Volapük

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Volapük
Creado por: Johann Martin Schleyer 18791880
Total de falantes: 20 (2000)[1]
Categoria (propósito):
Categoria (fontes): Inglés, alemán e francés
Escrita: Alfabeto latino
Regulado por: Kadäm Volapüka
Códigos de lingua
ISO 639-1: vo
ISO 639-2: vol
ISO 639-3: vol

O volapük é unha lingua auxiliar artificial, creada en 1879–1880 por Johann Martin Schleyer, un sacerdote católico de Baden, Alemaña. Schleyer cría que Deus lle dixera nun soño de crear unha lingua internacional. Nos anos seguintes, celebráronse conferencias de volapük en Friedrichshafen (1884), Múnic (1887) e París (1889). Nas dúas primeiras conferencias usouse o alemán, e na terceira só o volapük. En 1889, había 283 clubs, 25 xornais en volapük ou sobre a lingua, e 316 libros de texto en 25 linguas;[2] e nesa época dicíase que a lingua tiña un millón de falantes.[3] A finais do século XIX e comezos do XX, o volapük foi substituído polo Esperanto e o Ido.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Pük, Memory: Why I Learned a Universal Language No One Speaks" by Paul LaFarge. The Village Voice, agosto de 2000.
  2. Handbook of Volapük, Charles E. Sprague (1888)
  3. A History of the English Language, 5th ed. Albert C. Baugh and Thomas Cable. Ch. I English Present and Future; Prentice Hall, Upper Saddle River (2002)
  4. The Loom of Language F. Bodmer and L. Hogben (eds.) Ch. XI Pioneers of Language Planning; Allen & Unwin Ltd, London (1944)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]