Christopher Tolkien

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Christopher Tolkien
Nome completoChristopher John Reuel Tolkien
Nacemento21 de novembro de 1924
Lugar de nacementoLeeds
Falecemento16 de xaneiro de 2020
Lugar de falecementoDraguignan
NacionalidadeReino Unido e Francia
Alma máterDragon School, Trinity College, Oxford e The Oratory School
Ocupaciónescritor, editor literario, profesor universitario e novelista
PaiJ. R. R. Tolkien
NaiEdith Bratt
CónxuxeFaith Tully Lilly Faulconbridge e Baillie Tolkien
FillosAdam Tolkien, Simon Tolkien e Rachel Clare Reuel Tolkien
IrmánsJohn Tolkien e Priscilla Reuel Tolkien
PremiosBodley Medal
Na rede
IMDB: nm1036123 Dialnet: 1660029 Last fm: Christopher+Tolkien Musicbrainz: 09b96c29-c950-4724-95e8-7d2b895156ed Discogs: 1267217 Allmusic: mn0001173251 WikiTree: Tolkien-5 Find a Grave: 206297513 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Christopher John Reuel Tolkien, nado en Leeds, Inglaterra, o 21 de novembro de 1924 e finado en Draguignan o 15 ou 16 de xaneiro de 2020,[1] foi mellor coñecido como o fillo do escritor John Ronald Reuel Tolkien, do que era o segundo fillo máis vello, e mais como o editor da maior parte do traballo do seu pai, publicado de maneira póstuma.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Os Tolkien: pai e fillo[editar | editar a fonte]

Tolkien pai escribiu moitísimo material vinculado á mitoloxía da Terra Media, que non foi publicado mentres vivía; aínda que orixinalmente a súa intención era publicar O Silmarillion xunto con O Señor dos Aneis, e xa había partes moi desenvolvedas, morreu en 1973 deixando o proxecto inconcluso.

Christopher foi sempre parte da audiencia crítica da fición do seu pai, primeiro como neno, escoitando as historias de Bilbo Bulseiro, e logo como un adolescente e novo adulto, retroalimentando o seu pai en O Señor dos Aneis durante os últimos anos da súa xestación, e incluso participando nos debates literarios dos Inklings. O propio Christopher asignouse a tarefa de interpretar os, a miúdo, confusos mapas da Terra Media, co fin de xerar as versións mostradas nos libros. Christopher redebuxou o mapa principal a finais dos 70, para aclarar as letras e corrixir algúns erros e omisións.

Posteriormente, o fillo seguiu os pasos do pai, converténdose en lector e titor de Lingua inglesa na Universidade de Oxford.

Morte do pai[editar | editar a fonte]

Tras a morte do seu pai, Christopher púxose a organizar todas as notas do seu pai, algunhas das cales estaban escritas en vellos recortes de papel. Moito do material estaba escrito á man, con frecuencia un simple esbozo estaba escrito sobre outro esbozo anterior, e os nomes das personaxes cambiaban continuamente entre o comezo e o fin do mesmo texto. Descifrar isto foi unha ardua tarefa, e talvez só alguén coa proximidade ao autor que posuía Christopher, e tan coñecedor na evolución das historias, podía facer que todo concordase. Aínda así, Christopher admitiu que moitas veces tivo que adiviñar o que o seu pai quixo dicir.

Non obstante, ao traballar con Gui Gavriel Kay, puido publicar O Silmarillion en 1977, seguido dos Contos inconclusos de Númenor e a Terra Media en 1980, e os doce volumes de The History of Middle-earth, entre 1983 e 1996.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Amalric, Laurent (16 de xaneiro de 2020). "Christopher, le fils de J.R.R. Tolkien, s'est éteint dans le Var à l'âge de 95 ans". Var-Matin (en francés). Consultado o 16 de xaneiro de 2020.