Torre de Babel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gravado A confusión das linguas de Gustave Doré (1865).
Este artigo amosa escritos hebraicos. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros.
Este artigo amosa escritos cuneiformes. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros.

A Torre de Babel (en hebreo: מִגְדַּל בָּבֶל, Migddal Bāḇēl) é un mito etiolóxico da Xénese e do Tanakh (tamén chamada a Biblia hebrea ou o Antigo Testamento) que explica a orixe das diferentes linguas.[1] Segundo esta historia, a humanidade unida descendente dos superviventes do diluvio falaba unha soa lingua e migrou dende o leste até a terra de Shinar (en hebreo: שנער). Acordaron contruír unha cidade e unha torre para acadar o reino de Deus, no ceo. Vendo isto, Deus confundiu a súas falas para que non puideran entenderse entre eles e se esparexeran polo mundo.

A Torre de Babel foi asociada con coñecidas estruturas segundo estudosos modernos, como a construción de Etemenanki, un cigurat adicado ó deus mesopotámico Marduk, construído durante o reinado de Nabopolasar, rei de Babilonia (c. -610).[2][3] O Gran Cigurat de Babilonia tiña unha altura 91m. Alexandre o Grande ordenou a súa demolición circa de -331 para unha reconstrución que a súa morte impediu.[4][5] Unha historia sumeria con algúns elementos comúns aparece en Enmerkar e o Señor de Aratta.[6]

Historia[editar | editar a fonte]

Representación medieval alemá da construción da torre (c. 1370).

A historia da cidade de Babel aparece na Xénese 11:1–9. Todos os habitantes da Terra falaban a mesma lingua. Despois de migrar dende o leste, a xente asentouse na terra de Shinar. Axiña comezaron a facer ladrillos e construír unha cidade e unha torre para chegar até o ceo, para honra de si mesmos e para non dispersarse polo mundo. Deus ollou cara a cidade e a torre, e comprobou que como un pobo cunha soa lingua, nada do se propuñeran era imposible. Por iso, Deus baixou dos ceos e confundiu ós homes na súa fala, para que non puideran entenderse entre eles, e tiveran que deter a construción da cidade e da torre. Así, a cidade chamouse Babel.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

A frase "Torre de Babel" non aparece na Biblia; senón "a cidade e a súa torre" (en hebreo: אֶת-הָעִיר וְאֶת-הַמִּגְדָּל) ou só "a cidade" (en hebreo: הָעִיר). "Babel" significa "Porta de Deus", do acadio bab-ilu (𒁀𒀊 𒅋𒌋), de bab "porta" + ilu "Deus")."[7] Segund a Biblia, a cidade recibía o nome "Babel" da palabra hebrea balal, que significa "desordenar".[8]

Miniatura da Biblia Morgan, c. 1240, A construción da Torre de Babel.
Torre de Babel no Corpus de Pontecesures.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Metzger, Bruce Manning; Coogan, Michael D (2004). Oxford University Press, ed. The Oxford Guide To People And Places Of The Bible. p. 28. ISBN 978-0-19-517610-0. Consultado o 22 de decembro de 2012. 
  2. Harris, Stephen L. (2002). McGraw-Hill, ed. Understanding the Bible. pp. 50–51. ISBN 9780767429160. 
  3. Streck, Michael P. (2006). "Die Stadt, an deren Freuden man nicht satt wird". Damals (en alemán). Special volume. pp. 11–28. 
  4. Diodoro Sículo, 2.9.9; Estrabón, Xeografía, 16.1.5.
  5. R.J. van der Spek, "Darius III, Alexander the Great and Babylonian scholarship" in: Achaemenid History XIII (Leiden 2003), 289–346.
  6. Kramer, Samuel Noah (1968). "The "Babel of Tongues": A Sumerian Version". Journal of the American Oriental Society 88 (1). pp. 108–111. 
  7. Etymonline.com (ed.). "Online Etymology Dictionary". Consultado o 7 de novembro de 2013. 
  8. Libro da Xénese, 11:9

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Torre de Babel Modificar a ligazón no Wikidata

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Pr. Diego Duran, Historia Antiqua de la Nueva Espana (Madrid, 1585)
  • Ixtilxochitl, Don Ferdinand d'Alva, Historia Chichimeca, 1658
  • Lord Kingsborough, Antiquities of Mexico, vol. 9
  • H.H. Bancroft, Native Races of the Pacific States (New York, 1874)
  • Klaus Seybold, "Der Turmbau zu Babel: Zur Entstehung von Genesis XI 1–9," Vetus Testamentum (1976).
  • Samuel Noah Kramer, The "Babel of Tongues": A Sumerian Version, Journal of the American Oriental Society (1968).
  • Kyle Dugdale: Babel's Present. Ed. by Reto Geiser and Tilo Richter, Standpunkte, Basel 2016, ISBN 978-3-9523540-8-7 (Standpunkte Dokumente No. 5).

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]