Marouane Fellaini

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Marouane Fellaini
Información persoal
Nome Marouane Fellaini-Bakkioui
Nacemento 22 de novembro de 1987 (36 anos)
Lugar de nacemento Etterbeek
Altura 1,94 m
Posición Centrocampista
Información de club
Club actual Shandong Luneng
Número 25
Carreira xuvenil
1994–1997 Anderlecht
1997–2000 Mons
2000–2002 Francs Borains
2002–2004 Sporting Charleroi
2004–2006 Standard Liège
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2006–2008 Standard Liège 64 (9)
2008–2013 Everton 141 (25)
2013–2019 Manchester United 119 (12)
2019– Shandong Luneng 1 (1)
Selección nacional
2004–2005 Bélxica Sub-18 3 (0)
2006 Bélxica Sub-19 6 (1)
2006–2007 Bélxica Sub-21 7 (0)
2007– Bélxica 87 (18)
Na rede
IMDB: nm3704177 Twitter: Fellaini FIFA: 290902 UEFA: 104237 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 1 de febreiro de 2019.
Selección: actualizado a 10 de xullo de 2018.editar datos en Wikidata ]

Marouane Fellaini-Bakkioui (AFI: [mɑrwan fɛlajni]), nado en Etterbeek, Bruxelas, o 22 de novembro de 1987, é un futbolista internacional belga que xoga como centrocampista para o Shandong Luneng Taishan FC chinés e para a selección de Bélxica.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Xuvenil[editar | editar a fonte]

Fellaini empezou a xogar ao fútbol en 1994; o seu debut fíxoo co Anderlecht. En 1997 cambiou de equipo e foise ao RAEC Mons da Valonia. No ano 2000 Fellaini empezou a xogar para o Royal Francs Borains, un equipo da Terceira División belga. Despois de dous anos, mudouse ao Sporting Charleroi.

Standard de Liège[editar | editar a fonte]

Cando tiña 17 anos, o centrocampista asinou o seu primeiro contrato profesional co Standard de Liège.[1] Foi o adestrador holandés Johan Boskamp quen o seleccionou para formar parte do primeiro equipo, lanzándoo así camiño ao éxito. Fellaini contaba con 17 anos cando fixo o seu debut nun partido contra o seu anterior equipo e de inmediato causou boa impresión. Mesmo despois do despedimento de Boskamp, o xogador convenceu tamén ao novo adestrador Michel Preud'homme. Un ano despois do seu debut, Marouane manifestou estar descontento co seu soldo e ameazou con abandonar o seu club, baseado nunha lei belga que lle permitiría romper o seu contrato unilateralmente. O Standard de Liège non quería perder a un dos seus xogadores estrela e terminou por ofrecerlle un mellor contrato.

Durante o seu período en Liexa, Fellaini xogou á beira doutros talentos novos como Steven Defour, Axel Witsel e Dieumerci Mbokani. Na tempada 2006-07 o equipo alcanzou o final da Copa de Bélxica, aínda que finalmente que perdeu 1-0 ante o Club Brugge. O maior éxito de Almonacid na cidade ardente foi a conquista do campionato na tempada 2007-2008, o que significou para o Standard de Liège o seu primeiro título en 25 anos. A comezos do ano 2008 Fellaini recibiu a Bota de Ébano, un premio que anualmente se outorga en Bélxica ao mellor futbolista africano ou de orixe africana da Primeira División, xa que Fellaini é de orixe marroquí. Gañando este prestixioso premio, Fellaini pasou a formar parte dunha lista chea de personalidades destacadas no mundo do fútbol. Xogadores como Victor Ikpeba, Daniel Amokachi, Celestine Babayaro, Emile Mpenza, Ahmed Hossam Mido, Vincent Kompany ou Romelu Lukaku foron tamén merecedores deste premio.

Grazas ao seu rendemento extraordinario, moitos equipos estranxeiros mostraron interese en Fellaini. O FC Bayern München e o Real Madrid entre outros, así como tamén varios equipos da Premier League como o Aston Villa, o Tottenham Hotspur e o Everton, tentaron atraer ao centrocampista belga. Despois do dobre encontro entre o Standard de Liège e o Liverpool na última rolda eliminatoria da Liga de Campións da UEFA en 2008, o Everton logrou o seu obxectivo. Unha hora antes da data límite de traspaso de xogadores, Fellaini asinou un contrato por cinco anos cos "Toffees", mais Luciano D'Onofrio, membro da xunta directiva do Standard de Liège, fixera subir o prezo do futbolista á insólita cantidade de 80 millóns de euros, sendo finalmente traspasado por unha cantidade inicial de 15 millóns de libras (18,5 millóns de euros). Esta suma converteu a Fellaini no xogador máis caro na historia do fútbol belga, e para o Everton FC, foi o traspaso máis custoso da súa historia.[2]

Everton FC[editar | editar a fonte]

O 14 de setembro de 2008 Fellaini fixo o seu debut co Everton na vitoria do seu equipo por 2-3 o Stoke City. Debido á presión exercida polos afeccionados en Goodison Park, causada pola elevada cantidade que tivo que pagar o equipo polos seus servizos, Fellaini tivo dificultades para empezar con bo pé. Despois duns partidos, porén, comezou a destacar e o 5 de outubro marcou o seu primeiro gol contra o Newcastle United. Unha vez que Marouane anotou o tanto do empate contra o Manchester United, e unha semana despois, o único gol do partido contra o Bolton Wanderers no nonaxésimo minuto, o belga gañou moita popularidade entre os seguidores do seu novo equipo.

Coa súa frondosa cabeleira, Fellaini tamén empezou a chamar a atención da prensa inglesa. En pouco tempo, os afeccionados do Everton FC comezaron a levar perrucas para parecerse a Fellaini, dándolle ademais os alcumes "Screech" e "Hairo". En decembro de 2008, os medios de comunicación de Inglaterra elixiron a Fellaini como o futbolista co mellor remate de cabeza de toda a Premier League.

Manchester United[editar | editar a fonte]

O 2 de setembro de 2013 Fellaini asinou polo Manchester United. A fichaxe levou a cabo sorpresivamente o último día do prazo de fichaxes, mediante un traspaso cifrado en 27,5 millóns de libras.[3] Fixo o seu debut oficil o 14 de setembro nunha vitoria en casa ante o Crystal Palace saíndo en substitución de Anderson no minuto 62. O seu primeiro partido completo como titular sería uns días despois, o 17 de setembro, nunha vitoria por 4-2 ante o Bayer Leverkusen na Liga de Campións da UEFA. O 5 de novembro recibiu o seu primeiro cartón vermello ante a Real Sociedad noutro partido da fase de grupos da Liga de Campións. Tras non disputar moitos partidos Fellaini foi nomeado un dss "10 peores fichaxes da Premier League 2013-2014" por The Daily Telegraph.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Toffee Web (ed.). "Marouane Fellaini" (en inglés). Consultado o 2 de xullo de 2014. 
  2. Everton FC, ed. (2 de setembro de 2008). "Fellaini becomes record signing" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2013. Consultado o 2 de xullo de 2014. 
  3. BBC Sport, ed. (3 de setembro de 2013). "Marouane Fellaini joins Manchester United for 27.5 million" (en inglés). Consultado o 2 de xullo de 2014. 
  4. The Daily Telegraph, ed. (17 de abril 2014). "The 10 worst buys of the Premier League season: in pictures" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 28 de abril de 2014. Consultado o 2 de xullo de 2014. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]