Selección de fútbol do Brasil

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Brasil
Actual campión da Copa do Mundo
Actual campión da Eurocopa
Actual campión da Copa de África
Actual campión da Copa América
Actual campión da Copa Ouro
Actual campión da Copa Asiática
Actual campión da Copa das Nacións da OFC
Na casa
Fóra
Asociación Confederação Brasileira de Futebol — CBF
Confederación CONMEBOL (Suramérica)
Código FIFA
Alcume A Canarinha
Clasificación FIFA 3 (11 de xuño de 2020)[1]
Clasificación ConIFA {{{Ranking ConIFA}}}
Seleccionador Tite
Máis encontros Cafu (142)[2][3]
Máximo goleador Pelé (77)[4]
Estrea internacional
Arxentina 3 - 0 Brasil Brasil
Buenos Aires, Arxentina; 20 de agosto de 1914[5]
Maior vitoria
Brasil Brasil 14 - 0 Nicaragua
México; 17 de outubro de 1975[6]
Maior derrota
Uruguai Uruguai 6 - 0 Brasil Brasil
Viña del Mar, Chile; 18 de setembro de 1920
Alemaña Alemaña 7 - 1 Brasil Brasil
Belo Horizonte, Brasil; 8 de xullo de 2014
Copa do Mundo
Participacións 21 (todas) (primeira en 1930)
Mellor resultado Campións (1958, 1962, 1970, 1994, 2002)
Copa América
Participacións 36 (primeira en 1916)
Mellor resultado Campións (1919, 1922, 1949, 1989, 1997, 1999, 2004, 2007, 2019)

A selección nacional de fútbol do Brasil é o equipo que representa ao Brasil en campionatos internacionais de fútbol. A Canarinha, como é coñecida popularmente, é o equipo máis laureado a nivel mundial tras acadar a vitoria en cinco Copas do Mundo. É ademais a única selección que participou en tódalas edicións do torneo. A selección está rexida pola Confederación Brasileira de Fútbol, afiliada á CONMEBOL.

O Brasil gañou o seu primeiro Mundial na edición de 1958 en Suecia, onde xa destacaba un mozo Pelé que marcou dous goles na final. O encontro rematou 5-2. Catro anos despois, no Mundial de 1962 en Chile volveron repetir éxito. O terceiro campionato lográrono en 1970, en México. Brasil presentou o que posiblemente sexa o mellor equipo de tódolos tempos, con estrelas coma Pelé, Tostão, Gérson, Jairzinho ou Rivellino. Gañaron cantos encontros disputaron nese torneo. Ademais quedaron co trofeo en propiedade ó se-los primeiros en gañar por tres veces a copa.

Pasaron 24 anos ata que o equipo brasileiro puido celebrar un novo título planetario, gañando o Mundial de 1994, nos Estados Unidos, despois de derrotar na final á selección italiana. O marcador ó final do partido foi de 0-0 polo que o torneo decidiuse por primeira vez na quenda de penaltis. Despois de acabar como segundo no Mundial de 1998 a selección brasileira gañou o seu quinto campionato no Mundial de 2002 no Xapón e Corea do Sur. A final xogouse entre as dúas seleccións máis laureadas da historia do fútbol, Alemaña e o Brasil, gañando o equipo suramericano grazas a dous goles de Ronaldo.

Historia[editar | editar a fonte]

Comezos[editar | editar a fonte]

A selección en 1930, ano no que se xogou o primeiro mundial.

A selección brasileira foi formada por primeira vez o 20 de agosto de 1914. Xogou o seu primeiro partido contra o Exeter City inglés, no campo do Fluminense, o 27 de xullo daquel ano. O partido rematou con vitoria para os brasileiros por 2 a 0, sendo o primeiro gol marcado por Oswaldo Gomes, do Fluminense. Con todo, o equipo aínda xogou máis partidos aquel ano, en dous contra a selección da Arxentina, un amigable o 20 de setembro e outro oficial valendo a Copa Roca o 27 de setembro. Esta competición visaba aproximar máis a estes dous países, en que acabou vencendo por 1 a 0 en Buenos Aires (gol de Rubens Salles) consagrándose campioa do torneo, sendo ese o primeiro de varios títulos conquistados pola selección Canarinha.

O primeiro título relevante conquistado pola selección brasileira foi o Campionato Suramericano de 1919, actual Copa América, con Friedenreich marcando o gol do título sobre o Uruguai, no Estadio das Laranjeiras construído polo Fluminense para esta ocasión, xa que o goberno brasileiro non tiña o diñeiro para financiar este evento internacional. En 1922, o Fluminense ampliou o seu estadio e a selección brasileira repetiu o seu triunfo no Campionato Suramericano.

O Brasil é a única nación que se ten clasificado para tódalas edicións da Copa do Mundo. Con todo, as participacións iniciais do país estiveron lonxe de seren exitosas. Iso debese á disputa interna do fútbol brasileiro sobre o profesionalismo, o que fixo que a Confederación Brasileira de Fútbol fose incapaz de convocar equipos cos mellores xogadores. En particular, as disputas entre as federacións estatais de São Paulo e do Río de Xaneiro (as dúas máis importantes da época) significaban que a selección estaría composta por xogadores vidos dunha soa desas federacións. Tanto no Mundial de 1930, cando Preguinho marcou o primeiro gol da historia da selección brasileira na Copa do Mundo, na estrea contra Iugoslavia, en que o Brasil perdeu por 2 a 1, como na de 1934, o Brasil foi eliminado pronto na primeira fase. A situación cambiou a partir do Mundial de 1938, no que o Brasil terminou nun bo terceiro lugar, con Leônidas da Silva facendo historia e sendo o primeiro xogador a marcar catro goles nun único encontro da Copa do Mundo.

O Brasil acolleu a Copa do Mundo de 1950, a primeira edición despois da segunda guerra mundial, e a primeira celebrada no Brasil. O torneo de 1950 foi único por non ter unha única final, mais ao contrario diso, unha final cuadrangular; con todo, o partido decisivo entre o Brasil e o Uruguai serviu como "final" do torneo. O partido foi xogado no estadio de Maracanã no Río de Xaneiro (entón capital do país), cunha asistencia en torno aos 200.000 espectadores, e o Brasil só precisaba dun empate para ser campión. Friaça abriu o marcador para os brasileiros, pero os uruguaios acabaron remontando con goles de Schiaffino e Ghiggia. O partido foi coñecido dende entón como o Maracanazo e o 16 de xullo de 1950 pasou á historia como o día máis triste da historia do fútbol brasileiro.[7][8]

Ata aquel entón a selección brasileira xogaba de branco, pero trala derrota realizouse un concurso para escoller un novo uniforme para o equipo, sendo escollidos o amarelo como cor da camiseta, o azul como cor do calzón e o branco coma cor das medias. O concurso, promovido polo xornal Correio da Manhã, do Río de Xaneiro, foi gañado polo profesor, xornalista gaucho e, ironicamente, seareiro do Uruguai, Aldyr Garcia Schlee. Para a Copa do Mundo de 1954, en Suíza, o equipo brasileiro estaba completamente renovado, para que a derrota do Maracanã puidese ser esquecida, mais aínda tiña un bo grupo de xogadores, incluíndo Nilton Santos, Djalma Santos, Julinho e Didi. O Brasil chegou aos cuartos de final, onde caeu derrotado ante a selección favorita, Hungría, nun dos partidos máis violentos da historia dos Mundiais, que pasou á historia como a Batalla de Berna.

Idade de Ouro: Pelé e Garrincha[editar | editar a fonte]

O técnico do Brasil, Vicente Feola, impuxo regras estritas para o equipo para a Copa do Mundo de 1958, en Suecia. Os xogadores recibiron unha lista de corenta cousas prohibidas, incluíndo usar chapeu ou paraugas, fumar mentres vestían uniforme oficial e conversar coa prensa fóra dos locais designados. Foi o único equipo que levou un psicólogo (por mor da lembranza de 1950, que aínda afectaba algúns xogadores) ou un dentista (xa que, por causa das súas orixes humildes, moitos xogadores tiñan problemas dentais, o que causaba infeccións e tiñan tamén un impacto negativo nos partidos). Ademais mandaron un representante a Europa para asistir aos partidos eliminatorios un ano antes do comezo do torneo.

Unha vez comezado o mundial, o Brasil caeu no grupo máis difícil, con Inglaterra, a Unión Soviética e Austria. No primeiro encontro Brasil bateu a Austria por 3 a 0, e despois empatou 0 a 0 con Inglaterra. Os brasileiros estaban preocupados co seu partido fronte os soviéticos, que tiñan un físico excepcional e eran un dos favoritos a gañar o torneo; a súa estratexia era arriscar no comezo do xogo para tentar marcar un gol pronto no inicio. Antes do partido, os líderes do equipo, Bellini, Nílton Santos e Didi, falaron co técnico e persuadírono para facer tres substitucións que serían cruciais para gañar aos soviéticos e a Copa: Zito, Garrincha e Pelé comezarían o xogo contra a Unión Soviética. No asubío inicial, pasaron a bóla a Garrincha que pasou por tres xogadores antes de acertar a trabe cun xute. O equipo brasileiro mantivo a presión sen descanso, e tras tres minutos, que máis tarde serían chamados de "os tres minutos máis grandiosos da historia do fútbol", Vavá deu ao Brasil o primeiro gol. Finalmente o partido rematou con vitoria por 2 a 0, tras un segundo gol de Vavá.

Pelé marcou o único gol do partido de cuartos de final contra Gales, e posteriormente bateron a Francia por 5 a 2 nas semifinais. Xa na final, Brasil venceu aos anfitrións, Suecia, por 5 a 2, gañando a súa primeira Copa do Mundo e converténdose a primeira selección en gañar un título de Copa do Mundo fóra de seu propio continente. Repetiu o feito en 2002, ao triunfar na Asia, sumando títulos en tres continentes. Despois do BrasilEspaña e Alemaña conseguiron un título mundial fóra do propio continente.

Selección Brasileira no Campionato Suramericano de 1959.

Na Copa do Mundo de 1962, o Brasil conseguiu o seu segundo título, nun campionato que trala lesión de Pelé, tivo a Garrincha como a grande estrela, facendo goles de cabeza e tamén coa súa perna esquerda, e xogando con febre a final. Na Copa do Mundo de 1966, a preparación do equipo estivo afectada por mor de influencias políticas. Tódolos grandes clubs do fútbol brasileiro querían aos seus xogadores incluídos no equipo brasileiro para darlles maior exposición. Durante os meses finais da preparación, o técnico Vicente Feola estaba traballando con 46 xogadores, dos cales só 22 irían a Inglaterra; iso causou moitas disputas internas e presión psicolóxica. O resultado foi que, en 1966, o Brasil tivo unha das súas peores actuacións de tódalas Copas do Mundo. Alén diso, a derrota contra Hungría supuxo a única derrota de Garrincha coa camisa da selección.

Antes da Copa do Mundo de 1970, o 3 de setembro de 1969, a selección disputou un partido amigable contra o Atlético Mineiro e a futura selección campioa foi derrotada por 2-1. Despois do ocorrido, foron prohibidos os partidos amigábeis de equipos brasileiros coa selección. O Brasil gañou súa terceira Copa do Mundo na Copa do Mundo de 1970 en México. Naquela ocasión, colocou en campo o que foi considerado, segundo unha pescuda global con especialistas, realizada pola revista inglesa World Soccer, o mellor equipo de fútbol de tódolos tempos con Pelé, na súa última edición de Copa do Mundo, Carlos Alberto Torres, Jairzinho, Tostão, Gérson, Piazza, Clodoaldo e Rivellino. Tras gañar a Copa Jules Rimet por terceira vez, o Brasil quedou con ela en propiedade. Porén, foi roubada e fundida anos máis tarde. En 1984 relizouse unha réplica totalmente confeccionada a partir dos seus moldes orixinais. Despois desa conquista, a selección pasou 24 anos sen conquistar unha Copa do Mundo. Nese período alcanzou unha nova final, no Mundial de 1982 cunha selección que contaba con xogadores como Zico, Sócrates, Falcão e Júnior, sendo considerada por moitos unha das mellores seleccións da historia dos mundiais.

Pentacampións[editar | editar a fonte]

En 1994, a selección brasileira non estaba considerada como unha das favoritas. Un ano antes, nas eliminatorias, clasificarase no último momento grazas á axuda de Romário, que foi até alcumado San Romário. Xa na Copa disputada nos Estados Unidos, o equipo de Carlos Alberto Parreira estaba considerado como demasiado defensivo, o que contrariaba o estilo tradicional do fútbol brasileiro. No decorrer da competición, mentres, o Brasil foi superando barreiras e clasificándose para as seguintes fases. Foi o primeiro do seu grupo na primeira fase, despois de vencer ó Camerún e a Rusia e empatar con Suecia. Nos oitavos de final, eliminou a selección dos Estados Unidos en pleno día 4 de xullo. Nos cuartos de final, nun partido emocionante, eliminou os Países Baixos e, nas semifinais, volveuse a atopar con Suecia, despachando finalmente á selección escandinava. Na final, derrotou a Italia na quenda de penaltis, tras un empate sen goles despois do tempo normal e a prórroga. Pasou así a ser a primeira selección en conquistar catro Copas do Mundo e a primeira en conquistar o título a grazas a unha rolda de penaltis.

Entre 1998 e 2002 a selección tivo até catro técnicos diferentes (Luxemburgo, Candinho, Émerson Leão e Scolari) e volveu ter problemas para clasificarse para un Mundial. Outra vez a Seleção non era vista como favorita e, outra vez, acabou sorprendendo. Para a Copa do Mundo de 2002, Scolari convocou a Ronaldo, o que xerou moitas dúbidas, pois levaba dous anos parado por unha lesión. Porén, o dianteiro tivo grandes actuacións e contribuíu a que a canarinha eliminase sucesivamente as seleccións de Bélxica, Inglaterra, Turquía e Alemaña, esta última na final. Ronaldo foi o máximo goleador do torneo, con oito goles, dous deles na final na que o Brasil conquistou o seu quinto título.

Presente[editar | editar a fonte]

Kaká

Co bo desempeño nas eliminatorias da Copa do Mundo de 2006, Brasil continuou sendo o único país que conseguiu a clasificación para tódolos mundiais, alén de xa ser o que máis veces foi campión. Con todo, no mundial a selección fracasou, non demostrou o fútbol esperado e sucumbiu de forma vexatoria con Francia, fracasando no soño de obter o a sexta copa. O 24 de xullo de 2006, Parreira foi destituído, e Dunga foi anunciado como o novo adestrador, nunha tentativa da Confederación Brasileira de Fútbol de dar unha resposta ás críticas por parte dos seareiros e da prensa. Este troco veu por mor da imaxe de loita e garra que dera Dunga na súa etapa xogador, contrapóndose á imaxe de falta de comando e profesionalismo, que foi creada de seu antecesor na campaña fracasada de 2006.

Dende que asumiu a Selección, a palabra de orde do técnico Dunga é renovación. Diante disto, foron afastados do equipo brasileiro xogadores veteranos como Cafú, Roberto Carlos, Ronaldo e Emerson, xogadores que ao lado do técnico Carlos Alberto Parreira, foron responsabilizados polo fracaso brasileiro no mundial de Alemaña. Dunga, que vivía a súa primeira experiencia como técnico de fútbol, chamou ao seu amigo e excompañeiro da Copa do Mundo de 1994, Jorginho para o cargo de auxiliar técnico, cargo este que era ocupado por Zagallo.

Dunga estreouse na selección no amigable contra Noruega, o día 16 de agosto, en Oslo. O partido acabou 1 a 1. Na súa segunda actuación como técnico, Dunga levou a selección á vitoria contra Arxentina o 3 de setembro, en Londres, por 3 a 0. O amigable seguinte contra Gales o 5 de setembro en Londres foi outro logro para a selección, vencendo por 2 a 0. Despois xogou contra o combinado de Kuwait, e o Brasil venceu por 4 a 0, coa estrea do porteiro Hélton. No último partido de 2006, o Brasil afrontou a Suíza, e conseguiu outra vitoria por 2 a 1.

O 6 de febreiro nun amigábel contra Portugal, selección do ex-técnico do Palmeiras e da selección brasileira, Luiz Felipe Scolari, Dunga foi criticado por escoller un equipo considerado feble e, ao contrario do que moitos esperaban, non convoca Rogério Ceni para a portería da selección, insistindo nos porteiros Hélton e Júlio César. A derrota por 2 a 0 foi a primeira do técnico. En marzo, Brasil realizou dous amigábeis en Suecia: 4 a 0 contra Chile e 1 a 0 contra Ghana.

En 2007, disputou a Copa América en Venezuela, e consagrouse campión vencendo na final a Arxentina por 3 a 0. Ese mesmo ano comezan as eliminatorias da Copa do Mundo de 2010. Xa en 2009, o equipo comandado por Dunga conquistou tamén a Copa Confederacións ao bater a selección dos Estados Unidos na final por 3 a 2 tras unha remontada. O 5 de setembro, acadou a súa clasificación para o Mundial de Suráfrica ao vencer a Arxentina por 3 a 1 fóra da casa. Xa no Mundial chegou un novo fracaso para a Canarinha que foi eliminado nos cuartos de final por 2 a 1 contra os Países Baixos.

Estadio[editar | editar a fonte]

Estadio de Maracanã, sede da Copa Mundial de Fútbol de 1950 celebrada en Brasil.

A selección brasileira non ten un estadio nacional de orixe do mesmo xeito que moitos outros equipos e seleccións nacionais. Por tal motivo a selección brasileira xoga os seus partidos amigables e clasificatorios en diferentes escenarios. Entre estes atópanse o mítico Estadio Maracanã que foi sede da Copa Mundial de Fútbol de 1950 celebrada en Brasil. Este estadio é coñecido pola súa capacidade, na final do propio mundial albergou a 200.000 espectadores, e tamén por un episodio acontecido durante ese encontro, o chamado Maracanazo. Nese encontro a selección do Brasil, que tan só precisaba dun empate para levarse a Copa do Mundo. O partido comezara ben para ledicia dos seareiros, mais a selección do Uruguai conseguiu darlle a volta ao marcador e levarse o título.

Ademais do estadio de Maracanã, que hoxe conta cunha capacidade para 82.238 espectadores, está o estadio Olímpico João Havelange, onde a selección brasileira disputou partidos de eliminatorias para o Mundial de 2010. Os estadios Morumbi, Mineirão, Beira-Rio, Manei Garrincha entre outros, son utilizados igualmente pola selección. Con todo, a selección brasileira disputou encontros oficiais para as eliminatorias do mundial de fútbol Alemaña 2006 en estadios máis pequenos como o estadio Vivaldo Lima en Manaus, o estadio Rei Pelé en Maceió, o estadio Serra Dourada en Goiânia e o estadio Mangueirão en Belém do Pará.

Uniforme[editar | editar a fonte]

Brasil dende os seus comezos levou unha súa indumentaria conformada por camiseta, pantalón e medias de cor branca até o Mundial de 1950. Despois do famoso "Maracanazo", cambiou o seu uniforme polo actual facendo o seu debut no Mundial de Suíza 1954 coa goleada de 5-0 fronte a México no Stade des Charmilles na cidade de Xenebra.

Actualmente, o uniforme oficial da selección brasileira componse dunha camiseta amarela, pantalón azul e medias brancas. O uniforme de visitante componse de camiseta e medias azuis e pantalóns brancos. A indumentaria da selección está feita con tecnoloxía "Dri-Fit" de Nike, unha tecnoloxía innovadora que mellora o rendemento dos xogadores axudándoos a manterse máis secos, frescos e liviáns. Lógrao levando a transpiración do corpo á parte externa da tea para un secado rápido.

1914
1916
1917
1919
1930-1938


1942-1946


1950


1954-1962


1966-1974


1978


1982-1994


1998


2002


2006


2010


Resultados[editar | editar a fonte]

Enfrontamentos en Mundiais[editar | editar a fonte]

Partidos da Copa do Mundo (por equipo)
Total: 97 partidos xogados – 67 vitorias – 15 empates – 15 derrotas
Equipo G E P PX Equipo G E P PX Equipo G E P PX
Alxeria Alxeria 1 0 0 1 Checoslovaquia Checoslovaquia 3 2 0 5 Alemaña Alemaña 1 0 0 1
Australia Australia 1 0 0 1 Perú Perú 2 0 0 2 Ghana Ghana 1 0 0 1
Austria Austria 2 0 0 2 Unión Soviética Unión Soviética 2 0 0 2 Xapón Xapón 1 0 0 1
Italia Italia 2 1 2 5 Uruguai Uruguai 1 0 1 2 Marrocos Marrocos 1 0 0 1
Inglaterra Inglaterra 3 1 0 4 Hungría Hungría 0 0 2 2 Irlanda do Norte 1 0 0 1
Escocia Escocia 3 1 0 4 España España 3 1 1 5 Nova Zelandia Nova Zelandia 1 0 0 1
Polonia Polonia 3 0 1 4 Suecia Suecia 5 2 0 7 Romanía Romanía 1 0 0 1
Arxentina Arxentina 2 1 1 4 Bélxica Bélxica 1 0 0 1 Rusia Rusia 1 0 0 1
Iugoslavia Iugoslavia 1 2 1 4 Bolivia Bolivia 1 0 0 1 Estados Unidos Estados Unidos 1 0 0 1
Francia Francia 1 0 3 4 Bulgaria Bulgaria 1 0 0 1 Gales Gales 1 0 0 1
México México 3 0 0 3 China China 1 0 0 1 Zaire Zaire 1 0 0 1
Países Baixos Países Baixos 1 1 2 4 Camerún Camerún 1 0 0 1 Suíza Suíza 0 1 0 1
Turquía Turquía 2 0 0 2 Croacia Croacia 1 0 0 1 Noruega Noruega 0 0 1 1
Chile Chile 3 0 0 3 Dinamarca Dinamarca 1 0 0 1 Portugal Portugal 0 1 1 2
Costa Rica Costa Rica 2 0 0 2 República Democrática Alemá Alemaña Democrática 1 0 0 1 Costa do Marfil Costa do Marfil 1 0 0 1
Corea do Norte Corea do Norte 1 0 0 1

Xogadores[editar | editar a fonte]