Rede social

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Facebook, unha das principais redes sociais.

Unha rede social é unha estrutura social que se pode representar en forma dun ou varios grafos nos cales os nodos representan individuos ou autores e no que arestas os relacionan entre si.

Historia[editar | editar a fonte]

Dende finais dos anos noventa a comezos do século XXI, redes como MiGente permitían relacionarse entre si aos seus usuarios, que creaban perfís que lles permitían atopar amigos nas súas redes sen autorización por parte das conexións.

Dende entón, e coa aparición da chamada Web 2.0, foron xurdindo diversas redes sociais. Algunhas quedaron en desuso, pero as que seguen a competir a nivel mundial son MySpace, Facebook, Tuenti e Twitter.

Redes populares[editar | editar a fonte]

A continuación hai unha relación con algunhas das redes sociais máis populares na internet.

MySpace[editar | editar a fonte]

Artigo principal: MySpace.

MySpace entrou no ano 2003 e a diferenza do resto das redes sociais dálle a opción do usuario de personalizar as súas propias páxinas. Xurdiu como unha rede para adolescentes pero máis tarde atraeu a outros grupos de idade. A data de hoxe, os que máis importancia teñen nesta rede son os músicos, seguidos da xente nova e adultos que pasaron xa a etapa universitaria.

Facebook[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Facebook.

Facebook apareceu na súa orixe coma páxina para universitarios, na que para entrar se estaba na obriga de que os usuarios deran unha dirección de correo electrónico que gardase relación con institucións educativas. Aínda que se instalase coma unha rede relativamente pechada, máis tarde ampliouse para incluír primeiro a estudantes de secundaria, profesionais e, finalmente, todos os usuarios potenciais de Internet. A diferenza doutros SRS, no Facebook só se poden facer públicos os perfís a outros usuarios do sitio. Outra característica que o distingue é a capacidade para desenvolvedores externos de crear aplicacións o que permite a cada usuario personalizar o seu perfil e realizar outras tarefas.

Tuenti[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Tuenti.

Tuenti permite ao usuario crear o seu propio perfil e compartir fotos, vídeos e blogs cun nivel de privacidade personalizable. Ademais, permite a posibilidade de etiquetar a amigos nas fotos e crear eventos (posibilidade que tamén outorgan Facebook e Twitter). En principio, igual que Facebook, foi creada como unha rede para universitarios e xente coñecida do creador, Zaryn Dentze, un estadounidense residente en Madrid, pero máis tarde, e por mor do seu éxito, foise estendendo e todo o mundo pode rexistrarse recibindo invitación dun amigo, cun límite de 10 invitacións por usuario.

A orixe do nome tuenti xurdiu pola necesidade de que o nome incluíse os termos “tu” e “ti”, e dese xeito apareceu o nome, sendo unha fusión que significa “tu entidad”.

Twitter[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Twitter.

Twitter foi creada no 2006 en San Francisco que permite a cada usuario a publicación de actualizacións persoais, á vez que permite ler as de outros usuarios. Estas actualizacións ou tweets teñen un máximo de 140 caracteres. Un usuario pode seguir os tweets doutro facéndose seguidor do mesmo, e á súa vez ser seguido polos demais.

Cabozo[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Cabozo (rede social).

Cabozo xurdiu no ano 2007 grazas ao programador Antonio Mariño. Inicialmente fora denominado como Pantry (en inglés, despensa)[1], e non foi até 2008 cando mudou a súa denominación até a actual. Malia todo, non foi até 2009 cando se abriu ao público. Actualmente Cabozo conta cunha comunidade darredor de 7.000 persoas entre os usuarios rexistrados na propia web e os seus seguidores en distintas plataformas sociais[2].

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]