Juan Mata

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Juan Mata
Juan Mata Chelsea vs AS-Roma 10AUG2013.jpg
Mata de viaxe co Chelsea en 2013
Información persoal
Nome completo Juan Manuel Mata García
Nacemento 28 de abril de 1988 (26 anos)
Lugar Burgos, España
Altura 1,70 m.
Posición Centrocampista
Información de club
Club actual Manchester United
Número 8
Carreira xuvenil
1998–2003 Oviedo
2003–2006 Real Madrid
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2006–2007 Real Madrid B 39 (10)
2007–2011 Valencia 129 (33)
2011–2014 Chelsea 82 (18)
2014– Manchester United 0 (0)
Selección nacional
2004 España sub-16 3 (2)
2004 España sub-17 2 (1)
2006–2007 España sub-19 13 (12)
2007 España sub-20 5 (3)
2007–2011 España sub-21 20 (5)
2009– España 32 (9)
* Partidos e goles só en liga doméstica. Actualizados a 1 de xaneiro de 2014.
† Aparicións (Goles)
‡ Actualizado a 15 de outubro de 2013.

Juan Manuel Mata García, nado en Burgos o 28 de abril de 1988, é un futbolista español. Xoga de centrocampista e o seu equipo actual é o Manchester United.

Tamén xoga na selección de fútbol de España, coa que gañou a Copa Mundial de Fútbol en 2010 e a Eurocopa de 2012, dous dos tres títulos do triplete conseguido pola selección entre 2008 e 2012, inédito na historia do fútbol.[1]

Biografía[editar | editar a fonte]

Mata naceu en Burgos (onde nese momento xogaba o seu pai), aínda que é de familia asturiana e el considérase como tal.[2] Aos tres anos de idade regresou a Oviedo. Comezou a xogar ao fútbol en La Fresneda, logo formou parte do Juventud Estadio, equipo ovetense, ata que con 12 anos foise ao Real Oviedo. A pesar da súa idade xa apuntaba xeitos debido a técnica, á súa velocidade e aos seus goles e driblins, características que lle valeron para que, tras pasar tres anos no equipo asturiano, fichase polas categorías inferiores do Real Madrid con 15 anos. Debutou no Cadete A e foi subindo banzos cada tempada, logo o Xuvenil C e finalmente o Xuvenil A en a tempada 2005-2006 e co que gañou a liga e a Copa de Campións Xuvenil.

Ese mesmo ano disputou tamén o Campionato Europeo Sub-19 coa selección española, no que se proclamou campión e anotou 4 goles, pechando así unha campaña espectacular. Isto valeulle para dar o salto ao Real Madrid Castilla sen nin sequera ter que pasar polo Real Madrid C.

Na tempada 2006-07 Juan Mata xogou no Real Madrid Castilla. A súa posición no campo trasladouse á banda esquerda, actuando como extremo, aínda que sen perder o seu olfacto de cara ao gol xa que terminou como o segundo máximo goleador do filial con 10 goles tras o dianteiro Negredo.

Mata en 2007 chega ao Valencia CF onde ao principio non conta para o adestrador dese momento (Quique Sánchez Flores) pero tras a marcha deste, chega Ronald Koeman o cal conta con el. A súa achega é moi destacada na Copa do Rei con 4 goles en partidos tan decisivos como nas semifinal contra o FC Barcelona en Mestalla ou os goles no Vicente Calderón na final e en cuartos de final.

Na tempada 2008-09 empezou como titular nun Valencia CF que fixo o mellor arranque ligueiro da súa historia. Participou activamente con 6 goles na liga e marcando algúns importantes como en Mestalla contra o Osasuna o cal valeu 3 puntos. En competición europea estreouse marcando un gol de cabeza na Copa da UEFA contra o Rosenborg. Durante a campaña 2008-09 marcou un total de 12 goles en liga, 1 en Copa do Rei e outro máis na Copa da UEFA. Tamén destacou polas súas asistencias nas tres competicións que axudaron ao equipo a acabar en sexta posición. Foi xunto a David Villa o mellor do Valencia CF nesa tempada.

A tempada 2009-10 empeza para el marcando o primeiro gol do equipo contra o Sevilla FC a pase de Ever Banega, un gol que permitiu ao Valencia CF encarrilar o partido, un partido que ao final pechou Pablo Hernández co 2-0 a pase do mesmo Banega. Nesta tempada herda o dorsal número 10 que fora portado por Miguel Ángel Angulo, durante moitísimas tempadas, e doutros xogadores destacados na historia do club ché como Kempes ou Guillot. Nesta tempada marca 32 goles en competicións oficiais e 4 máis coa Selección.

Selección española[editar | editar a fonte]

Foi internacional coa Selección española Sub-19, coa que gañou o Campionato Europeo de 2006 disputado en Polonia, protagonizando unha gran actuación e marcando 4 goles na fase final, sendo o segundo máximo goleador do equipo por detrás de Alberto Bueno. No Mundial sub-20 de Canadá anotou un importante gol contra Zambia na primeira fase.

Foi convocado por primeira vez coa absoluta por Vicente del Bosque para un amigable contra Chile aínda que non debutou. O seu primeiro gol coa Selección foi no partido de clasificación para o Mundial 2010, onde Mata lucindo o seu novo dorsal o número "13" marcou un gol no minuto 90 ante Estonia a un gran pase de Cazorla (3-0 para España)[3] Devandita convocatoria repetiuse de face ao dobre enfrontamento contra Turquía, dentro da fase de clasificación para o mundial de 2010.[4] Participou algúns minutos na Copa Confederacións. Foi 9 veces internacional, marcando 7 goles.

O 11 de xullo de 2010 proclamouse campión da Copa Mundial de Fútbol coa selección española en Sudáfrica.


Estatísticas[editar | editar a fonte]

Club Tempada Liga Copa Europa Outros* Total
PX Goles Asist. PX Goles PX Goles PX Goles PX Goles Asist.
Valencia CF 2007/08 34 9 1 2 0 14 5 6 0 50 14 9
2008/09 37 11 9 2 1 5 1 6 2 49 15 14
2009/10 24 5 0 8 4 1 0 4 0 36 9 ?
Total 85 23 10 12 6 14 2 16 2 119 38 25

*Inclúe a Supercopa de España e amigables de pretemporada.

Palmarés[editar | editar a fonte]

Club[editar | editar a fonte]

Valencia
Chelsea

Notas[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]