Fantasía épica
A alta fantasía, tamén coñecida como fantasía épica, é un subxénero da fantasía[1] definida pola natureza épica da contorna na que se desenvolve polo status épico das personaxes, tema ou argumento. O termo inglés "high fantasy" acuñouno Lloyd Alexander no seu ensaio de 1971 titulado "High Fantasy and Heroic Romance", orixinalmente presentado en outubro de 1969 na New England Round Table of Children's Librarians ("mesa redonda de bibliotecarios infantís de Nova Inglaterra").[2]
Características
[editar | editar a fonte]A alta fantasía desenvólvese nun mundo alternativo e ficticio ("Secundario"), e non no mundo "real" ou "Primario"[2]. Este mundo secundario adoita ser consistente internamente, mais as normas polas que se rexe difiren das do mundo primario. Pola contra, a baixa fantasía caracterízase por ter lugar na Terra, o mundo primario ou real ou un mundo ficticio que sexa racional e familiar e inclúa elementos máxicos.[3][4][5][6]
Os romances de William Morris, como The Well at the World's End, que teñen lugar nun mundo medieval imaxinario, considéranse ás veces os primeiros exemplos de alta fantasía. [7] As obras de J. R. R. Tolkien –especialmente O Señor dos Aneis– recoñécense coma os arquetipos de alta fantasía.[7] The Crhonicles of Thomas Covenant de Stephen R. Donaldson é outro exemplo dunha saga de alta fantasía.[8]
Moitas historias de alta fantasía son contadas dende o punto de vista dun heroe. Normalmente, a meirande parte da trama ten lugar en torno á súa herdanza ou natureza misteriosa á vez que un problema que ameaza o seu mundo. En moitas novelas o heroe é un orfo ou irmán especial e adoita estar representado como alguén cun talento extraordinario para a maxia ou o combate. Comeza a historia sendo novo, se non sendo un neno, ou preséntanse sendo débiles ou inútiles.[9]
En moitos casos, o heroe comeza como unha figura infantil que madura rapidamente e experimenta unha mellora considerable nas súas habilidades para a loita e resolución de problemas a medida que avanza.[10]
A medida que a historia avanza, o personaxe descubrirá a natureza das forzas descoñecidas que están na súa contra, forzas que son poderosas e malévolas. Os viláns neste tipo de historias son completamente malvados e fríos.[11]
O concepto de "alta fantasía" normalmente abrangue un número de diferentes tipos de fantasía entre os cales se inclúe a fantasía heroica, fantasía épica, fantasía mítica, fantasía escura e wuxia.[12] Normalmente non se considera dentro desta categoría o xénero de espada e feitizaría.[13]
Tradicionalmente, considérase que a alta fantasía evoca unha sensación de abraio.[14]
Temas
[editar | editar a fonte]A alta fantasía definiuse moitas veces polos seus temas e mensaxes.[15] O ben contra o mal é un dos temas máis comúns na alta fantasía e definir as características do mal adoita ser un tema de alta importancia nas obras de alta fantasía,[16] como é n'O Señor dos Aneis. A importancia do concepto do ben contra o mal considérase a principal diferenza entre alta fantasía e a espada e feitizaría.[13] En moitas obras de alta fantasía este conflito apunta a unha preocupación por asuntos morais; noutras obras, este conflito é unha loita polo poder atopando, por exemplo, magos comportándose de xeito irresponsable, independentemente de seren "bos" ou "malos".[17]
Escenarios de xogos
[editar | editar a fonte]Xogos de rol como Dungeons & Dragons que inclúen escenarios de campaña como Dragonlance[18] de Tracy Hickman e Margaret Weis e Forgotten Realms de Ed Greenwood[19] son a base para moitos libros de fantasía, e moitos autores continúan aportando as súas contribucións a estes escenarios.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Defining the Genre: High Fantasy". fandomania. Consultado o 30/03/2022.
- ↑ 2,0 2,1 Stableford, Brian (2005). The A to Z of Fantasy Literature. Scarecrow Press: Plymouth. ISBN 0-8108-6829-6.
- ↑ Buss, Kathleen (2000). Reading and writing literary genres. Newark, Del.: International Reading Association. ISBN 978-0-87207-257-2. OCLC 42892250.
- ↑ Perry, Phyllis J. (2003). Teaching fantasy novels : from the Hobbit to Harry Potter and the goblet of fire. Portsmouth, NH: Teacher Ideas Press. ISBN 978-0-313-07975-7. OCLC 659563289.
- ↑ Gamble, Nikki (2008). Exploring children's literature (2nd ed ed.). Los Angeles: SAGE. ISBN 978-1-4129-3013-0. OCLC 71285210.
- ↑ C. W. Sullivan aporta unha definición máis complexa en "High Fantasy", capítulo 24 da International Companion Encyclopedia of Children's Literature de Peter Hunt e Sheila G. Bannister Ray (Routledge, 1996 e 2004).
- ↑ 7,0 7,1 Gardner, Dozois (1997). "Preface". Modern Classics of Fantasy. St. Martin's Press. ISBN 031215173X.
- ↑ Gunn, James E. (2013). Paratexts: Introductions to science fiction and fantasy. Lanham: The Scarecrow Press. ISBN 9780810891227.
- ↑ Moorcock, Michael (2004). Wizardry & wild romance : a study of epic fantasy ([Rev. and expanded ed.] ed.). Austin, TX: MonkeyBrain. ISBN 978-1-932265-07-1. OCLC 57552226.
- ↑ "Unlikely Heroes and their role in Fantasy Literature". victorianweb.org. Consultado o 2022-03-30.
- ↑ McKillip, Patricia A. (2002). "Writing High Fantasy". En Philip Martin (ed.). The writer's guide to fantasy literature: from dragon's lair to hero's quest: how to write fantasy stories of lasting value. Waukesha, WI: Writer Books. ISBN 978-0-87116-195-6. OCLC 49379142.
- ↑ Crawford, Jeremy; Perkins, Christopher; Wyatt, James (eds.) (2014). Dungeon Master's Guide (5ª ed.). Washington: Wizards of the Coast. ISBN 978-0-7869-6562-5. OCLC 884396716.
- ↑ 13,0 13,1 McCullough, Joseph A. "The Demarcation of Sword and Sorcery". blackgate.com (en inglés). Consultado o 2022-03-30.
- ↑ Farland, David (2019). Writing wonder. Coppel, TX. ISBN 978-1-0822-2608-3. OCLC 1241255928.
- ↑ Baur, Wolfgang (2012). "How Real is Your World? On History and Setting". En Silverstein, Janna. Kobold Guide to Worldbuilding. Kobold Press.
- ↑ Shippey, Tom. J. R. R. Tolkien: Author of the Century. ISBN 0-618-25759-4.
- ↑ Le Guin, Ursula K. (2004). "The Question I Get Asked Most". The Wave in the Mind. ISBN 1-59030-006-8.
- ↑ "Dragonlance homepage". web.archive.org. Arquivo do 2006-03-04. Archived from the original on 04 de marzo de 2006. Consultado o 2022-03-31.
- ↑ Snow, Cason (2008-04-18). "Dragons in the stacks: an introduction to role‐playing games and their value to libraries". Collection Building (en inglés) 27 (2): 63–70. ISSN 0160-4953. doi:10.1108/01604950810870218.