Selección de fútbol de Bosnia e Hercegovina
| Bosnia e Hercegovina | |||
|---|---|---|---|
|
|||
| Asociación | Fudbalski Savez Bosne i Hercegovine | ||
| Confederación | UEFA (Europa) | ||
| Código FIFA | BIH | ||
| Alcume | Zmajevi (dragóns) | ||
| Ranking FIFA | 57 (14 de xullo de 2010) | ||
| Seleccionador | |||
| Máis partidos | Elvir Bolić (55) | ||
| Máximo goleador | Elvir Bolić (24) | ||
| Estrea internacional Irán |
|||
| Maior vitoria Bosnia e Hercegovina |
|||
| Maior derrota Arxentina La Plata, Arxentina; 14 de maio de 1998 |
|||
| Campionato do Mundo | |||
| Participacións | 0 | ||
| Mellor resultado | 0 | ||
| Eurocopa | |||
| Participacións | 0 | ||
| Mellor resultado | 0 | ||
A Selección de fútbol de Bosnia e Hercegovina é o equipo representativo do país nas competicións oficiais. A súa organización está a cargo da Federación de Fútbol de Bosnia e Hercegovina, pertencente á UEFA.
A selección de Bosnia e Hercegovina naceu en 1995 tras o desmembramento de Iugoslavia. Antes dese evento, os xogadores bosníacos xogaban na Selección de fútbol de Iugoslavia.
Índice |
Historia[editar]
Aínda que a Federación de Fútbol de Bosnia e Hercegovina creouse en 1992, a selección nacional non debutou ata 1995, tras o fin da Guerra dos Balcáns. En 1996 a Federación bosníaca foi aceptada como membro da FIFA, o que permitiu ao combinado nacional disputar as eliminatorias de acceso á Copa Mundial de 1998. Xogou o seu primeiro partido oficial o 9 de setembro de 1996, perdendo por 3-0 ante Grecia.
A primeira vitoria de Bosnia e Hercegovina chegou o 6 de novembro de 1996 nun encontro amigable contra Italia, que terminou 2-1. Tan só catro días despois chegaba a primeira vitoria en partido oficial, contra Eslovenia, por idéntico resultado.
Ata a data, a selección bosníaca non logrou a clasificación para a fase final en ningún evento internacional de importancia. Con todo, quedou ás portas de acceder á Eurocopa 2004, onde non clasificou por tan un gol de diferenza ante o seleccionado de Dinamarca. Na seguinte cita, a clasificadora para o Mundial de 2006, os bosníacos confirmaron a súa progresión. Aínda que non logrou clasificarse, Bosnia-Hercegovina terminou a terceira do seu grupo, con resultados de mérito como a súa vitoria sobre Bélxica ou o seu empate en España.
Bosnia e Hercegovina nos Mundiais[editar]
Copa do Mundo FIFA: Sen participación .
- 1930 a 1994 - Sen participación; Parte de Iugoslavia .
- 1998 - Non clasificou.
- 2002 - Non clasificou.
- 2006 - Non clasificou.
Eurocopa[editar]
Eurocopa: Sen participación.
- 1960 a 1992 - Sen participación; Parte de Iugoslavia.
- 1996 - Sen participación.
- 2000 - Non clasificou.
- 2004 - Non clasificou.
Estatísticas[editar]
- Partidos xogados: 91.
- Partidos gañados: 29.
- Partidos empatados: 24.
- Partidos perdidos: 38.
- Refacho de vitorias consecutivas: 3 (2 veces).
- Refacho de partidos sen perder: 4 (2 veces).
- Refacho de derrotas consecutivas: 3 (4 veces).
- Refacho de partidos sen gañar: 7 (2002-2003).
- Refacho de partidos sen encaixar gol: 3 (2005).
Xogadores[editar]
Xogadores con máis partidos[editar]
| # | Nome | Partidos | Período |
|---|---|---|---|
| 1 | Elvir Bolic | 52 | 1996-2006 |
| 2 | Sergej Barbarez | 49 | 1998-2006 |
| 3 | Vedin Music | 45 | 1995- |
| 4 | Hasan Salihamidžić | 43 | 1996-2006 |
| 5 | Elvir Baljic | 39 | 1996-2005 |
| 6 | Muhamed Konjic | 38 | 1995-2004 |
| 7 | Mirsad Hibic | 36 | 1997-2004 |
| 8 | Nermin Sabic | 32 | 1996-2004 |
| 9 | Zlatan Bajramovic | 29 | 2002-2006 |
| Mirsad Beslija | 29 | 2001-2006 |
Xogadores con máis goles[editar]
| # | Nome | Goles (partidos) | Período |
|---|---|---|---|
| 1 | Elvir Bolic | 22 (52) | 1996-2006 |
| 2 | Sergej Barbarez | 17 (49) | 1998-2006 |
| 3 | Elvir Baljic | 14 (39) | 1996-2005 |
| 4 | Zvjezdan Misimovic | 8 (26) | 2004- |
| 5 | Hasan Salihamidžić | 6 (43) | 1996-2006 |
Seleccionadores[editar]
| Nome | Período |
|---|---|
| Fuad Muzurović | 1995-1998 |
| Džemaludin Mušovic | 1998-1999 |
| Faruk Hadžibegic | 1999 |
| Drago Smajlović | 1999-2002 |
| Blaž Slišković | 2002-2006 |
| Fuad Muzurović | 2006- |