Piezoelectricidade
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A piezoelectricidade é a capacidade de algúns cristais de xeraren corrente eléctrica por resposta a unha presión mecánica. O termo deriva da palabra grega piezein, que quere dicir espremer ou presionar. O efecto piezoeléctrico é reversíbel pois os cristais piezoeléctricos, cando suxeitos a unha voltaxe externa, poden sufrir variacións de forma. A deformación, cerca de 0.1% da dimensión orixinal en PZT, ten aplicacións importantes, tales como a produción e detección de sons, xeración de altas-voltaxes e xeración de frecuencia electrónica.