Mauricio Pinilla

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mauricio Pinilla
Información persoal
Nome Mauricio Ricardo Pinilla Ferrera
Nacemento 4 de xuño de 1984 (39 anos)
Lugar de nacemento Santiago de Chile
Altura 1,87 m.
Posición Dianteiro
Información de club
Club actual Atalanta
Número 51
Carreira xuvenil
Universidad de Chile
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2002–2003 Universidad de Chile 39 (20)
2003–2004 Internazionale 0 (0)
2003Chievo (cedido) 6 (0)
2004Celta (cedido) 6 (0)
2004–2007 Sporting CP 20 (5)
2006R. de Santander (cedido) 13 (1)
2006–2007 Hearths (cedido) 3 (2)
2007U. de Chile (cedido) 4 (2)
2007–2008 Hearths 2 (0)
2008 Vasco da Gama 3 (0)
2009 Apollon Limassol 5 (2)
2009–2010 Grosseto 24 (24)
2010–2012 Palermo 35 (10)
2012Cagliari (cedido) 14 (8)
2012–2014 Cagliari 49 (14)
2014–2015 Genoa 12 (3)
2015Atalanta (cedido) 14 (6)
2015– Atalanta 24 (6)
Selección nacional
2001 Chile sub-17 3 (5)
2003 Chile sub-21 3 (1)
2003– Chile 45 (8)
Na rede
Twitter: pinigol51 FIFA: 201787 UEFA: 91314 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Mauricio Ricardo Pinilla Ferrera, nado en Santiago de Chile o 4 de xuño de 1984, é un futbolista chileno que xoga na demarcación de dianteiro. O seu club actual é o Atalanta BC.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Formouse nas categorías inferiores do Club Universidad de Chile, debutando co primeiro equipo no ano 2002 e anotando 20 goles nos 39 encontros disputados. Esta grande actuación fai que o fiche o Inter de Milán, aínda que sería cedido ao Chievo Verona, onde non tivo moita continuidade polo que foi cedido de novo no mercado invernal ao Celta de Vigo que buscaba evitar o descenso a Segunda División, obxectivo que non acadou. O seu inicio en Vigo foi prometedor, anotando dous goles ante o Deportivo Alavés na Copa do Rei, porén sería os únicos goles que anotaría, rematando a tempada apartado do equipo. Pese a todo chegaría a debutar na Liga de Campións co equipo galego.

Ao ano seguinte foi traspasado ao Sporting de Lisboa, de onde saíu cedido a causa do baixo rendemento, esta vez ao Racing de Santander. En 2006 foi fichado polo Heart of Midlothian FC escocés, por enésima vez non tivo a continuidade necesaria polo que foi cedido ao seu club de orixe, o Club Universidad de Chile, onde tampouco deu o rendemento esperado.

No ano 2008 fichou polo CR Vasco da Gama brasileiro, equipo que rematou perdendo a categoría a final de tempada. Ao ano seguinte fichou polo Apolon Limassol chipriota, onde remataría contrato sen ter ofertas doutros clubs.

En 2009 fichou polo US Grosseto FC da Serie B italiana, onde recuperou a capacidade goleadora, alcanzando o récord de goles en partidos consecutivos, ao superar os 11 goles de Gabriel Batistuta. Ao ano seguinte foi traspasado ao US Città di Palermo, da Serie A, de onde foi cedido ao Cagliari Calcio nun primeiro momento e despois en propiedade.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]