Lei de Wien

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A lonxitude de onda correspondente ó pico de emisión en varios espectros do corpo negro é función da temperatura.

A lei de desprazamento de Wien é unha lei física que relaciona a lonxitude de onda do pico da emisión do corpo negro co inverso da súa temperatura.

\lambda_{max} = \frac{b}{T}
  • Onde:
\lambda_{max} \, é a lonxitude de onda do pico de emisión en metros,
T \, é a temperatura do corpo negro en kelvin (K), e
b é unha constante de proporcionalidade, chamada constante de Wien, igual a 2,897 768 5(51) × 10–3 m K (2002 CODATA, valor recomendado).

Os dous díxitos entre paréntese denotan a indeterminación (o desvío estándar cunha confianza do 68.27%) nos dous díxitos menos significativos.

Para lonxitudes de onda ópticas, é conveniente usar o [nm] en troques do m como unidade de medida. Neste caso, b = 2.897768 5(51) × 106 nm K.