Saltar ao contido

Pobos indíxenas de América

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pobos indíxenas de América
Muller inuit, do pobo inupiaq
Diane Douglas-Willard, do pobo haida
Susie Elkhair, do pobo lenape
Nenos do pobo q'eqchi'
Muller do pobo maia
Nenos do pobo selk'nam
Muller do pobo terena
Nena do pobo quechua
Poboación
Poboación total:
Arredor de 69 millóns
Rexións principais:
México25,7 millóns[1]
Perú14,6 millóns[2]
Bolivia6,8 millóns[3]
Guatemala6 millóns[4]
Estados Unidos de América Estados Unidos3 - 5 millóns[5]
Ecuador3,4 millóns
Canadá2,13 millóns[6]
Chile2 millóns[7]
Colombia1,4 millóns[8]
Arxentina955 000[9]
Brasil818 000[10]
Panamá450 000[11]
Nicaragua443 847[12]
Paraguai95 235[13]
O Salvador~70 000[14]
Costa Rica~60 000–144 000[15]
Güiana~60 000[16]
Groenlandia Groenlandia~51 000[17]
Belize~40 000[18]
Güiana Francesa~19 000[19]
Suriname~12 00–24 000
Dominica3 000
San Vicente e as Granadinas2 000[20]
Aspectos culturais
LinguaLinguas indíxenas, inglés, español, portugués, francés, neerlandés
RelixiónRelixión inuit
Relixións nativas americanas
Cristianismo

Os pobos indíxenas de América, tamén chamados amerindios, indios ou nativos americanos son os nomes dados ós habitantes das Américas antes da chegada dos europeos, e os seus descendentes actuais. A hipótese máis aceptada para a súa orixe é que os primeiros habitantes da América viñeran de Asia atravesando a pé o estreito de Bering.

Malia que algúns pobos indíxenas de América eran tradicionalmente cazadores recolectores, especialmente na bacía do río Amazonas, aínda quedan moitos grupos que practican a acuicultura e a agricultura. O impacto da súa dotación agrícola no resto mundo é unha testemuña do seu traballo na remodelación e no cultivo da flora autóctona das Américas.[21] Malia que algunhas sociedades teñen unha forte dependencia da agricultura, outras practicaron unha mestura de agricultura, caza e recolección. Nalgunhas rexións, os pobos indíxenas crearon arquitecturas monumentais, cidades organizadas a grande escala, sociedades de xefatura, estados e imperios.

Moitas partes de América seguen habitadas por pobos indíxenas e algúns países contan con poboacións especialmente significativas, como Belize, Bolivia, o Canadá, Chile, Ecuador, Groenlandia, Guatemala, Güiana, México, Panamá e o Perú. Existen arredor de mil linguas indíxenas diferentes faladas en América. Algunhas, como o quechua, o aimará, o guaraní, as linguas maias e o náhuatl contan os seus falantes en millóns. Moitos pobos manteñen prácticas e trazos culturais indíxenas en diferentes graos, incluíndo a relixión, a organización social e as prácticas de subsistencia. Como moitas culturas, algunhas evolucionaron para incorporar aspectos tradicionais pero tamén atenden ás necesidades modernas. Algúns pobos indíxenas aínda viven relativamente illados da cultura occidental e uns poucos son pobos non contactados. Algúns pobos, como os da cultura chichimeca en Mesoamérica, disolvéronse e mesturáronse desde o século XVI de tal xeito que hoxe non podemos falar de pobos chichimecas no presente.

Terminoloxía

[editar | editar a fonte]

O termo “indio” provén do feito de que Cristovo Colón, cando chegou á América, estaba convencido de que chegara á India e desa maneira chamou os pobos indíxenas que alí atopou. Por esa razón tamén, aínda hoxe se refire ás illas do mar Caribe como Indias Occidentais.

Máis tarde, estes pobos consideráronse unha raza distinta e tamén se lles deu o nome de peles vermellas. Úsase o termo amerindio para designar os nativos do continente americano, en substitución ás palabras "indios", "indíxenas" e outras consideradas aldraxantes.

Na América do Norte, estes pobos son tamén coñecidos polas expresións pobos aborixes, indios americanos, primeiras nacións (principalmente no Canadá), nativos de Alasca ou pobos indíxenas da América. Porén, os esquimós (inuit, iupik e aleutianos) e os métis (mestizos) do Canadá, que teñen unha cultura e xenética diferente dos restantes, non sempre son considerados naqueles grupos.

Estes termos comprenden un gran número de distintas tribos, estados e grupos étnicos, moitos dos cales viven como comunidades cun estatuto político específico.

Orixe dos primeiros americanos

[editar | editar a fonte]
Mapa das migracións humanas máis antigas[22]
Vaso maia

Ata recentemente, a interpretación máis aceptada, baseada nos achados arqueolóxicos, era que os primeiros humanos nas Américas chegaron nunha serie de migracións da Siberia para Alasca a través dunha lingua de terra que se formou durante a última glaciación entre 24 e 9 mil anos atrás.

Porén, recentes achados no Brasil mudaron o pensamento dos arqueólogos – foi atopado un verdadeiro cemiterio en Lapa Vermella (Minas Xerais) con ósos datados en 12 mil anos, o primeiro atopouno Annette Laming-Emperaire na década de 1970 e que foi “bautizado” de Lucia[Ligazón morta]. Non só os “siberianos” non puideron chegar ao Brasil en tan curto espazo de tempo mais, senón que a “Lucia” parecía máis emparentada cos aborixes australianos ou cos negros das Illas Andaman.

Por outro lado, atopáronse pinturas rupestres con imaxes de tatus xigantes, que podían ser os Glyptodon que viviron durante o Plistoceno, extinguíndose hai preto de 12 mil anos. Atopáronse tamén as máis antigas pinturas de barcos do mundo. Por iso, os arqueólogos especulan se os primeiros humanos a chegaren á América - aos cales tamén se chama aborixes americanos - virían en barco, da Australia ou doutro lugar.

Existen outras teorías sobre a orixe dos nativos americanos:

O máis probábel, porén, é que as Américas fosen colonizadas por vagas de pobos de diferentes orixes, ao longo dos tempos, dando orixe ao complexo mosaico de pobos e linguas que hoxe existen. E é posíbel, igualmente, que eses pobos – tal como aconteceu en tempos históricos, ben documentados – teñan substituído ou se teñan xuntado con poboación orixinais que aló xa existían.

Ver ademais: Arqueoloxía das Américas

Interacción entre os europeos e os nativos americanos

[editar | editar a fonte]
Muller quechua e neno no Val Sagrado, Andes, o Perú.

A pesar de que os viquingos exploraran e estabeleceran bases nas costas da América do Norte a partir do século X e teren aí deixado marcas, como a runa de Kensington (aínda que moitos estudosos disputen a súa autenticidade), estes exploradores aparentemente non colonizaron a América, limitándose a tentar controlar o comercio de peles de animais e outras mercadorías da rexión.

Por outro lado, a colonización europea das Américas mudou radicalmente as vidas e culturas dos nativos americanos. Entre os séculos XV e XIX, estes pobos viron as súas poboacións devastadas polas privacións da perda das súas terras e animais, por doenzas e, en moitos casos por guerra. O primeiro grupo de nativos americanos atopado por Cristovo Colón, estimado en 250 mil aruaques do Haití, foron violentamente escravizados e apenas 500 sobreviviran no ano 1550; o grupo foi extinto antes de 1650.

No século XV, os españois e outros europeos trouxeron cabalos para as Américas e algúns destes animais escaparon e comezaron a se reproducir libremente. Ironicamente, o cabalo tiña orixinalmente evoluído nas Américas, mais extinguiuse na última glaciación. A reintrodución do cabalo tivo un profundo impacto nos nativos americanos das Grandes Planicies da América do Norte, permitíndolles expandir os seus territorios, trocar produtos con tribos veciñas e cazar con máis eficiencia.

Os europeos tamén trouxeron con eles doenzas contra as cales os nativos americanos non tiñan inmunidade, tales como a varicela e a varíola que, moitas veces son fatais para estas persoas. É difícil estimar a porcentaxe de nativos americanos mortos por estas doenzas, mais algúns historiadores estiman que preto de 80% da poboación dalgunhas tribos foi extinta polas doenzas europeas.

A débeda histórica dos colonizadores para cos pobos nativos é inmensa. Crece a discusión sobre formas de compensación polos danos causados e outros asuntos indíxenas, a nivel internacional, como atesta o gran número de organizacións que se dedica ao tema.

Co cambio da perspectiva histórica co tempo, estase a estudar diferentes feitos da cultura e historia amerindia baixo novas perspectivas. Por exemplo, estase a estudar a pegada dos indios americanos na actualidade, como a reprodución nas avenidas e estradas das cidades americanas actuais do trazado dos sendeiros amerindios.[23]

Estatísticas da poboación indíxena por país

[editar | editar a fonte]

A seguinte táboa presenta un cálculo sobre a poboación indíxena nos países de América. Tamén se inclúe o cálculo da poboacións mestizas con algunha ascendencia indíxena e a sumas destes cos propios indíxenas están incluídos. Os datos presentados na siguinte táboa provie de "CIA World Factbook" unha fonte externa de países latinoamericanos que calcula os compoñentes étnicos da poboación de cada nación.[24]

Poboacións indíxenas da América
País Indíxenas Mestizos Total combinado
Arxentina 2,4% 15% 17,4%
Bolivia 56% 39% 95%
Brasil 0,58% 16% 16,58%
Belize 10,5% 54,8% 65,5%
Canadá 4% ND ND
Chile 10% 39% 49%
Colombia 3% 49% 52%
Costa Rica 2,4% 15% 17,4%
Cuba 0% 0% 0%
Dominica 2% ND ND
Ecuador 9% 72% 81%
Estados Unidos de América Estados Unidos 1% ND ND
Guatemala 39,5% 42% 81,5%
Güiana 9,1% ND ND
Güiana Francesa 2% ND ND
Haití 0% 0% 0%
Honduras 7% 90% 97%
México 13% 70% 83%
Nicaragua 6% 69% 74%
O Salvador 1% 86,6% 87,7%
Panamá 8% 73% 81%
Paraguai 2% 76% 78%
Perú 45% 37% 82%
Porto Rico ND ND ND
República Dominicana 0% ND ND
Trinidad e Tobago 0% ND ND
San Vicente e as Granadinas 2% ND ND
Suriname 2,36% ND ND
Uruguai 0% 6% 6%
Venezuela 2% 52% 54%
  1. "Archived copy" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de marzo de 2016. Consultado o 12 de decembro de 2015. 
  2. "Composición Étnica del Perú". Consultado o 14 de xaneiro de 2017. 
  3. Cia.gov (ed.). "CIA - The World Factbook". Arquivado dende o orixinal o 25 de decembro de 2018. Consultado o 23 de febreiro de 2011. 
  4. "CARACTERIZACIÓN : Republica De Guatamala" (PDF). Ine.gob.gt. Consultado o 9 de abril de 2018. 
  5. United States Census Bureau. The American Indian and Alaska Native Population: 2010
  6. Canada, Government of Canada, Statistics. "Ethnic Origin (279), Single and Multiple Ethnic Origin Responses (3), Generation Status (4), Age (12) and Sex (3) for the Population in Private Households of Canada, Provinces and Territories, Census Metropolitan Areas and Census Agglomerations, 2016 Census - 25% Sample Data". 12.statcan.gc.ca. 
  7. "Síntesis de Resultados : 2012" (PDF). Estudios.anda.cl. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 18 de xullo de 2013. Consultado o 9 de abril de 2018. 
  8. DANE 2005 National Census
  9. INDEC, ed. (2010). "Población indígena o descendiente de pueblos indígenas u originarios en viviendas particulares por sexo, según edad en años simples y grupos quinquenales de edad." (xls) (en castelán). Consultado o 2 de maio de 2015. 
  10. IBGE(Brazilian Institute of Geograph and Statistic, ed. (9 de febreiro de 2015). "2010 Census graphics of Brazil government". Arquivado dende o orixinal o 13 de maio de 2020. Consultado o 18 de abril de 2018. 
  11. "CIA – The World Factbook". Cia.gov. Arquivado dende o orixinal o 25 de decembro de 2018. Consultado o 23 February 2011. 
  12. 2005 Census
  13. "8 LIZCANO" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 24 de febreiro de 2014. Consultado o 22 de maio de 2014. 
  14. soitu.es (ed.). "Una comunidad indígena salvadoreña pide su reconocimiento constitucional en el país". Arquivado dende o orixinal o 05 de novembro de 2015. Consultado o 23 de febreiro de 2011. 
  15. Cia.gov (ed.). "Costa Rica: Ethnic groups". Arquivado dende o orixinal o 07 de xaneiro de 2019. Consultado o 21 de decembro de 2010. 
  16. Lector de Google Drive. Docs.google.com. Consultado o 12 de xullo de 2013.
  17. The World Factbook Arquivado 09 de maio de 2020 en Wayback Machine.. Cia.gov. Consultaod o 12 de xullo de 2013.
  18. Redatam::CELADE, ECLAC - United Nations Arquivado 12 de xullo de 2017 en Wayback Machine.. Celade.cepal.org. Consultado o 12 de xullo de 2013.
  19. indigene.de
  20. "The World Factbook — Central Intelligence Agency". Cia.gov. Arquivado dende o orixinal o 13 de febreiro de 2016. Consultado o 18 de abril de 2018. 
  21. Mann, Charles C. (2005). Knopf Publishing Group, ed. 1491: New Revelations of the Americas Before Columbus. Nova York. ISBN 1-4000-4006-X. OCLC 56632601. 
  22. Göran Burenhult: Die ersten Menschen, Weltbild Verlag, 2000. ISBN 3-8289-0741-5
  23. "Senderos indígenas: los caminos ocultos bajo la gran cuadrícula de Chicago". eldiario.es (en castelán). Consultado o 2019-01-22. 
  24. "Datos da Poboación en The World Factbook". The World Factbook. [Ligazón morta]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]