Plural partitivo lassëciryameldoelennat
Nominativolasseliciryalimeldolielenelinateli
Acusativolasseliciryalimeldolielenelinateli
Xenitivolasselionciryalionmeldolionelenelionnatelion
Dativolasselinciryalinmeldolinelenelinnatelin
Instrumentallasselínenciryalínenmeldolínenelenelínennatelínen
Posesivolasselívaciryalívameldolívaelenelívanatelíva
Locativolasselissëciryalissëmeldolissëelenelissënatelissë
Alativolasselinnaciryalinnameldolinnaelenelinnanatelinna
Ablativolasselillociryalillomeldolilloelenelillonatelillo
Respectivolasselisciryalismeldoliselenelisnatelis

Conxugacións

[editar | editar a fonte]

O quenya ten tres tipos de verbos, de acordo á súa terminación: en -a, en -u ou en consoantes, os así chamados "verbos primitivos"; tamén se poden distinguir cinco tempos (presente, aoristo, pasado, futuro e perfecto).
A conxugación fórmase por aglutinación, cunha orde de VSO; o suxeito pode ir implícito se xa está explicitado cun pronome separado ou se é expreso. O obxecto vai separado se o pronome tamén o está.

hautanyel (eu detéñote)= hauta (deter) + -nye (eu) + -l (te)

ou ben: Inye hauta le (eu detéñote a ti)

O Tempo Aoristo
Primitivos Verbos -A Verbos -U
Raíz hir- hauta- allu-
Significado encontrar deter lavar
Singular hirë hauta allo
Plural hirir hautar allur
O Tempo Presente con alongamento de vogal
Primitivos Verbos -A Verbos -U
Raíz hir- cava- palu-
Significado encontrar escavar estender
Singular híra cávëa pálua
Plural hírar cávëar páluar
O Tempo futuro
Primitivos Verbos -A Verbos -U
Raíz hir- hauta- allu-
Significado encontrar deter lavar
Singular hiruva hautuva allúva
Plural hiruvar hautuvar allúvar
  1. Tolkien escribiu en "Outline of Phonology" (en Parma Eldalamberon 19, p. 74) sobre a fonoloxía do quenya: ny é "un son como o de new en inglés". En quenya, ⟨ny⟩ é unha combinación de consoantes, ibídem., p. 81.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
Bibliografía adicional
  • Appleyard, Anthony (1992). "Quenya Grammar Re-Examined". Quettar 43, pp. 3–21.
  • Derzhanski, Ivan A (1997). "E man i yulma oi enquanta men?" Vinyar Tengwar 38, pp. 14–18.
  • Foster, Robert e Glen GoodKnight (1971). "Sindarin and Quenya Phonology". Mythcon I: Proceedings, 54–56. Os Ánxeles: Mythopoeic Society.
  • Gilson, Christopher e Carl F. Hostetter (1994). "The entu, ensi, enta Declension: A Preliminary Analysis". Vinyar Tengwar 36, pp. 7–29.
  • Gilson, Christopher e Patrick Wynne (1991). "The Elves at Koivienéni: A New Quenya Sentence". Mythlore 17(3), pp. 23–30.
  • Hostetter, Carl F (1992). ""Si man i-yulmar n(g)win enquatuva": A Newly-Discovered Tengwar Inscription". Vinyar Tengwar 21, pp. 6–10.
  • Hostetter, Carl F. (2006). "Qenyaqetsa: The Qenya Phonology and Lexicon". En Drout, Michael D. C. J. R. R. Tolkien Encyclopedia: Scholarship and Critical Assessment. New York: Routledge. pp. 551–52. ISBN 0-415-96942-5. 
  • Kloczko, Edward (1995). Dictionnaire des langues elfiques, volume 1 (Quenya-Français-Anglais/Quenya-French-English). Toulon: Tamise.
  • Rautala, Helena (1993). "Familiarity and Distance: Quenya's Relation to Finnish '". En Battarbee, K. J. Scholarship and Fantasy: Proceedings Of The Tolkien Phenomenon, May 1992, Turku, Finland. Turku: Universidade de Turku. pp. 21–31. ISBN 951-29-0087-4. 
  • Welden, Bill (2001). "Negation in Quenya". Vinyar Tengwar 42, pp. 32–34.
  • Wynne, Patrick H. e Christopher Gilson (1993). "Trees of Silver and of Gold: A Guide to the Koiveinéni Manuscript". Vinyar Tengwar 27, pp. 7–42.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]