Estádio do Maracanã
Coordenadas: 22°54′43″S 43°13′48″W / 22.91194°S 43.23000°W
| Vista aérea do estadio do Maracanã. | |
| Datos | |
|---|---|
| Localización | Río de Xaneiro, Brasil |
| Arquitecto | Waldir Ramos Raphael Galvão Miguel Feldman Oscar Valdetaro Pedro Paulo B. Bastos Orlando Azevedo Antônio Dias Carneiro |
| Inauguración | 16 de xuño de 1950 |
| Renovación | 2000, 2006, 2013 |
| Superficie | Herba |
| Capacidade | 78.838 |
| Dimensións | 105 × 68 m. |
| Propietario | Estado de Río de Xaneiro |
| Localía | Flamengo Fluminense FC |
| Eventos | |
O Estádio Jornalista Mário Filho, máis coñecido como Maracanã ("semellante a un chocallo" en tupi-guarani, debido ao son dos paxaros que vivían por alí)[1], é un estadio de fútbol brasileiro localizado en Río de Xaneiro e inaugurado en 1950, utilizándose para a Copa do Mundo de fútbol daquel ano. Desde entón, o Maracanã foi palco de grandes momentos do fútbol brasileiro e mundial, como o milésimo gol de Pelé, finais do Campionato Brasileiro, Carioca de Fútbol, Taça Libertadores da América, do primeiro Campionato Mundial de Clubs da FIFA, competicións internacionais e partidos da Selección brasileira. Foi un dos locais de competición dos Xogos Panamericanos de 2007, recibendo o fútbol, as cerimonias de apertura e de clausura. Tamén será sede e albergará as cerimonias de apertura e clausura dos Xogos Olímpicos de 2016, que serán disputados na cidade de Río de Xaneiro.
Ao longo do tempo, porén, o estadio tamén pasou a asumir carácter de espazo multiuso ao recibir outros eventos como espetáculos e partidos de outros deportes, como o voleibol nunha ocasión. Tras diversas obras de modernización, a capacidade actual do estadio é de 78.838 espectadores, sendo o maior estadio de Brasil.