Extinción

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

O tigre de Bali foi declarado extinto en 1937

En bioloxía e ecoloxía, extinción é a desaparición de todos os membros dunha especie ou xénero. Considérase extinta unha especie a partir do intre en que morre o último individuo desta. Debido a que o seu rango de distribución potencial pode ser moi grande, determinar ese momento pode non ser doado, polo que decote faise en retrospectiva. Estas dificultades poden conducir a fenómenos como o Taxon Lazarus, no que unha especie que se presumía extinta reaparece abruptamente tras un período de aparente ausencia. No caso de especies que se reproducen sexualmente, a extinción é xeralmente inevitábel cando só queda un individuo da especie, ou unicamente individuos do mesmo sexo.

Segundo datos da Unión Mundial para a Conservación da Natureza (UICM, nas súas siglas en inglés), no planeta hai 17 mil especies de animais e plantas ameazadas de extinción incluíndo un terzo dos anfibios, máis de unha de cada oito especies de aves e preto dun cuarto dos mamíferos.[1]

[editar] Referencias

  1. Nos últimos cinco séculos desapareceron 869 especies Vieiros.com, 04/07/09, Consultada o 04/07/09
Ferramentas persoais