Babilonia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mesopotamia
ÉufratesTigris
Cidades / Imperios
Sumeria: UrukUrEridu
KishLagashNippur
Imperio Acadio: Agadé
BabiloniaIsínLarsaSusa
Asiria: AsurNínive
NuziNimrud
Imperio BabilónicoCaldea
ElamAmorreos
MitanniCasitas
Cronoloxía
Reis sumerios
Reis de Asiria
Reis de Babilonia
Lingua
Escritura cuneiforme
Lingua sumeriaAcadio
Elamita
Mitoloxía
GilgameshMarduk
Muros de Babilonia
Detalle da porta de Ishtar.

Babilonia foi a capital da antiga Mesopotamia. No moderno Iraq, localízase a aproximadamente 110 quilómetros ao sur de Bagdad. O nome ven do grego Babel, que, á súa vez, deriva do semítico Babilu, significando "Os Portóns de Deus". Esa palabra semítica é unha tradución do sumerio Kadmirra.

Foi probabelmente fundada no 3800 a. C. nas súas orixes era unha aldea[1] pouco importante veciña da cidade poderosa do III Milenio chamada Kish, nese mesmo milenio Babilonia seguiu a ser un asentamento humilde dependente dos reis neosumerios de UR III, ata que este se derrumba e se instalan en Babilonia a comezos do II milenio unha dinastía de orixes esteparias (a chamada Dinastía I paleobabilónica 1894-1595) que acada o seu apoxeo Hamurabi, por volta de 2300 a. C., e mantívose así por case 2000 anos.

No século XVI a. C. foi conquistada polos hititas, para caer deseguida en mans dos kasitas (séculos XVI-XVII a. C.) que foron absorbidos culturalmente polos babilonios (época babilónica media). Os arameos, asirios e os caldeos loitaron durante séculos polo control da Babilonia. O rei asirio Asurbanipal venceu na loita no 648 a. C., e sucedeuno Nabucodonosor II.

Liderados por Nabucodonosor (que tamén construíu os Xardíns colgantes de Babilonia, unha das sete marabillas do mundo antigo), os asirios destruíron Xerusalén en 587 a. C., levando os xudeus ao exilio babilónico. Babilonia recobraría a súa independencia acadando un período de prosperidade coñecido como neobabilónico que remata no 538 coa conquista da cidade polo rei persa Ciro, o Grande, derrotou os asirios en 539 a. C., e liberou os xudeus do seu exilio. A dominación persa (até 331 a. C.) e logo macedónica (seléucidas até 409 a. C.) constitúen o período tardobabilónico e son os fitos dun ocaso cultural que se acelera a partires do século III a. C.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. López, Jesús; Sanmartín, Joaquín (1993): Mitología y religión del oriente Antiguo. Tomo I: Egipto y Mesopotamia. Ed. Ausa

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]