Noz (froito da nogueira)
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Noz.
A noz é o froito da nogueira común. Froito seco con alto valor nutritivo, é rico en proteínas, vitaminas do grupo B, oligoelementos, aceites, lecitina e ácidos graxos omega 3 (poliinsaturados). Atribúeselle a capacidade de reducir o colesterol.
Consómese fresco ou cociñado, así como en sobremesas, pódese almacenar durante meses despois de quitarlle a pela exterior e telas un tempo secando ao sol para que non collan mofo.
Tamén recibe os nomes galegos dialectais de concho, coucho, croucho, cuncho, noza, noga, corolo, carolo, carola ou carrola.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Atlas Lingüístico Galego. Volume VI: Léxico. Terra, plantas e árbores. Fundación Barrié / Servizo de Publicacións da Universidade de Santiago de Compostela. 2016. ISBN 978-84-16533-12-1.
Este artigo sobre botánica é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |