Modelo (moda)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Unha modelo nunha sesión de fotos
Modelos desfilando nunha pasarela

Un modelo (do francés medieval modèle//aew),[1] é unha persoa que é empregada para promocionar ou anunciar publicitariamente produtos (principalmente relacionados coa roupa e a moda) ou para servir como obxecto visual para artistas que están a crear obras de arte.

Na actividade do modelo é posible distinguir dúas grandes categorías:

  • Os modelos de pasarela (asociados a presentar pezas de deseñadores de moda).
  • Os modelos de fotografía (vencellados á publicidade de produtos e ás artes visuais e de deseño).

Cada unha destas categorías require dun perfil específico. As oportunidades son moito máis amplas para as persoas que queren ser modelo de fotografía publicitaria. As características máis elevadas para unha modelo establécense no campo dos desfiles de moda, no que non só é preciso ter beleza, figura e altura , senón tamén unha serie de coñecementos específicos para os que existen mesmo escolas especializadas.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Gross, Michael. Model : the Ugly Business of Beautiful Women. Nova York: IT Books, 2011. ISBN 0-062-06790-7
  • Hix, Charles, e Michael Taylor. Male Model: the World Behind the Camera. Nova York: St. Martin's Press, 1979. ISBN 0-312-50938-3
  • Mears, Ashley. Pricing Beauty : the Making of a Fashion Model. Berkeley : University of California Press, 2011. ISBN 0-520-26033-3
  • Vogels, Josey, e Smee, Tracy. "Object of Desire: Idealized Male Bodies Sell Everything from Underwear to Appliances; Are We Creating a Male Beauty Myth?" Hour (Montréal), vol. 3, no. 46 (14-20 Dec. 1995), p. [1], 10-11. N.B.: The caption title (on p. 10) is "Male Attention".

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.