Félidos
| Felidae | |||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Un tipo de félido, o gato ocelote |
|||||||||||||||||||||
| Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
|
|||||||||||||||||||||
| Subfamilias | |||||||||||||||||||||
Os félidos (Felidae) son unha familia de mamíferos carnívoros da cal forman parte tanto o puma como o gato, o lince ou o león.
As características comúns destes mamíferos son a existencia de pelo que recobre todo o seu corpo e a súa característica velocidade atrapando as súas presas (guepardo: 108 km/h; tigre: 80 km/h; leopardo: 60 km/h e león: 50 km/h), que capturan coas súas afiadas poutas, que, a excepción dos guepardos, teñen unhas unllas que poden retraer dentro dunha vaina protectora. Posúen un oído agudo e unha excelente vista sendo uns cazadores moi sixilosos. A pelaxe é variada, dependendo da especie e ofrece unha eficaz protección térmica. O seu pelello é moi cobizado, estando moitas das corenta especies desta familia ameazadas. Alén da caza pola súa pel, tamén periga o seu hábitat, como lle pasa ao lince ibérico (Lynx pardinus), o félido en maior perigo de extinción.
As 5 especies actuais máis grandes da familia son, por esta orde: o tigre, o león, o xaguar, o leopardo e o leopardo das neves.
Índice |
Orixe e evolución [editar]
A familia Felidae xurdiu en Eurasia durante o Oligoceno, posiblemente a partir da familia Miacidae. Estes primeiros félidos de pequeno tamaño foron expandíndose, alcanzando África e Norteamérica a principios do Mioceno. No Mioceno medio diversificáronse, aparecendo os chamados dentes de sable (Machairodontinae), os felinos e os panterinos, que se dispersaron por Eurasia, África e Norteamérica. A finais do Plioceno chegaron tamén a Sudamérica durante o denominado Gran Intercambio Americano.[1]
Clasificación [editar]
Dentro dos félidos atópanse as seguintes subfamilias e xéneros:[2]
- Familia Felidae
- Subfamilia Felinae
- Xénero Acinonyx
- Acinonyx jubatus - guepardo
- Xénero Caracal
- Caracal caracal - caracal (mal chamado lince africano, xa que non está relacionado co xénero Lynx)
- Xénero Catopuma
- Catopuma badia - gato vermello de Borneo
- Catopuma temminckii - gato dourado asiático
- Xénero Felis
- Felis bieti - gato chinés do deserto ou gato montés chinés; a UICN considérao unha subespecie de Felis silvestris (Felis silvestris bieti)[3]
- Felis catus - gato doméstico; a UICN considérao unha subespecie de Felis silvestris (Felis silvestris catus)[4]
- Felis chaus - gato selvático, gato da xungla ou gato do pantano
- Felis manul - manul ou gato de Pallas
- Felis margarita - gato do deserto
- Felis nigripes - gato de pés negros
- Felis silvestris - gato montés euroasiático
- Xénero Leopardus
- Leopardus braccatus - gato do Pantanal
- Leopardus colocolo - gato colocolo
- Leopardus geoffroyi - gato montés sudamericano ou gato de Geoffroy
- Leopardus guigna - kodkod ou huíña
- Leopardus jacobitus - gato de montaña ou gato andino
- Leopardus pajeros - gato das pampas ou gato palleiro
- Leopardus pardalis - ocelote
- Leopardus tigrinus - leopardo tigre
- Leopardus wiedii - tigrillo, margai ou gato tigre
- Xénero Leptailurus
- Leptailurus serval - serval
- Xénero Lynx
- Lynx canadensis - lince de Canadá
- Lynx lynx - lince boreal
- Lynx pardinus - lince ibérico
- Lynx rufus - lince vermello ou gato montés de Norteamérica
- Xénero Pardofelis
- Pardofelis marmorata - gato xaspeado
- Xénero Prionailurus
- Prionailurus bengalensis - gato de Bengala ou gato leopardo
- Prionailurus bengalensis iriomotensis - gato de iriomonte
- Prionailurus planiceps - gato de cabeza plana
- Prionailurus rubiginosus - gato rubio manchado
- Prionailurus viverrinus - gato pescador
- Xénero Profelis
- Profelis aurata - gato dourado africano
- Xénero Puma
- Puma concolor - puma
- Puma yagouaroundi - xaguarundi ou gato lontra
- Xénero Acinonyx
- Subfamilia Pantherinae
- Xénero Neofelis
- Neofelis nebulosa - pantera nebulosa
- Neofelis diardi - pantera nebulosa de Borneo
- Xénero Panthera
- Panthera leo - león
- Panthera onca - xaguar
- Panthera pardus - leopardo
- Panthera tigris - tigre
- Panthera uncia - leopardo das neves ou irbis
- Xénero Neofelis
- Subfamilia Machairodontinae †
- Subfamilia Proailurinae †
- Subfamilia Felinae
Galería de imaxes [editar]
Notas [editar]
- ↑ Garrido, G. e Arribas, A. (2008). "Generalidades sobre los carnívoros del Villafranquiense superior en relación con el registro fósil de Fonelas P-1". Cuadernos del Museo Geológico y Minero de España (10): 85-146. http://www.igme.es/internet/museo/investigacion/paleontologia/Fonelas/ficheros%20pdf/6%20Fonelas%20P-1%20Generalidades%20carnivoros%20Villafranquiense.pdf.
- ↑ "Mammal Species of the World": Feliadae en WILSON, Don E.; REEDER, Dee Ann M. (eds.): "Mammal Species of the World: A Taxonomic and Geographic Reference". 3ª ed. Johns Hopkins University Press. Baltimore. 2005. ISBN 978-0-8018-8221-0.
- ↑ Sanderson, J., Mallon, D.P., Driscoll, C., Breitenmoser, U., Breitenmoser-Wursten, C. 2008. Felis silvestris ssp. bieti. Lista Vermella da UICN. Versión do 2010.4. Consultado o 29 de abril de 2012.
- ↑ Sanderson, J., Mallon, D.P., Driscoll, C., Breitenmoser, U., Breitenmoser-Wursten, C. 2008. Felis silvestris ssp. catus. In: IUCN 2010. IUCN Red List of Threatened Species. Versión 2010.4. Consultado o 29 de abril de 2012
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- A Evolução dos Gatos (en portugués)
- Family Felidae (en inglés)
- Felidae en "Fauna ibérica; mamíferos". Ángel Cabrera Latorre. 1914. Facsímile electrónico. (en castelán)