Mundial de Fútbol Brasil 2014

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Copa Mundial da FIFA 2014™
Copa do Mundo FIFA Brasil 2014™
Maracaná
Detalles do torneo
Organizador Flag of Brazil.svg Brasil
Datas 13 de xuño13 de xullo
Equipos 32
Sedes 12 (de 12 cidades)
Resultado
Campión
Subcampión
Terceiro
Cuarto
Estatísticas
Partidos
Goles
Asistencia
Goleador
Mellor xogador
Mellor porteiro
Xogo limpo
◄◄ Flag of South Africa.svg Sudáfrica 2010   Soccerball.svg   Rusia 2018 Flag of Russia.svg ►►

A Copa Mundial da FIFA Brasil 2014™ (en portugués: Copa do Mundo FIFA Brasil 2014™) será a edición número vinte do Campionato Mundial de fútbol de seleccións, a competición máis importante deste deporte. O torneo celebrarase en Brasil durante o ano 2014 (do 13 de xuño ao 13 de xullo), logo de que o presidente da FIFA, Joseph Blatter, estabelecera o criterio de rotación continental. Esta edición será a primeira que se xogará en Sudamérica dende o Mundial de Arxentina 1978.

En 2004, a FIFA elixiu a Sudamérica como sede da Copa Mundial de 2014. Pese ao entusiasmo inicial dalgúns países, só Brasil e Colombia presentaron as súas candidaturas oficiais antes do peche do prazo, o 18 de decembro de 2006. Algúns meses despois, Colombia retirou a súa candidatura, deixando como único postulante a Brasil. O 30 de outubro de 2007 a FIFA designou de xeito oficial a Brasil como o país que albergará a Copa do Mundo de Fútbol de 2014.

Índice

Antecedentes[editar]

Elección da sede[editar]

Joseph Blatter anunciando a elección de Brasil.

O 7 de marzo de 2003, a FIFA anunciou que o torneo tería lugar en América do Sur por primeira vez dende que tivera lugar en Arxentina en 1978, mantendo a súa política de rotar o dereito a albergar o Mundial entre as diferentes confederacións. O 3 de xuño de 2003, a CONMEBOL anunciou que Arxentina, Brasil e Colombia querían albergar o Mundial de 2014.[1] O 17 de marzo de 2004, a CONMEBOL votou de forma unánime a candidatura de Brasil coma a súa única candidata.

Brasil anunciou formalmente a súa candidatura en decembro de 2006, e Colombia fixo o mesmo uns días máis tarde. A candidatura arxentina nunca se materializou. O 11 de abril de 2007, Colombia retirou oficialmente a súa candidatura. Así, Brasil convertiuse no único candidato oficial para organizar o evento en 2014.[2]

O 30 de outubro de 2007, Brasil convertiuse en sede oficial do Mundial de fútbol da FIFA de 2014, sendo o único país que se presentou á votación.[3]

Clasificación[editar]

Lista de participantes[editar]

AFC (1)
CAF (0)
CONCACAF (0)
CONMEBOL (1)
OFC (0)
UEFA (0)

Notas[editar]

Véxase tamén[editar]

Outros artigos[editar]

Ligazóns externas[editar]