Mitoloxía escocesa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

A mitoloxía escocesa refírese ós mitos e lendas de Escocia. Os mitos xurdiron para diversos fins ó longo da historia de Escocia, ás veces sendo elaboradas por xeracións sucesivas, e outras veces sendo totalmente substituídas por outras narracións explicativas.

Mitoloxía nacional[editar | editar a fonte]

Varias lendas sobre a orixe do pobo escocés foron creadas durante o período histórico, servindo a diferentes propósitos.

Unha das lendas da orixe dos escoceses, ou a lenda pseudo-histórica da fundación do pobo escocés, aparece na forma adaptada e en latín Life, de St. Cathróe de Metz. Relata como os habitantes de Grecia e Asia Menor navegaron os mares e chegaron a Cruachan Feli “a montaña de Irlanda”, probablemente Cruachan Éli (Croagh Patrick, Co. Mayo), un lugar ben coñecido na haxiografía hiberno-latina dende o Collectanea de Tírechán. Mentres deambulaban por Irlanda, de Clonmacnoise, Armagh e Kildare ata Cork, e finalmente a Bangor, estiveron continuamente en guerra cos Pictanei. Despois dalgún tempo, cruzaron o mar de Irlanda para invadir Caledonia, o norte da Britania romana, capturando Iona e as cidades de Rigmhonath e Bellathor no proceso. Os derradeiros lugares en ser tomados (Cinnrígmonaid e Cinnbelathoir) aparecen en Crónica dos reis de Alba. O territorio conquistado foi chamado Scotia e San Patricio converteu ás súas xentes ó cristianismo.[1]

Unha vez que os pictos adoptaron a cultura gaélica e as súas características propias foron esquecidas, os elementos folclóricos encheron os baleiros da historia. A súa "repentina desaparición" explicouse como debida a unha masacre ocorrida nun banquete dado por Kenneth MacAlpin (un motivo de folclore internacional) e despois atribuíronselles poderes como os das fadas, a elaboración da cervexa a partir de receitas segredas e que viven en cámaras subterráneas. No século XVIII, os pictos foron categorizados como unha raza "xermánica".

Ciclo do Ulster[editar | editar a fonte]

Debido ó movemento dos pobos do Ulster cara o oeste de Escocia estableceuse unha estreita relación lingüística e parte da mitoloxía gaélica foi importado a Escocia. O ciclo do Ulster, ambientado no comezo da era cristiana, consiste nun conxunto de historias heroicas cuxos protagonistas son Conchobar mac Nessa, rei do Ulster, e o heroe Cúchulainn. Eles eran os Ulaid, ou pobos do recuncho nordeste de Irlanda, e a acción principal das historias está ambientada na corte real de Emain Macha, preto da actual cidade de Armagh. Os Ulaid tiñan relacións coa Escocia gaélica, onde se di que Cúchulainn aprendeu a arte da guerra. O ciclo contén historias dos nacementos, mocidades e adestramentos, loitas, festíns e mortes dos heroes. Isto reflicte un sociedade guerreira na que a guerra consiste principalmente en combates individuais e a riqueza mídese polo gando. Estas historias están escritas na súa maioría en prosa. A peza central do ciclo do Ulster é o Táin Bó Cúailnge. Outros contos importantes son The Tragic Death of Aife's only Son ("a tráxica morte do único fillo de Aife"), Fled Bricrenn "A festa de Bricriu" e Togail Bruidne Dá Derga "A destrución do hostal de Da Derga". Este ciclo é, nalgúns aspectos, achegado ó ciclo mitolóxico do resto do mundo gaélico falante. As adaptación en gaélico escocés dos contos do ciclo do Ulster aparecen no Manuscrito de Glenmasan.

Finn e os Fianna[editar | editar a fonte]

As historias de Finn (en irlandés: Fionn) mac Cumhaill e a súa banda de soldados, os Fianna, semellan estar ambientadas na Escocia e Irlanda gaélicas. Difiren doutros ciclos mitolóxicos gaélicos pola forza das relacións coa comunidade gaélico falante en Escocia, e polos moitos textos existentes nese país. Difiren do ciclo do Ulster en que as historias están escritas sobre todo en verso e que están máis preto da tradición do romance que da tradición da épica. A fonte máis importante do ciclo feniano é o Acallam na Senórach (Coloquio dos homes vellos), que foi atopado en dous manuscritos do século XV, no Libro de Lismore e Laud 610, así como nun manuscrito do século XVII de Killiney, Condado de Dublín. O texto está datado, segundo as evidencias lingüísticas, no século XII. O texto recolle conversas entre os últimos superviventes dos Fianna e San Patricio e dura unhas 8.000 liñas. As datas tardías dos manuscritos poderían reflectir unha longa tradición oral nas historias dos Fenian, a mesma tradición que foi interpretada do gaélico ó inglés por James MacPherson nas historias de Ossian. Os Fianna da historia están divididos no Clann Baiscne, liderado por Fionnghall, e no Clann Morna, liderado polo seu inimigo Goll mac Morna. Goll matou ó pai de Fionnghall, Cumhal, nunha batalla e o rapaz Fionn foi criado en segredo. Cando era novo, mentres era adestrado na arte da poesía, queimou accidentalmente o dedo gordo mentres cociñaba o salmón do Coñecemento, o que lle permitiu que ó morder ou lamber o dedo puidese recibir ondas de sabedoría. Fíxose líder da súa banda e numerosas lendas sobre eles foron contadas. Dous dos máis grandes contos gaélicos, Tóraigheacht Dhiarmada agus Ghráinne (Na busca de Diarmuid e Grainne) e Oisin in Tir na nOg forman parte deste ciclo. A historia de Diarmuid e Grainne, que é un dos poucos contos fenianos en prosa, é probablemente a orixe da historia de Tristán e Isolda.

Mitos e lendas das Illas Hébridas[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Mitoloxía das Illas Hébridas.
"Boy on white horse" de Theodor Kittelsen.
  • Homes azuis das Minch (tamén coñecidos como Kelpies tormenta), ocupan o estreito de auga entre a illa de Lewis e o resto de Escocia, e son os que fan afogar ós mariñeiros e afundir as embarcacións.
  • Kelpies son habitantes dos lagos.
  • Seonaidh, un espírito da auga ó que lle ten que ser ofrecida ale.
  • Changelings - descendes enfermos de Faeris que son intercambiados en segredo por nenos humanos.

Folclore das Illas Shetland[editar | editar a fonte]

  • Os Wulvers son criaturas de natureza amable, semellantes en aparencia ós lobishomes. Dise deles que dan comida ás familias pobres.

Mitoloxía relixiosa[editar | editar a fonte]

O mito é, por veces, un aspecto de folclore, pero non é todo mito é folclore, nin todo o folclore é mitolóxico. As persoas que expresan interese na mitoloxía están moitas veces máis enfocados nos seres non humanos (por veces referidos como "sobrenaturais"). Houbo numerosos grupos de tales seres na cultura escocesa, algúns deles específicos de determinados grupos étnicos (gaélicos, noruegueses, xermánico etc), pero outros probablemente evolucionaron a partir das circunstancias únicas de Escocia.

Os Aos-sídhe, Sìdhichean, ou "Fadas" eran orixinalmente as divindades pre-cristiás da Escocia gaélica. O cristianismo comezou a súa brutal adquisición da mitoloxía máis orixinal, facendo que diminuíse o seu poder e presenza. Os literatos gaélicos medievais agrupáronos xuntos como os Tuatha Dé Danann, que comparten certas características con outros personaxes da literatura celta. Crenzas folclóricas sobre os Banshee tamén reflicten aspectos estes seres. Hai outros seres sobrenaturais cuxas características reflicten patróns folclóricos de todo o mundo. Os espíritos ancestrais e os xigantes axudan a formar a paisaxe e representan en si mesmos ás forzas da natureza.

Monstro do lago Ness[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Monstro do lago Ness.

O primeiro avistamento da Monstro do lago Ness produciuse no Río Ness no ano 565. O monxe irlandés San Columba estaba aloxado na terra dos pictos cos seus compañeiros cando axudou ós locais a enterrar un home no Río Ness. Eles explicáronlle que o home estaba nadando no río cando foi atacado por un "monstro da auga", que o golpeou e arrastrou cara o fondo. Eles tentaron rescate-lo nun barco, pero só foron quen de sacar o seu corpo xa sen vida. Escoitando iso, Columba sorprendeu os pictos enviando o seu seguidor Luigne moccu Min a cruzar a nado o río. O animal foi detrás del, pero Columba fixo o sinal da cruz e ordenou: "Vaite lonxe. Non fagas mal a este home. Volve inmediatamente". A besta detívose inmediatamente coma se fose "retido cara atrás con cordas" e fuxiu de terror. Os homes de Columba e os pictos pagáns louvaron a Deus polo milagre.

Lenda artúrica[editar | editar a fonte]

A materia de Bretaña foi transmitida en Escocia a través da fala celta en gaélico escocés en cancións como "Son Bronn Binn" e de contos cúmbrico como 'Y Goddodin. Na lenda do rei Artur, Mordred, fillo do Rei Artur, era de Orkney, e especúlase que Camelon en Stirlingshire podería ser o orixinal "Camelot". Hai unha tradición que di que Artur tiña un fillo escocés chamado Smervie More.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Dumville, "St Cathróe of Metz." 174-6; Reimann or Ousmann, De S. Cadroe abbate §§ II-V.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Reimann or Ousmann, De S. Cadroe abbate, ed. John Colgan, Acta Sanctorum Hiberniae, Vol. 1. pp. 494 ff; in part reprinted by W.F. Skene, Chronicles of the Picts, Chronicles of the Scots. pp. 106–116; ed. the Bollandists, Acta Sanctorum. 1865. March 1, 473-80 (incomplete); ed. and tr. A.O. Anderson, Early Sources of Scottish History, A.D. 500 to 1286. (from Colgan's edition, pp. 495–7). No full translation has appeared to this date.
  • Dumville, D.N. "St Cathróe of Metz and the hagiography of exoticism." In Studies in Irish Hagiography. Saints and scholars, ed. John Carey, Máire Herbert and Pádraig Ó Riain. Dublin, 2001. 172-88.
  • Lizanne Henderson and Edward J. Cowan, Scottish Fairy Belief: A History (Edinburgh, 2001; 2007)
  • Robert Chambers (1842) Popular Rhymes, Fireside Stories, & Amusements of Scotland.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]