Selección de fútbol do Brasil

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Selección de fútbol de Brasil")
Flag of Brazil.svg
Brasil
EstrellaOro PPN.svg EstrellaOro PPN.svg EstrellaOro PPN.svg EstrellaOro PPN.svg EstrellaOro PPN.svg
Actual campión do mundo Actual campión do Mundo
Actual campión de Europa Actual campión de Europa
Actual campión de África Actual campión de África
Actual campión de SudaméricaActual campión de Sudamérica
Actual campión de NorteaméricaActual campión de Norteamérica
Actual campión de Asia
Actual campión de Oceanía
Flickr - tpower1978 - Sendai Cup.jpg
Na súa casa


Fóra


Asociación Confederação Brasileira de Futebol — CBF
Confederación CONMEBOL (Sudamérica)
Código FIFA
Alcume A Canarinha
Ranking FIFA 3 (14 de xullo de 2010)
Seleccionador Flag of Brazil.svg Luiz Felipe Scolari
Máis partidos Cafu (128)
Máximo goleador Pelé (77)
Estrea internacional
Arxentina Flag of Argentina.svg 3 - 0 Brasil Brasil
(Bos Aires, Arxentina; 20 de agosto, 1914)
Maior vitoria
Brasil Brasil 14 - 0 Flag of Nicaragua.svg Nicaragua
(México; 17 de outubro, 1975)
Maior derrota
Uruguai Flag of Uruguay.svg 6 - 0 Brasil Brasil
(Viña del Mar, Chile; 18 de setembro, 1920)
Campionato do Mundo
Participacións 19 (Uruguai 1930)
Mellor resultado 1º (5) (1958, 1962, 1970, 1994, 2002)
Copa América
Participacións 32 (Arxentina 1916)
Mellor resultado 1º (8) (1919, 1922, 1949, 1989, 1997, 1999, 2004, 2007)

A selección nacional de fútbol de Brasil é o equipo que representa a Brasil en campionatos internacionais de fútbol. A Canarinha, como é coñecida popularmente, é o equipo máis laureado a nivel mundial tras acadar a vitoria en cinco campionatos. Tamén ten o record de participar tódalas veces que se xogou o torneo. A selección está rexida pola Confederação Brasileira de Futebol, afiliada á CONMEBOL.

Brasil gañou o seu primeiro mundial no ano 1958 en Suecia, onde xa destacaba un mozo Pelé que marcou dous goles na final. O encontro rematou 5-2. Catro anos despois, en Chile no ano 1962 volverían repetir éxito. O terceiro campionato lográrono en 1970, en México. Brasil presentou o que posiblemente sexa o mellor equipo de tódolos tempos, con estrelas coma Pelé, Tostao, Gérson, Jairzinho ou Rivelino. Gañaron cantos encontros desputaron nese torneo. Ademais quedaron co trofeo en propiedade ó se-los primeiros en gañar por tres veces a copa.

Só nos Mundial de 1994, 24 anos despois de que Brasil gañase a súa terceira copa do mundo, foilles posible gañar outro título mundial. A disputada final nos mundiais dos EEUU contra o seu rival de 1970 a selección italiana. O marcador ó final do partido foi de 0-0 polo que Brasil e Italia disputáronse, por primeira vez na historia do torneo, a final na ronda de penaltis. Despois de acabar como segundo no Mundial de 1998 Brasil gañou o seu quinto campionato no Mundial de 2002 en Xapón e Corea do Sur. A final xogouse entre duas das mellores seleccións na historia do fútbol Alemaña e Brasil.

Historia[editar | editar a fonte]

Comezos[editar | editar a fonte]

A selección en 1930, ano no que se xogou o primeiro mundial.

A selección brasileira foi formada por primeira vez o 20 de agosto de 1914. Xogou o seu primeiro partido contra o Exeter City inglés, no campo do Fluminense, o 27 de xullo daquel ano. O partido rematou con vitoria para os brasileiros por 2 a 0, sendo o primeiro gol marcado por Oswaldo Gomes, do Fluminense. Con todo, o equipo aínda xogou máis partidos aquel ano, en dous contra a selección de Arxentina, un amigable o 20 de setembro e outro oficial valendo a Copa Roca o 27 de setembro. Esta competición visaba aproximar máis a estes dous países, en que acabou vencendo por 1 a 0 en Bos Aires (gol de Rubens Salles) consagrándose campioa do torneo, sendo ese o primeiro de varios títulos conquistados pola selección Canarinha.

O primeiro título relevante conquistado pola selección brasileira foi o Campionato Sudamericano de 1919, actual Copa América, con Friedenreich marcando o gol do título sobre Uruguai, no Estadio das Laranjeiras construído polo Fluminense para esta ocasión, xa que o goberno brasileiro non tiña o diñeiro para financiar este evento internacional. En 1922, o Fluminense ampliou o seu estadio e a selección brasileira conquistou o segundo título relevante de súa historia, o bicampeonato do Sudamericano de Seleccións.

Brasil é a única nación que se ten clasificado para tódalas edicións da Copa do Mundo. Con todo, as participacións iniciais do país estiberon lonxe de seren exitosas. Iso debese á disputa interna do fútbol brasileiro sobre o profesionalismo, o que fixo que a Confederación Brasileira de Fútbol fose incapaz de convocar equipos cos mellores xogadores. En particular, disputas entre as federacións estaduais de San Paulo e de Río de Xaneiro (as dúas máis importantes da época) significaban que a selección estaría composta por xogadores vidos dunha soa desas federacións. Tanto no Mundial de 1930, cando Preguinho marcou o primeiro gol da historia da Selección Brasileira na Copa do Mundo, na estrea contra Iugoslavia, en que o Brasil perdeu por 2 a 1, canto na de 1934, Brasil foi eliminado pronto na primeira fase, mais 1938 era un sinal do que viría, unha vez que Brasil terminou nun bo terceiro lugar, con Leônidas da Silva facendo historia e sendo o primeiro xogador a marcar catro goles nun único encontro de Copa do Mundo.

Brasil acolleu a Copa do Mundo de 1950, que foi o primeiro torneo a acontecer despois da Segunda Guerra Mundial, e a único até 2014 celebrado en Brasil. O torneo de 1950 foi único por non ter unha única final, mais ao contrario diso, unha final cuadrangular; con todo, para todos os fins o xogo decisivo entre Brasil e Uruguai serviu como "final" do torneo. O partido foi xogado no estadio de Maracanã en Río de Xaneiro (entón capital do país), cunha asistencia en torno aos 200.000 espectadores, e Brasil só precisando dun empate para ser campión. Porén, acabou perdendo por 2 a 1 tras unha remontada, polo que ese partido dende entón ficou coñecido como o Maracanazo.

A selección xogou de branco até a data fatídica de 16 de xullo de 1950, cando perdeu contra Uruguai. Tras esa data houbo un concurso para escoller o novo uniforme do equipo, sendo escollidos o amarelo como cor da camiseta, o azul como cor do calzón e o branco coma cor das medias. O concurso, promovido polo xornal Correio da Manhã, de Río de Xaneiro, foi gañada polo profesor, xornalista gaúcho e, ironicamente, seareiro de Uruguai Aldyr Garcia Schlee. Para a Copa do Mundo de 1954, en Suíza, o equipo brasileiro estaba completamente renovado, para que a derrota do Maracanã puidese ser esquecida, mais aínda tiña un bo grupo de xogadores, incluíndo Nilton Santos, Djalma Santos, Julinho e Didi. Brasil non chegou moi lonxe por dúas razóns principais: a necesidade que seus xogadores tiñan para probar que non eran covardes (como moitos foron acusados en 1950) e o reto de afrontar a Hungría, o mellor equipo daquela Copa, na fase previa.

Idade de Ouro: Pelé e Garrincha[editar | editar a fonte]

O técnico do Brasil, Vicente Feola impuxo regras estritas para o equipo para a Copa do Mundo de 1958, en Suecia. Os xogadores recibiron unha lista de corenta cousas que eles non tiñan permiso de facer, incluíndo usar chapeu ou paraugas, fumar mentres vestían uniforme oficial e conversar coa prensa fóra dos locais designados. Foi o único equipo que levou un psicólogo (por mor da lembranza de 1950, que aínda afectaba algúns xogadores) ou un dentista (xa que, por causa de súas orixes humildes, moitos xogadores tiñan problemas dentais, o que causaba infeccións e tiñan tamén un impacto negativo nos partidos) con eles, ademais mandaron un representante a Europa para asistir aos partidos eliminatorios un ano antes do comezo do torneo.

Unha vez comezado o mundial, Brasil caeu no grupo máis difícil, con Inglaterra, Unión Soviética e Austria. No primeiro encontro Brasil bateu a Austria por 3 a 0, e despois empatou 0 a 0 con Inglaterra. Os brasileiros estaban preocupados co seu partido fronte os soviéticos, que tiñan un físico excepcional e eran un dos favoritos a gañar o torneo; a súa estratexia era arriscar no comezo do xogo para tentar marcar un gol pronto no inicio. Antes do partido, os líderes do equipo, Bellini, Nílton Santos e Didi, falaron co técnico e o persuadiron para facer tres substitucións que serían cruciais para gañar aos soviéticos e a Copa: Zito, Garrincha e Pelé comezarían o xogo contra a Unión Soviética. No asubío inicial, pasaron a bóla a Garrincha que pasou por tres xogadores antes de acertar a trabe cun xute. Brasil mantivero a presión sen descanso, e tras tres minutos, que máis tarde serían chamados de "os tres minutos máis grandiosos da historia do fútbol", Vavá deu ao Brasil o primeiro gol. finalmente o partido rematou con vitoria por 2 a 0.

Pelé marcou o único gol do partido de cuartos de final contra Gales, e posteriormente bateron a Francia por 5 a 2 nas semifinais. Xa na final, Brasil venceu aos anfitrións, Suecia, por 5 a 2, gañando súa primeira Copa do Mundo e converténdose a primeira selección en gañar un título de Copa do Mundo fóra de seu propio continente. Repetiu o feito en 2002, ao triunfar na Asia, sumando títulos en tres continentes. Despois de BrasilEspaña conseguiu un título mundial fóra do propio continente, conseguíndoo na Copa do Mundo de 2010 en Sudáfrica. Un traxe lembrado foi que Feola algunhas veces tiraba sonecas durante os adestramentos e fechaba os ollos durante os xogos, dando a impresión que el estaba durmindo! Por causa diso, Didi algunhas veces era tido como o certo técnico do equipo, xa que el comandaba o medio de campo. Outro detalle: na final da Copa, cando afrontou a Suecia, o equipo brasileiro tivo que arrumar o segundo uniforme urxentemente, xa que o sueco era amarelo tamén. A Suecia prestou ao Brasil seu uniforme reserva (camisetas azuis e calções brancos), e hai informacións de que os propios xogadores costuraram os distintivos da CBD (Confederación Brasileira de Deportes) durante a noite na camiseta no lugar dos distintivos suecos. Así xurdiu o uniforme reserva do Brasil. Dise que o xefe da delegación, Paulo Machado de Carvalho, tentou estimular os xogadores asociando o azul da camisa ao "manto de Nosa Señora".

Selección Brasileira no Campionato Sudamericano de 1959.

Na Copa do Mundo de 1962, Brasil conseguiu o seu segundo título con Garrincha como a gran estrela, facendo goles de cabeza e tamén coa súa perna esquerda e aínda xogando con febre a final, especialmente tras terse Pelé machucado no segundo partido e estar imposibilitado de xogar o resto do Mundial. Na Copa do Mundo de 1966, a preparación do equipo estivo afectada por mor de influencias políticas. Tódolos grandes clubs do fútbol brasileiro querían aos seus xogadores incluídos no equipo brasileiro para darlles maior exposición. Durante os meses finais da preparación, o técnico Vicente Feola estaba traballando con 46 xogadores, dos cales só 22 irían a Inglaterra; iso causou moitas disputas internas e presión psicolóxica. O resultado foi que, en 1966, Brasil tivo unha das súas peores actuacións de tódalas Copas do Mundo. Alén diso, a derrota contra Hungría supuxo a única derrota de Garrincha coa camisa da selección.

Antes da Copa do Mundo de 1970, houbo un amigable o 3 de setembro de 1969 contra o Atlético Mineiro e a futura selección campioa de 1970 fóra derrotada por 2x1. Despois do ocorrido, foron prohibidos xogos amistosos de equipos brasileiros coa selección. Brasil gañou súa terceira Copa do Mundo no México na Copa do Mundo de 1970. Naquela ocasión, colocou en campo o que foi considerado, segundo unha pescuda global con especialistas, realizada pola revista inglesa World Soccer, o mellor equipo de fútbol de tódolos tempos con Pelé, na súa última edición de Copa do Mundo, Carlos Alberto Torres, Jairzinho, Tostão, Gérson, Piazza, Clodoaldo e Rivelino. Tras gañar a Copa Jules Rimet por terceira vez, Brasil puido quedar con ela en propiedade. Porén, foi roubada e derretida anos máis tarde. Unha réplica foi feita o 19 de xaneiro de 1984, totalmente confeccionada a partir dos seus moldees orixinais, mantendo totalmente súas características. Despois desa conquista, a selección pasaría 24 anos sen conquistar unha Copa. Nese período de tempo, Brasil chegou a perder a Copa do Mundo de 1982 cunha selección que tiña xogadores como Zico, Sócrates, Falcão e Júnior, sendo considerada por moitos unha das mellores selección da historia dos mundiais.

Pentacampións[editar | editar a fonte]

En 1994, Brasil non estaba considerada como unha das favoritas. Un ano antes, nas eliminatorias, clasificarase no último momento grazas á axuda de Romário, que foi até alcumado de San Romário. Xa na Copa disputada nos Estados Unidos, o equipo de Carlos Alberto Parreira estaba considerado como demasiado defensivo, o que contrariaba o estilo tradicional do fútbol brasileiro. No decorrer da competición, mentres, o Brasil foi superando barreiras e clasificándose para as seguintes fases. Foi o primeiro do seu grupo na primeira fase, despois de vencer a Camerún e a Rusia e empatar con Suecia. Nos oitavos de final, eliminou a Selección dos Estados Unidos en pleno día 4 de xullo. Nos cuartos de final, nun partido emocionante, eliminou aos Países Baixos e, nas semifinais, volveuse a atopar con Suecia, despachando finalmente á selección escandinava. Na final, derrotou a Italia nos penaltis, tras un empate sen goles despois do tempo normal e a prórroga. Pasaría así a ser a primeira selección en conquistar catro copas do mundo e a primeira en conquistar o título a grazas a unha rolda de penalitis.

Anos despois, na clasifiación para o Mundial de 2002, a selección brasileira volvía a ter problemas para clasificarse, entre 1998 e 2002 a sleeción tivo até catro técnicos diferentes: Luxemburgo, Candinho, Emerson León e Scolari. Outra vez a Seleção non era vista como favorita e, outra vez, acabou sorprendendo. Na Copa do Mundo de 2002, Ronaldo foi convocado, o que xerou moitas dúbidas se realmente tiña condicións de xogar, pois estaba había dous anos parado, por problemas de contusão. Porén, na Copa, tivo grandes actuacións. O Brasil, que eliminou as seleccións da Bélxica, Inglaterra, Turquía e Alemaña, esta última na final, acabou tendo a Ronaldo como máximo goleador, con oito goles, consagrándose como un dos mellores da selección, que acadou así conquistando así o seu quinto título.

Presente[editar | editar a fonte]

Co bo desempeño nas eliminatorias da Copa do Mundo de 2006, Brasil continuou sendo o único país que conseguiu a clasificación para tódolos mundiais, alén de xa ser o que máis veces foi campión. Con todo, no mundial a selección fracasou, non demostrou o fútbol esperado e sucumbiu de forma vexatoria con Francia, fracasando no soño de obter o a sexta copa. O 24 de xullo de 2006, Parreira foi destituído, e Dunga foi anunciado como o novo adestrador, nunha tentativa da Confederación Brasileira de Fútbol de dar unha resposta ás críticas por parte dos seareiros e da prensa. Este troco veu por mor da imaxe de loita e garra que dera Dunga na súa etapa xogador, contrapóndose á imaxe de falta de comando e profesionalismo, que foi creada de seu antecesor na campaña fracasada de 2006.

Dende que asumiu a Selección, a palabra de orde do técnico Dunga é renovación. Diante disto, foron afastados do equipo brasileiro xogadores veteranos como Cafú, Roberto Carlos, Ronaldo e Emerson, xogadores que ao lado do técnico Carlos Alberto Parreira, foron responsabilizados polo fracaso brasileiro no mundial da Alemaña. Dunga, que vivía a súa primeira experiencia como técnico de fútbol, chamou seu amigo e ex-compañeiro da Copa do Mundo de 1994, Jorginho para o cargo de auxiliar técnico, cargo este que era ocupado por Zagallo.

Dunga estreouse na selección no amigable contra Noruega, o día 16 de agosto, en Oslo. O partido acabou 1 a 1. Na súa segunda actuación como técnico, Dunga levou a selección á vitoria contra Arxentina o 3 de setembro, en Londres, por 3 a 0. O amigable seguinte contra Gales o 5 de setembro en Londres foi outro logro para a selección, vencendo por 2 a 0. Despois xogou contra o combinado de Kuwait, e Brasil venceu por 4 a 0, coa estrea do porteiro Hélton. No último partido de 2006, o Brasil afrontou a Suíza, e conseguiu outra vitoria por 2 a 1.

O 6 de febreiro nun amistoso contra Portugal, selección do ex-técnico do Palmeiras e da selección brasileira, Luis Felipe Scolari, Dunga foi criticado por escoller un equipo considerado feble e, ao contrario do que moitos esperaban, non convoca Rogério Ceni para a portería da selección, insistindo nos porteiros Hélton e Júlio César. A derrota por 2 a 0 foi a primeira do técnico. En marzo, Brasil realizou dous amistosos en Suecia: 4 a 0 contra Chile e 1 a 0 contra Ghana.

En 2007, disputou a Copa América en Venezuela, e consagrouse campión vencendo na final a Arxentina por 3 a 0. Ese mesmo ano comezan as eliminatorias da Copa do Mundo de 2010. Xa en 2009, o equipo comandado por Dunga conquistou tamén a Copa Confederacións ao bater a selección dos Estados Unidos na final por 3 a 2 tras unha remontada. O 5 de setembro, acadou a súa clasificación para o Mundial de Sudáfrica ao vencer a Arxentina por 3 a 1 fóra da casa. Xa no Mundial chegou un novo fracaso para a Canarinha que foi eliminado nos cuartos de final por 2 a 1 contra os Países Baixos.

Estadio[editar | editar a fonte]

A selección brasileira non ten un estadio nacional de orixe do mesmo xeito que moitos outros equipos e seleccións nacionais. Por tal motivo a selección brasileira xoga os seus partidos amigables e clasificatorios en diferentes escenarios. Entre estes atópanse o mítico Estadio Maracanã que foi sede da Copa Mundial de Fútbol de 1950 celebrada en Brasil. Este estadio é coñecido pola súa capacidade, na final do propio mundial albergou a 200.000 espectadores, e tamén por un episodio acontecido durante ese encontro, o chamado Maracanazo. Nese encontro a selección de Brasil, que tan só precisaba dun empate para levarse a Copa do Mundo. O partido comezara ben para ledicia dos seareiros, mais a selección de Uruguai conseguiu darlle a volta ao marcador e levarse o título.

Ademais do estadio de Maracanã, que hoxe conta cunha capacidade para 82.238 espectadores, está o estadio Olímpico João Havelange, onde a selección brasileira disputou partidos de eliminatorias para o Mundial de 2010. Os estadios Morumbi, Mineirão, Beira-Rio, Manei Garrincha entre outros, son utilizados igualmente pola selección. Con todo, a selección brasileira disputou encontros oficiais para as eliminatorias do mundial de fútbol Alemaña 2006 en estadios máis pequenos como o estadio Vivaldo Lima en Manaus, o estadio Rei Pelé en Maceió, o estadio Serra Dourada en Goiânia e o estadio Mangueirão en Belém do Pará.

Uniforme[editar | editar a fonte]

Brasil dende os seus comezos levou unha súa indumentaria conformada por camiseta, pantalón e medias de cor branca até o Mundial de 1950. Despois do famoso "Maracanazo", cambiou o seu uniforme polo actual facendo o seu debut no Mundial de Suíza 1954 coa goleada de 5-0 fronte a México no Stade des Charmilles na cidade de Xenebra.

Actualmente, o uniforme oficial da selección brasileira componse dunha camiseta amarela, pantalón azul e medias brancas. O uniforme de visitante componse de camiseta e medias azuis e pantalóns brancos. A indumentaria da selección está feita con tecnoloxía "Dri-Fit" de Nike, unha tecnoloxía innovadora que mellora o rendemento dos xogadores axudándoos a manterse máis secos, frescos e liviáns. Lógrao levando a transpiración do corpa á parte externa da tea para un secado rápido.

1914
1916
1917
1919
1930-1938


1942-1946


1950


1954-1962


1966-1974


1978


1982-1994


1998


2002


2006


2010


Resultados[editar | editar a fonte]

Copa Mundial de Fútbol[editar | editar a fonte]

Ano Fase Posición PX PG PE PP GF GC
Flag of Uruguay.svg Uruguai 1930 Primeira fase 2 1 0 1 5 2
Italia Italia 1934 Primeira fase 14° 1 0 0 1 1 3
Francia Francia 1938 Semifinais 5 3 1 1 14 11
Brasil Brasil 1950 Subcampión 6 4 1 1 22 6
Suíza Suíza 1954 Cuartos de final 3 1 1 1 8 5
Flag of Sweden.svg Suecia 1958 Campión 6 5 1 0 16 4
Flag of Chile.svg Chile 1962 Campión 6 5 1 0 14 6
Inglaterra Inglaterra 1966 Primeira fase 11° 3 1 0 2 4 6
Flag of Mexico.svg México 1970 Campión 6 6 0 0 19 7
Alemaña Alemaña 1974 Semifinais 7 3 2 2 6 4
Flag of Argentina.svg Arxentina 1978 Semifinais 7 4 3 0 10 3
España España 1982 Segunda fase 5 4 0 1 15 6
Flag of Mexico.svg México 1986 Cuartos de final 5 4 1 0 10 1
Italia Italia 1990 Oitavos de final 4 3 0 1 4 2
Flag of the United States.svg Estados Unidos 1994 Campión 7 5 2 0 11 3
Francia Francia 1998 Subcampión 7 4 1 2 14 10
Flag of South Korea.svg Flag of Japan.svg Corea/Xapón 2002 Campión 7 7 0 0 18 4
Alemaña Alemaña 2006 Cuartos de final 5 4 0 1 10 2
Flag of South Africa.svg Sudáfrica 2010 Cuartos de final 5 3 1 1 9 4
Total - 97 67 15 15 210 88


Copa América[editar | editar a fonte]

Copa América
1916 3º lugar 1917 3º lugar
1919 EstrellaOro PPN.svg Campión 1920 3º lugar
1921 Final - 2º lugar 1922 EstrellaOro PPN.svg Campión
1923 4º lugar 1924 Retirouse
1925 Final - 2º lugar 1926 Retirouse
1927 Retirouse 1929 Retirouse
1935 Retirouse 1937 Final - 2º lugar
1939 Retirouse 1941 Retirouse
1942 3º lugar 1945 Final - 2º lugar
1946 Final - 2º lugar 1947 Retirouse
1949 EstrellaOro PPN.svg Campión 1953 Final - 2º lugar
1955 Retirouse 1956 4º lugar
1957 Final - 2º lugar 1959 Final - 2º lugar
1959 Final - 2º lugar 1963 4º lugar
1967 Retirouse 1975 3º lugar
1979 3º lugar 1983 Final - 2º lugar
1987 5º lugar 1989 EstrellaOro PPN.svg Campión
1991 2º lugar 1993 5º lugar
1995 Final - 2º lugar 1997 EstrellaOro PPN.svg Campión
1999 EstrellaOro PPN.svg Campión 2001 6º lugar
2004 EstrellaOro PPN.svg Campión 2007 EstrellaOro PPN.svg Campión
2011 8º lugar 2015 -
 Táboa xeral: 3º posto
Pts PX PG PE PP GF GC Dif Rend
315 167 95 30 42 387 190 +197 53%


Enfrontamentos en Mundiais[editar | editar a fonte]

Partidos da Copa do Mundo (por equipo)
Total: 97 partidos xogados – 67 vitorias – 15 empates – 15 derrotas
Equipo G E P PX Equipo G E P PX Equipo G E P PX
Alxeria Alxeria 1 0 0 1 Checoslovaquia Checoslovaquia 3 2 0 5 Alemaña Alemaña 1 0 0 1
Australia Australia 1 0 0 1 Perú Perú 2 0 0 2 Ghana Ghana 1 0 0 1
Austria Austria 2 0 0 2 Unión Soviética Unión Soviética 2 0 0 2 Xapón Xapón 1 0 0 1
Italia Italia 2 1 2 5 Uruguai Uruguai 1 0 1 2 Marrocos Marrocos 1 0 0 1
Inglaterra Inglaterra 3 1 0 4 Hungría Hungría 0 0 2 2 Irlanda do Norte Irlanda do Norte 1 0 0 1
Escocia Escocia 3 1 0 4 España España 3 1 1 5 Nova Zelandia Nova Zelandia 1 0 0 1
Polonia Polonia 3 0 1 4 Suecia Suecia 5 2 0 7 Romanía Romanía 1 0 0 1
Arxentina Arxentina 2 1 1 4 Bélxica Bélxica 1 0 0 1 Rusia Rusia 1 0 0 1
Iugoslavia Iugoslavia 1 2 1 4 Bolivia Bolivia 1 0 0 1 Estados Unidos Estados Unidos 1 0 0 1
Francia Francia 1 0 3 4 Bulgaria Bulgaria 1 0 0 1 Gales Gales 1 0 0 1
México México 3 0 0 3 China China 1 0 0 1 Zaire Zaire 1 0 0 1
Países Baixos Países Baixos 1 1 2 4 Camerún Camerún 1 0 0 1 Suíza Suíza 0 1 0 1
Turquía Turquía 2 0 0 2 Croacia Croacia 1 0 0 1 Noruega Noruega 0 0 1 1
Chile Chile 3 0 0 3 Dinamarca Dinamarca 1 0 0 1 Portugal Portugal 0 1 1 2
Costa Rica Costa Rica 2 0 0 2 Alemaña Oriental Alemaña Oriental 1 0 0 1 Costa do Marfil Costa do Marfil 1 0 0 1
Corea do Norte Corea do Norte 1 0 0 1

Xogadores[editar | editar a fonte]

Máis partidos disputados[editar | editar a fonte]

Actualizado a 14 de novembro de 2011.[1]

# Nome Período Partidos Goles
1 Cafu 1990 – 2006 142 5
2 Roberto Carlos 1992 – 2006 125 11
3 Lúcio 2000 – 2011 105 4
4 Cláudio Taffarel 1987 – 1998 101 0
5 Djalma Santos 1952 – 1968 98 3
6 Ronaldo 1994 – 2011 98 62
7 Gylmar 1953 – 1969 94 0
8 Gilberto Silva 2001 – 2010 93 3
9 Pelé 1957 – 1971 92 77
Rivellino 1965 – 1978 92 26


Máximos goleadores da selección[editar | editar a fonte]

Actualizado a 27 de xullo de 2010.[1]

# Xogador Período Goles (partidos)
1 Pelé 1957 – 1971 77 (92)
2 Ronaldo 1994 – 2006 62 (97)
3 Romário 1987 – 2005 55 (70)
4 Zico 1971 – 1989 52 (72)
Bebeto 1985 – 1998 39 (75)
Rivaldo 1993 – 2003 34 (74)
7 Jairzinho 1963 – 1982 33 (81)
8 Ademir 1945 – 1953 32 (39)
Tostão 1966 – 1972 32 (54)
Ronaldinho 1999 - 32 (87)

Adestradores[editar | editar a fonte]

Mano Menezes
   

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]