Xabi Alonso
| Xabi Alonso |
|||
|---|---|---|---|
| Nome completo: | Xabier Alonso Olano | ||
| Alcume: | Xabi, O Tolosarra, O Donostiarra | ||
| Data de nacemento: | 25 de novembro de 1981 | ||
| Lugar de nacemento: | Tolosa, Guipúscoa, España | ||
| Data de falecemento: | {{{datafalecemento}}} | ||
| Lugar de falecemento: | {{{cidadefalecemento}}}, {{{paisfalecemento}}} | ||
| Nacionalidade: | |||
| Club actual: | Real Madrid | ||
| Posición: | Centrocampista | ||
| Altura: | 1,82 metros | ||
| Partidos internacionais: | 76 | ||
| Goles: | 9 (selección) | ||
| Ano do debut: | 2001 | ||
| Club do debut: | Real Sociedad | ||
| Ano do retiro: | {{{anoretiro}}} | ||
| Club do retiro: | {{{clubretiro}}} | ||
Xabier Alonso Olano, máis coñecido como Xabi Alonso, nado en Tolosa (Guipúscoa) o 25 de novembro de 1981, é un futbolista vasco. Xoga na posición de centrocampista e o seu actual (2010) equipo é o Real Madrid, da Primeira División de España.
Tamén xoga na selección de fútbol de España, coa que gañou a Copa Mundial de Fútbol en 2010 e as Eurocopas de 2008 e 2012, un triplete inédito na historia do fútbol.[1]
Índice |
Traxectoria [editar]
Alonso comezou a súa carreira na Real Sociedad, de onde foi cedido brevemente ao SD Eibar. John Toshack apostou por Alonso como capitán txuri urdin e o xogador logrou triunfar no seu novo rol, conseguindo levar a Real Sociedad ao subcampionato na tempada 2002-03 que acabou gañando o Real Madrid. O mediocentro tolosarra foi traspasado ao final desa mesma tempada ao Liverpool FC por 10,5 millóns de libras. Con este conxunto conquistou unha Liga de Campións da UEFA na súa primeira tempada nas illas británicas. Na súa segunda campaña en Anfield gañou a FA Cup e a FA Community Shield. Tras cinco tempadas no Liverpool, Alonso fichou polo Real Madrid o 4 de agosto de 2009 a cambio de 30 millóns de libras (máis de 35 millóns de euros).
Como internacional, Alonso participou con España nas Eurocopas de 2004 e 2008 e no Mundial de Alemaña 2006. O seu debut coa selección española produciuse en abril de 2003 nun partido fronte a Ecuador con vitoria española por 4-0. En 2008 gañou a Eurocopa 2008 con España.
O 11 de xullo de 2010 proclamouse campión da Copa Mundial de Fútbol coa selección española en Sudáfrica.
Clubs [editar]
| Club | País | Ano |
|---|---|---|
| Antiguoko | España | 1997-1999 |
| Real Sociedad | España | 1996-2000 |
| SD Eibar | España | 2000 |
| Real Sociedad | España | 2001-2004 |
| Liverpool FC | Inglaterra | 2004-2009 |
| Real Madrid | España | 2009- |
Selección nacional de España [editar]
O seu debut produciuse o 30 de abril de 2003 en Madrid, nun partido amigable no que a Selección de fútbol de España gañou 4-0 a Ecuador.
Participou nas fases finais da Eurocopa 2004 e do Mundial de Alemaña 2006. Neste Mundial marcou o primeiro gol de España na competición, no partido contra Ucraína, que terminaría 4-0 a favor do combinado español.
O 29 de xuño de 2008, Alonso proclamouse xunto ao seu equipo, campión da Eurocopa 2008. Alonso debutou no terceiro partido da fase de clasificación ante Grecia, encontro no que foi elixido mellor xogador.[2] Tamén xogou nas roldas eliminatorias do torneo como suplente.
No 2009, disputou a Copa Confederacións con España, onde no partido de consolación polo terceiro posto contra Sudáfrica marcou un gol de libre directo na prórroga, gol decisivo para a vitoria de España por 3-2.
O 11 de xullo de 2010 proclamouse campión da Copa Mundial de Fútbol coa selección española en Sudáfrica.
Alonso disputou tamén partidos internacionais amigables coa selección de Euskadi.[3]
Palmarés [editar]
Campionatos nacionais [editar]
| Título | Club | País | Ano |
|---|---|---|---|
| FA Cup | Liverpool FC | Inglaterra | 2006 |
| Community Shield | Liverpool FC | Inglaterra | 2006 |
Copas internacionais [editar]
Distincións individuais [editar]
- Mellor xogador do partido contra Grecia na fase clasificatoria da Eurocopa 2008.
- Mellor xogador do partido polo terceiro posto na Copa Confederacións 2009 convertendo o gol da vitoria.
- Elixido entre os 30 mellores xogadores da FIFA na tempada 2004-05.
Notas [editar]
- ↑ "España reescribe a historia". Marca. 1 de xullo de 2012. http://www.marca.com/eventos/marcador/futbol/2012/eurocopa/final/spa_ita/.
- ↑ UEFA Euro 2008. "Gañadores do xogador do partido". http://es.euro2008.uefa.com/fanzone/motm/winners.html. Consultado o 29 de xuño de 2008.
- ↑ Lerena, Ángela (8 de agosto de 2009). "A personalidade vasca de Xabi Alonso". http://criticadigital.com/impresa/index.php?secc=nota&nid=28827. Consultado o 31 de xaneiro de 2010.
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
|
|||||||
|
|||||||
|
|||||||