Prusia Oriental

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Provinz Ostpreußen
Provincia de Prusia Oriental
Flag of Ducal Prussia.svg
1773 — 1945 Flag of the Soviet Union.svg
Flag of Kaliningrad Oblast.svg
POL województwo warmińsko-mazurskie flag.svg
Bandeira Escudo
Bandeira Escudo
Situación de Prusia Oriental
Prusia Oriental (en vermnello), dentro do reino de Prusia (en azul), no Imperio alemán (contra 1871).
Capital Königsberg
Goberno Monarquía
Período histórico Idade Contemporánea
 • Primeira partición de Polonia 31 de xaneiro de 1773
 • Conquista soviética 9 de abril de 1945
Superficie
 • 1905 36.993 km2

Prusia Oriental (en alemán: Ostpreußen [ˈʔostʰˌpʰrɔɪ̯sn]; en lituano: Rytų Prūsija ou Rytprūsiai; en polaco: Prusy Wschodnie; en ruso: Восточная Пруссия, Vastochnaya Prusia) é unha rexión histórica situada na costa sudoriental do mar Báltico.

Historia[editar | editar a fonte]

Foi o primeiro territorio que levou o nome de Prusia, xa que antes da invasión alemán do século XII era a parte principal do país do pobo báltico dos prusianos. Tras seren en gran parte asimilados os antigos prusianos bálticos, o territorio foi moi xermanizado e transformouse no núcleo orixinal do célebre Estado militarista alemán chamado Reino de Prusia.

Colonizada por alemáns entre os séculos XI e XII, converteuse no centro do Estado da Orde Teutónica. A decadencia do poderío da Orde conduciu ao Tratado de Toruń de 1466, polo cal boa parte de Prusia pasaba ao dominio directo da Coroa polaca e o resto que permañecía baixo o control da Orde se convertería en vasalo do monarca polaco.

En 1525 o gran Mestre da Orde Teutónica, Alberto de Hohenzollern converteuse ao protestantismo, secularizou a Orde transformouse no primeiro Duque de Prusia, vasalo de Polonia.

Monumento ao Gran Mestre Albert, o primeiro Duque de Prusia, en Malbork, Polonia.

A súa liña extinguiuse en 1618, pasando a propiedade dos seus Estados aos seus primos os Hohenzollern de Brandeburgo, formando o que no século XVIII sería o reino de Prusia, desvinculado xa de calquera relación feudal con Polonia.

Desde 1824 e até 1871 formou unha única provincia (Provincia de Prusia) ao fusionarse coa Prusia Occidental.

Estivo baixo o control do Imperio alemán, a República de Weimar e a Alemaña nazi entre 1871 e 1945.

Durante a ofensiva de Prusia Oriental (xaneiro-abril de 1945) as tropas do Exército vermello ocuparon boa parte da rexión, mentres que os alemáns resistiron en Königsberg e outros puntos illados até a rendición incondicional de Alemaña en maio de 1945.

Tras a derrota alemá na Segunda Guerra Mundial, o territorio foi dividido en tres partes. Unha delas foi incorporada a Rusia, constituíndo a óblast de Kaliningrado, outra ao voivodato de Varmia e Masuria polaco e, finalmente, a rexión do Territorio de Memmel foi para Lituania.

A capital da antiga Prusia Oriental, Königsberg, pasou en 1946 a chamarse Kaliningrado. Dous millóns e medio de alemáns foron expulsados do fogar dos seus antepasados.

Mapas históricos[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Koch, H. W. (1984): A History of Prussia. London: Longman. ISBN 0-582-48190-2.
  • MacDonogh, Giles (1994): Prussia. London: Sinclair-Stevenson. ISBN 1-85619-267-9.
  • Zayas, Alfred-Maurice de (1994): A Terrible Revenge: The Ethnic Cleansing of the East European Germans, 1944-1950. St. Martin's Press. ISBN 0-312-12159-8.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]