Matrícula de honra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

A matrícula de honra é, nun sentido amplo, unha distinción especial que se lle engade á máxima cualificación[1]. Así mesmo, é un recoñecemento outorgado en España que premia o rendemento académico dos alumnos que obteñen a máxima cualificación nunha determinada disciplina académica ou materia. No aspecto universitario, leva a un desconto ou anulación das taxas de matrícula do curso seguinte correspondente ao crédito académico nos que se conseguiu esta mención.

Tipos en España[editar | editar a fonte]

Entre as matrículas de honra en España diferéncianse tres ámbitos: ESO, bacharelato e universidade.

En Bacharelato[editar | editar a fonte]

«Aqueles alumnos que despois da avaliación ordinaria de segundo de bacharelato obteñan nas cualificacións deste curso unha nota media igual ou superior a nove poderán obter a distinción de "Matrícula de Honra". Dita distinción concederase a un número non superior a un por cada vinte alumnos ou á fracción resultante superior a quince do conxunto do alumnado matriculado no centro educativo en segundo curso de Bacharelato.» Orde ECD/334/2012, do 15 de febreiro.[2]

En Bacharelato, prémiase con matrícula de honra ao mellor expediente de toda a promoción, recoñecendo o rendemento académico do alumno premiado e levando un desconto nas taxas da universidade do ano posterior. A lexislación establece que cada centro pode conceder unha matrícula de honra por cada vinte estudantes, se un centro, nunha promoción, tivese 100 alumnos serían 5 as matrículas de honra a "repartir".

En Bacharelato, a Matrícula de Honra é regulada pola Orde ECD/334/2012, do 15 de febreiro, coa que se modifica a Orde ESD/3725/2008, de 12 de decembro, sobre avaliación en Bacharelato no ámbito de xestión do Departamento e establécese a distinción «Matrícula de Honra» no segundo curso de bacharelato.[2]

Conseguir mencións de Matrícula de Honra ou outras altas cualificacións poderá supor, á finalización dos estudos, a obtención dos "Premios Extraordinarios" de titulación, o acceso ás "Bolsas de Excelencia Académica" do Goberno Autonómico e aos "Premios Nacionais de Excelencia" do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte Ministerio de Educación (previa solicitude da persoa interesada).

Os estudantes que acceden á universidade dende estudos de bacharelato terán gratuidade de taxas de matrícula o primeiro curso se obtiveron Matrícula de Honra global en 2º de Bacharelato ou se obtiveron "Premio Extraordinario de Bacharelato". Igualmente, terán dereito a exención de taxas de inscrición na proba de acceso (Selectividade). Esta gratuidade de matrícula non é incompatible coa obtención doutras axudas contempladas na convocatoria de bolsas do Ministerio de Educación.

Na universidade[editar | editar a fonte]

A matrícula de honra na universidade concédese en cada materia matriculada do grao, ao alumno que obteña unha cualificación igual ou superior a 9 e ademais mereza esa cualificación, recoñecendo o rendemento académico do alumno premiado e isto leva un desconto nas taxas da universidade do ano posterior igual ao número de créditos nos que se obtivo dita distinción. A lexislación establece que cada centro pode conceder unha matrícula de honra por cada vinte estudantes.

As matrículas de honra universitarias regúlaas cada comunidade autónoma e cada universidade. Por exemplo, na UNED está regulada pola Orde ECD/1097/2016, de 5 de xullo, pola que se fixan os prezos públicos polos servizos académicos universitarios na Universidade Nacional de Educación a Distancia para o curso 2016-2017.[3]

Os estudantes co mellor expediente de cada promoción serán recoñecidos co Premio Extraordinario de Fin de Carreira. Os centros (que poden ser as Facultades ou as Escolas Politécnicas) propoñen ao Consello da Universidade a concesión dos premios extraordinarios por cada titulación da universidade. A concesión dos premios extraordinarios realízase de oficio, non é necesaria a solicitude por parte do interesado.

A obtención do premio extraordinario notifícaselle por escrito ao alumno ou alumna, supón unha mención no Expediente e título do alumno e dá dereito á devolución das taxas pagas pola expedición do título.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no de honra Dicionario da Real Academia Galega e no de honra Portal das Palabras para Matrícula de honra.
  2. 2,0 2,1 "BOE.es - Documento BOE-A-2012-2723" (en castelán). Consultado o 9 de setembro do 2017. 
  3. "BOE.es - Documento BOE-A-2016-6559" (en castelán). Consultado o 9 de setembro do 2017. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]