Selección de fútbol de Francia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Flag of France.svg
Francia
EstrellaOro PPN.svg
Actual campión do Mundo
Actual campión de Europa Actual campión de Europa
Actual campión de África Actual campión de África
Actual campión de SudaméricaActual campión de Sudamérica
Actual campión de NorteaméricaActual campión de Norteamérica
Actual campión de AsiaActual campión de Asia
Actual campión de Oceanía
Equipe de France - Alliance Française - Singapour 1991.jpg
Na súa casa


Fóra


Asociación Fédération Française de Football — FFF
Confederación UEFA (Europa)
Código FIFA FRA
Alcume Les Bleus (os azuis)
Ranking FIFA 17 (5 de xuño de 2014)
Seleccionador Francia Didier Deschamps
Máis partidos Lilian Thuram (142)
Máximo goleador Thierry Henry (51)
Estrea internacional
Bélxica Bélxica 3 - 3 Francia Francia
Bruxelas, Bélxica; 1 de maio de 1904
Maior vitoria
Francia Francia 10 - 0 Flag of Azerbaijan.svg Acerbaixán
Auxerre, Francia; 6 de setembro de 1995
Maior derrota
Dinamarca Dinamarca 17 - 1 Francia Francia
Londres, Reino Unido; 22 de outubro de 1908
Campionato do Mundo
Participacións 14 (Uruguai 1930)
Mellor resultado 1º (1998)
Eurocopa
Participacións 8 (Francia 1960)
Mellor resultado 1º (2) (1984 e 2000)

A Selección de fútbol de Francia, controlada pola Federación Francesa de Fútbol membro da UEFA, é o equipo que representa a Francia en tódalas competicións oficiais, fóra de Nova Caledonia e Tahití que posúen as súas propia seleccións recoñecidas pola FIFA. É ademais, xunto con Arxentina, a única seleccións do mundo que gañou a Copa Mundial, os Xogos Olímpicos, a Copa Confederacións e a súa respectiva Copa Rexional, neste caso a Eurocopa.

Francia foi un dos catro equipos europeos que participou no primeiro Mundial de Fútbol celebrado en Uruguai en 1930 e un dos oito combinados que o conseguiron gañar, xa que acadou a vitoria en 1998 sendo a selección anfitrioa. Francia tamén gañou dous Campionatos de Europa da UEFA, a primeira en 1984, liderados polo Balón de Ouro Michel Platini, e a mais recente no ano 2000, da man de Zinedine Zidane. Francia mantén unha rivalidade cos seus veciños de Italia dende o seu primeiro encontro en 1910, por un tempo esquecida, mais retomada polas circunstancias relacionadas coa expulsión de Zidane na final do Campionato do Mundo de 2006.

Historia[editar | editar a fonte]

Comezos[editar | editar a fonte]

O 1 de maio de 1904 foi o primeiro partido oficial da Selección de Francia, o cal finalizou en empate 3-3 con Bélxica. Despois diso pasaron 26 anos para o primeiro Mundial de Fútbol, disputado en Uruguai 1930. A pesar de que Francia quedou terceira do Grupo A, quedou a marca de Lucien Laurent, quen foi o primeiro futbolista en marcar un gol na historia dos mundiais o 13 de xullo de 1930 no Estadio Pocitos contra a Selección de México no minuto 19 de xogo. Posteriormente, Francia competiu no Mundial de Italia 1934, onde caeu en primeira fase 3-2 con Austria, e no Mundial de 1938 onde foron anfitrións, chegando a cuartos de final tras caer co campión vixente, Italia.

Posguerra[editar | editar a fonte]

Despois da Segunda Guerra Mundial, Francia non xogou o Mundial de 1950, no de Suíza 1954 quedou no posto décimo primeiro da primeira fase, e en Suecia 1958 tivo unha gran actuación, chegando ao terceiro lugar comandado polo máximo goleador nun só mundial de fútbol, o dianteiro Just Fontaine, que marcou 13 goles.[1]

Dous anos máis tarde, na primeira edición da Eurocopa en 1960, Francia foi cuarta en condición de local, logo de caer en semifinais coa Unión Soviética e no xogo polo terceiro lugar contra Checoslovaquia. Despois das dúas importantes participacións, Les Bleus non conseguiron clasificarse ás Eurocopas de 1964, 1968, 1972, 1976 e 1980. Francia tampouco se clasificou aos Mundiais de 1966, 1970 e 1974. En Inglaterra 1966 Francia caeu eliminada en primeira fase (posto 13), sendo última do Grupo A, e en Arxentina 1978 o equipo Galo tivo outra decepcionante actuación ao quedar na fase de grupos unha vez máis (posto 12), xa que no seu grupo superárona Italia e Arxentina. Nesa Copa do Mundo, Francia apenas puido derrotar 3-1 a Hungría.

A 'era' Platini[editar | editar a fonte]

A primeira gran xeración do fútbol Galo chegou a comezos da década de 1980, liderados polo capitán Michel Platini e outras figuras como Patrick Battiston, Jean Tigana e Alain Giresse. Aquel equipo obtivo o seu primeiro gran logro: o cuarto lugar en España 1982, logo de perder na rifada semifinal contra Alemaña. Dous anos despois, a mesma base de xogadores dirixida por Michel Hidalgo obtivo o título de campión europeo, en condición de local durante a Eurocopa 1984. A final en París favoreceu a Francia 2-0. Ese mesmo ano o equipo olímpico gañou a medalla de Ouro en Los Ángeles 1984, vencendo na final a Brasil.

O regreso á Copa Mundial de Fútbol en México 1986, contou con Francia como un dos claros candidatos ao título. Jean-Pierre Papin e Luis Fernández uníronse ao combinado de figuras establecido dende 1982, con Platini á cabeza. Logo de avanzar a oitavos de final como segundos do Grupo C, detrás da Unión Soviética, Francia eliminou a Italia en oitavos de final e en cuartos ao Brasil que contou na súa nómina con figuras como Sócrates, Zico e Careca. En semifinais, Alemaña foi unha vez máis o verdugo dos Galos, logo de vencelos 2-0. O terceiro lugar serviu de consolación, coa vitoria 4-2 na prórroga ante a selección de Bélxica.

Despois desa xeración destacada de futbolistas, o fútbol francés de selección caeu no seu nivel logo que o equipo non puidese clasificarse aos mundiais de Italia 1990 e Estados Unidos 1994; este caso foi dramático, xa que a dúas datas do final das Clasificatorias a Estados Unidos 1994, atopábase primeira do seu grupo, e só necesitaba 1 punto para asegurar a súa presenza, restábanlle 2 partidos de local contra Israel e Bulgaria, contra todo prognóstico perde 3-2 contra Israel no último minuto, e aínda peor, con Bulgaria perde no minuto 90' mercé a un gran contragolpe de Emil Kostadinov, ademais de non poder defender o seu título europeo na Eurocopa 1988. A outras dúas eurocopas, as de Suecia 1992 e Inglaterra 1996 contaron con Francia sen que fose gran protagonista.

A 'era' Zidane[editar | editar a fonte]

Didier Deschamps

Francia foi a anfitrioa da Copa Mundial de Fútbol de 1998. Nese evento, Francia contou con favoritismo por ser o local, sen chegar a ser o máximo candidato. A pesar diso, aos poucos, o conxunto dirixido por Aimé Jacquet chegou até a final. A Xeración Dourada, liderada polo volante creativo Zinedine Zidane e integrada, entre outros, por Fabien Barthez, Robert Pirès, Thierry Henry, Laurent Blanc e o capitán Didier Deschamps gañou o primeiro título mundial para Francia o 12 de xullo de 1998 no Stade de France, tras golear 3-0 a Brasil, o campión defensor e máximo favorito.

A maioría de xogadores continuaron coa selección Gala na consecución da Eurocopa 2000 en Países Baixos e Bélxica, a cal obtiveron con gol de ouro de David Trézéguet contra Italia. Roger Lemerre, técnico reemplazante de Jacquet, e gañador do Euro 2000, levou a Francia ao título da Copa FIFA Confederacións 2001, ratificando así o dominio francés no balompé mundial, e postulando a selección como máxima favorita a reter o título no Mundial de Corea e Xapón 2002.

Con todo, un punto negro na historia do fútbol francés foi a defensa do título na Copa Mundial de Fútbol de 2002, onde obtiveron o peor resultado na historia dun campión vixente na Copa do Mundo, alcanzando o 28º lugar, quedando eliminados en primeira fase, sen poder marcar un só gol. O partido inaugural no Estadio Mundialista de Seúl foi contra a debutante Selección de Senegal que derrotou sorpresivamente ao campión 0-1. No segundo partido do Mundial, Francia empatou 0-0 con Uruguai, chegando ao encontro contra Dinamarca con escasas posibilidades de clasificarse. O resultado ante os daneses foi derrota para Francia 2-0.

Tras o fracaso, Lemerre foi despedido e Jacques Santini tomou o mando técnico da Selección de Francia. Sen Zidane na nómina, Francia coroouse campioa da Copa FIFA Confederacións 2003, en condición de local, tras derrotar nunha emocionante final a Camerún 1-0 con gol de ouro de Thierry Henry. Na Eurocopa 2004, Francia cultivou bos resultados na primeira fase, quedando primeiro do Grupo B, tras superar a Inglaterra por un punto, grazas á agónica vitoria 2-1 no primeiro partido de ambos no torneo realizado en Portugal. Porén, a selección de Grecia, que ao cabo foi campioa, eliminou a Francia en cuartos de final por 0-1 con gol de Angelos Charisteas.

Francia de novo cambiou de técnico para as eliminatorias europeas ao Mundial de Alemaña 2006. Jacques Santini foi substituído por Raymond Domenech, quen cunha mestura de xogadores novos, experimentados e ao mando de Zidane como capitán levou a Francia a clasificar ao Mundial. En Alemaña 2006, Francia comezou con dous empates; 0-0 contra Suíza e 1-1 fronte Corea do Sur. No terceiro partido, ao medio tempo empataban 0-0 coa debutante Togo, co que quedaban eliminados. Con todo, no segundo tempo marcáronse dous goles e clasificaron a oitavos de final, onde venceron por 3-1 a España. En cuartos de final, Francia superou a Brasil gran favorita para ser campioa por 1-0 onde Zinedine Zidane fixo o seu e na semifinal fixo o propio fronte a Portugal polo mesmo marcador. Na final Francia xogaba contra Italia na que Zinedine Zidane adianto aos seus desde o punto penalti e Marco Materazzi de cabeza empato para os seus, Francia perdeu con Italia en definición por penais quedándose co subcampeonato. Aquel xogo é lembrado pola polémica agresión de Zinedine Zidane a Marco Materazzi durante a prórroga.

Era post-Zidane[editar | editar a fonte]

Despois do retiro de Zidane, aínda baixo a dirección técnica de Domenech, Francia competiu na Eurocopa 2008, á cal accedeu logo de clasificarse segunda do Grupo B detrás de Italia e apenas con dous puntos de vantaxe sobre Escocia. No torneo final realizado en Austria e Suíza, Francia foi última do Grupo C con apenas un punto, froito do empate inicial 0-0 con Romanía, xa que os outros dous partidos do grupo Francia perdeunos con Países Baixos (1-4) e Italia (0-2). Pese ao fracaso na Euro 2008, onde Francia era candidata, Raymond Domenech foi ratificado como adestrador até 2010.

O proceso clasificatorio para o devandito mundial non foi nada sinxelo, xa que Francia sufriu até o último minuto para clasificarse ao Mundial 2010. O triunfo definitivo foi na repesca contra Irlanda cun polémico pase de gol de Thierry Henry coa man, para gañar a serie 2-1. Na actualidade discútese o baixo rendemento da Selección, tras retirase Zidane e hoxe en día buscán outro como el pero fíxoselle difícil atopar un xogador con esas calidades e que desempeñe a mesma calidade de fútbol.

Aínda da man de Raymond Domenech, Francia debutou cun empate sen goles fronte a Uruguai, no seu segundo partido perde 2-0 ante México ao que o traballo de Domenech sería cuestionado máis que nunca e máis aínda tras separar ao atacante Nicolas Anelka do grupo por supostos insultos do xogador, o que orixinaría a molestia dos xogadores do equipo e tamén a polémica rifa do capitán Patrice Evra e o preparador físico. Francia pecharía a súa pésima participación perdendo 2-1 ante Sudáfrica, onde Florent Malouda sería o único xogador francés en anotar.

Francia quedaba ultima do grupo A por detrás da anfitrioa Sudáfrica dando unha imaxe moi pobre, na ultima rolda de prensa Raymond Domenech, dixo que Eric Abidal negouse a xogar o último partido por sentise baleiro por dentro. Estas foron as últimas palabras do seleccionador francés nunha das peores actuacións de Francia nun mundial. Tralo Mundial de Sudáfrica fíxose oficial a contratación de Laurent Blanc, ex-técnico do FC Girondins de Bordeaux por dous anos.

Uniforme[editar | editar a fonte]

A selección de Francia ten dous uniformes. O principal é con camiseta azul, recreando o tricolor francés, polo cal a selección ten o alcume de Les Bleus (Os azuis). O segundo uniforme é vermello, a partir de 2008, aínda que historicamente fora branco. Dende 1972 e até finais de 2010, os uniformes de Francia son provistos pola marca alemá Adidas. No 2011, a empresa estadounidense Nike fabricará os uniformes do seleccionado até o 2018, nun contrato de 42,6 millóns de euros anuais, unha suma catro veces superior ao antigo contrato, o cal fai á Selección de Francia co uniforme mellor pago no mundo.[2]

Evolución do uniforme[editar | editar a fonte]

(Histórico)










Resultados[editar | editar a fonte]

Copa Mundial de Fútbol[editar | editar a fonte]

Ano Fase Posición PX PG PE PP GF GC
Flag of Uruguay.svg Uruguai 1930 Primeira fase 3 1 0 2 4 3
Italia Italia 1934 Primeira fase 1 0 0 1 2 3
Francia Francia 1938 Primeira fase 2 1 0 1 4 4
Brasil Brasil 1950 Non participou
Suíza Suíza 1954 Primeira fase 2 1 0 1 3 3
Flag of Sweden.svg Suecia 1958 Semifinais 6 4 0 2 23 15
Flag of Chile.svg Chile 1962 Non participou
Inglaterra Inglaterra 1966 Primeira fase 13° 3 0 1 2 2 5
Flag of Mexico.svg México 1970 Non participou
Alemaña Alemaña 1974
Flag of Argentina.svg Arxentina 1978 Primeira fase 12° 3 1 0 2 5 5
España España 1982 Semifinais 7 3 2 2 16 12
Flag of Mexico.svg México 1986 Semifinais 7 4 2 1 12 6
Italia Italia 1990 Non participou
Flag of the United States.svg Estados Unidos 1994
Francia Francia 1998 Campión 7 6 1 0 15 2
Flag of South Korea.svg Flag of Japan.svg Corea/Xapón 2002 Primeira fase 28° 3 0 1 2 0 3
Alemaña Alemaña 2006 Final 7 4 3 0 9 3
Flag of South Africa.svg Sudáfrica 2010 Primeira fase 28° 3 0 1 2 1 4
Total - 54 25 11 18 96 68


Eurocopa[editar | editar a fonte]

Ano Fase Posición PX PG PE PP GF GC
Francia Francia 1960 Semifinais 2 0 0 2 4 7
España España 1964 Non participou
Italia Italia 1968
Bélxica Bélxica 1972
Flag of SFR Yugoslavia.svg Iugoslavia 1976
Italia Italia 1980
Francia Francia 1984 Campión 5 5 0 0 14 4
Alemaña Alemaña 1988 Non participou
Flag of Sweden.svg Suecia 1992 Primeira fase 3 0 2 1 2 3
Inglaterra Inglaterra 1996 Semifinais 5 2 3 0 5 2
Bélxica Flag of the Netherlands.svg Bélxica/P. Baixos 2000 Campión 6 5 0 1 13 7
Flag of Portugal.svg Portugal 2004 Cuartos de final 4 2 1 1 7 5
Austria Suíza Austria/Suíza 2008 Primeira fase 15° 3 0 1 2 1 6
Polonia Ucraína Polonia/Ucraína 2012 Cuartos de final 4 1 1 2 3 5
Total - 32 15 8 9 49 39

Xogadores[editar | editar a fonte]

Máis partidos disputados[editar | editar a fonte]

Actualizado a 21 de xullo de 2010.[3]

# Nome Período Partidos Goles
Lilian Thuram 1994 - 2008 142 2
Thierry Henry 1997 -2010 123 51
Marcel Desailly 1993 - 2004 116 3
Zinedine Zidane 1994 - 2006 108 31
Patrick Vieira 1997 - 2009 107 6
Didier Deschamps 1989 - 2000 103 4
Laurent Blanc 1989 - 2000 97 16
Bixente Lizarazu 1992 - 2004 97 2
Sylvain Wiltord 1999 - 2006 92 26
10º Fabien Barthez 1994 - 2006 87 0


Máximos goleadores da selección[editar | editar a fonte]

Actualizado a 21 de xullo de 2010.[4]

# Xogador Período Goles (partidos)
Thierry Henry 1997 - 2010 51 (123)
Michel Platini 1976 - 1987 41 (72)
David Trézéguet 1998 - 2008 34 (71)
Zinedine Zidane 1994 - 2006 31 (108)
Just Fontaine 1953 - 1960 30 (21)
Jean-Pierre Papin 1986 - 1995 30 (54)
Youri Djorkaeff 1993 - 2002 28 (82)
Sylvain Wiltord 1999 - 2006 26 (92)
Jean Vincent 1953 - 1961 22 (46)
10º Jean Nicolas 1933 - 1938 21 (25)

Adestradores[editar | editar a fonte]

O listado corresponde aos adestradores da selección francesa dende 1955.

Nacionalidade - Adestrador[5] Período
Francia Albert Batteux 1955-1962
Francia Henri Guérin 1962-1966
España Francia José Arribas e
Alemaña Francia Jean Snella
1966
Flag of Morocco.svg Francia Just Fontaine 1967
Francia Louis Dugauguez 1967-1968
Francia Georges Boulogne 1969-1973
Flag of Romania.svg Ştefan Kovács 1973-1975
Francia Michel Hidalgo 1976-1984
Francia Henri Michel 1984-1988
Francia Michel Platini 1988-1992
Francia Gérard Houllier 1992-1993
Francia Aimé Jacquet 1993-1998
Francia Roger Lemerre 1998-2002
Francia Jacques Santini 2002-2004
Francia Raymond Domenech 2004-2010
Francia Laurent Blanc 2010-2012
Francia Didier Deschamps 2012-

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Selección de fútbol de Francia