Beren and Lúthien
| Beren and Lúthien | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
|
Instancia de
| |||||||
|
Xénero
| |||||||
|
Lingua
| |||||||
|
Composto por
| |||||||
| Autoría | |||||||
|
Autor/a
| |||||||
|
Ilustrador/a
| |||||||
| Temática | |||||||
|
Tema principal
| |||||||
|
Ambientado en
| |||||||
|
Universo ficticio
| |||||||
|
Personaxes
| |||||||
| Publicación | |||||||
|
Editorial
| |||||||
| Datas | |||||||
| |||||||
| Cronoloxía | |||||||
| |||||||
| Dimensión | |||||||
| |||||||
| Localización | |||||||
| |||||||
| Identificadores | |||||||
| |||||||
| Wikidata | |||||||
O conto de "Beren e Lúthien", presente en varias obras de J. R. R. Tolkien, é a historia do amor e aventuras do home mortal Beren e a inmortal dama elfa Lúthien. Tolkien escribiu varias versións da historia, a última recollida no Silmarillion, e o conto tamén é mencionado no Señor dos Aneis. A historia ten lugar durante a Primeira Idade da Terra Media, uns 6 500 anos[1] antes dos eventos do Señor dos Aneis.
Beren, fillo de Barahir, cortou un silmaril da coroa de Morgoth como dote para Lúthien, filla do rei elfo Thingol e Melian a maia. Foi asasinado por Carcharoth, o lobo de Angband, mais Beren foi o único dos homes mortais que regresou de entre os mortos. Viviu entón con Lúthien en Tol Galen, Ossiriand, e loitou contra os ananos en Sarn Athrad. Era o bisavó de Elrond e Elros, e polo tanto, devanceiro dos reis numenorianos. Despois do cumprimento da busca do silmaril e da morte de Beren, Lúthien escolleu ser mortal e compartir o destino de Beren.[T 1]
Tolkien baseou varias ideas do conto a partir do seu amor pola súa esposa (Edith) e despois da súa morte gravou "Lúthien" na súa lápida e máis tarde "Beren" foi gravado na súa propia.
Libro autónomo
[editar | editar a fonte]A historia foi publicada postumamente en 2017 como un libro autónomo editado por Christopher Tolkien baixo o título Beren and Lúthien.[2][3][4][5] A historia é unha das tres contidas no Silmarillion que Tolkien cría xustificadas para teren as súas propias narrativas de longa duración, sendo as outras dúas The Children of Húrin e The Fall of Gondolin. O libro está ilustrado por Alan Lee e editado por Christopher Tolkien, e presenta diferentes versións da historia, mostrando o desenvolvemento do conto ao longo do tempo.
Notas
[editar | editar a fonte]Referencias primarias
[editar | editar a fonte]- ↑ J. R. R. Tolkien (Christopher Tolkien, ed.), The Silmarillion, Harper Collins, Londres, 1999.
Referencias secundarias
[editar | editar a fonte]- ↑ "The Encyclopedia of Arda". Arquivado dende o orixinal o 2006-06-25. Consultado o 26 de xaneiro de 2018.
- ↑ "JRR Tolkien book Beren and Lúthien published after 100 years". BBC News (Oxford). 1 de xuño de 2017.
- ↑ Flood, Alison (19 de outubro de 2016). "JRR Tolkien's Middle-earth love story to be published next year". The Guardian.
- ↑ Helen, Daniel (17 de febreiro de 2017). "Beren and Lúthien publication delayed".
- ↑ "Beren and Lúthien on the Official Tolkien Online Book Shop". Arquivado dende o orixinal o 10 de marzo de 2017. Consultado o 27 de decembro de 2016.
| A Galipedia ten un portal sobre: Terra Media |

