Febre das trincheiras

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Febre das trincheiras
Clasificación e recursos externos
ICD-10A79.0
ICD-9083.1
DiseasesDB29814
Aviso médico.
Aviso médico.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

A febre das trincheiras ou febre quintana[1] é unha doenza infecciosa bacteriana moderadamente grave transmitida polo piollo do corpo (Pediculus humanus humanus). A enfermidade é causada pola bacteria Bartonella quintana (antes chamada Rickettsia quintana e Rochalimea quintana), que se encontra na parede estomacal do piollo do corpo [2] (os piollos da cabeza non a transmiten). Outros nomes da febre das trincheiras son febre de Wolhynia, febre da tibia, febre do Mosa, enfermidade de His, enfermidade de His–Werner (polos médicos Wilhelm His, Jr. e Heinrich Werner) e febre quintana urbana.

Houbo unha epidemia desta doenza nas frontes bélicas da primeira guerra mundial, nas que se combatía en trincheiras. Infectou os exércitos en Flandres, Francia, Polonia, Galitzia, Italia, Salónica, Macedonia, Mesopotamia, Exipto,[2][3] Alemaña e Rusia [2] (tres afectados famosos foron os escritores J. R. R. Tolkien,[4] A. A. Milne,[5] e C. S. Lewis[6]). A epidemia chegou a ter grande importancia, xa que de 1915 a 1918 entre un quinto e un terzo de todas as tropas británicas declaradas enfermas tiveron a febre das trincheiras, mentres que nos exércitos alemán e austríaco aproximadamente un quinto de todos os soldados enfermos o estaban por esta febre.[3] A doenza persistiu despois ata a época actual entre persoas sen fogar.[7] Documentáronse gromos, por exemplo, en Seattle[8] e Baltimore nos Estados Unidos entre drogadictos por vía intravenosa[9] e en Marsella, Francia,[8] e Burundi.[10]

Patoloxía e transmisión[editar | editar a fonte]

Bartonella quintana é transmitida por contaminación dunha abrasión da pel ou unha picadura de piollo con feces dun piollo do corpo (Pediculus humanus humanus). Tamén hai informes de que unha picadura dun piollo infectado pode transmitir directamente a infección.[2][11]

Síntomas[editar | editar a fonte]

A doenza é clasicamente unha febre que se presenta cada cinco días recorrente, que raramente ten un curso continuo. O período de incubación é relativamente longo, dunhas dúas semanas. O inicio dos síntomas é xeralmente repentino, con febre alta, dor de cabeza grave, dor ao mover os ollos, mialxia nos músculos das pernas e costas, e frecuentemente hiperestesia na zona das tibias (aumento da sensibilidade). A febre inicial vai xeralmente seguida en poucos días por un aumento curto e único, pero pode haber moitos episodios recorrentes entre períodos sen febre.[11] O síntoma máis constante é dor nas pernas.[2] A recuperación leva un mes ou máis. Os casos mortais son raros, pero nuns poucos casos "a febre persistente podería levar a un fallo cardíaco".[4][11] As secuelas poden ser neurastenia, trastornos cardíacos e mialxia.[11]

Diagnóstico[editar | editar a fonte]

Para obter un diagnóstico médico definitivo utilízanse probas serolóxicas, concretamente a proba de Weil-Felix. A maioría das probas serolóxicas só teñen éxito despois dun certo período de tempo despois do inicio dos síntomas (xeralmente unha semana). A lista do diagnóstico diferencial con outras doenzas parecidas inclúe o tifo, ehrlichiose, leptospirose, enfermidade de Lyme e exantemas causados por virus (sarampelo ou rubéola).

Tratamento[editar | editar a fonte]

Os antibióticos que normalmente se usan son os do grupo das tetraciclinas (doxiciclina, tetraciclina). O cloranfenicol é unha alternativa que se recomenda en circunstancias que fan que o uso de derivados da tetraciclina non sexa recomendable, como as disfuncións hepáticas graves, deficiencias renais, ou en nenos de menos de nove anos e en mulleres preñadas. O fármaco debe administrarse durante de sete a dez días.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Rapini, Ronald P.; Bolognia, Jean L.; Jorizzo, Joseph L. (2007). Dermatology: 2-Volume Set. St. Louis: Mosby. p. 1095. ISBN 1-4160-2999-0. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Francis Timoney, William Arthur Hagan (1973). Hagan and Bruner's Microbiology and Infectious Diseases of Domestic Animals. Cornell University Press. 
  3. 3,0 3,1 Justina Hamilton Hill (1942). Silent Enemies: The Story of the Diseases of War and Their Control. G. P. Putnam's Sons. 
  4. 4,0 4,1 John Garth (2003). Tolkien and the Great War: The Threshold of Middle-earth. HarperCollins Publishers. 
  5. Humphrey Carpenter; Mari Prichard (1984). The Oxford companion to children's literature. Oxford University Press. p. 351. ISBN 9780192115829. 
  6. CS Lewis (1955). Surprised By Joy. Harcourt. 
  7. Milonakis, Eleftherios, and Michael A. Forgione. "Trench Fever". EMedicine. 26 de xuño de 2006. 11 de xuño de 2007 <http://www.emedicine.com/med/topic2303.htm>.
  8. 8,0 8,1 Ohl, M. E.; Spach, D. H. (1 de xullo de 2000). "Bartonella quintana and Urban Trench Fever". Clinical Infectious Diseases 31 (1): 131–135. PMID 10913410. doi:10.1086/313890. 
  9. Comer, James A. (25 de novembro de 1996). "Antibodies to Bartonella Species in Inner-city Intravenous Drug Users in Baltimore, Md". Archives of Internal Medicine 156 (21): 2491. doi:10.1001/archinte.1996.00440200111014. 
  10. Raoult, D; Ndihokubwayo, JB; Tissot-Dupont, H; Roux, V; Faugere, B; Abegbinni, R; Birtles, RJ. "Outbreak of epidemic typhus associated with trench fever in Burundi". The Lancet 352 (9125): 353–358. doi:10.1016/S0140-6736(97)12433-3. 
  11. 11,0 11,1 11,2 11,3 Edward Rhodes Stitt (1922). The Diagnostics and treatment of tropical diseases. P. Blakiston's Son & Co.