Teresópolis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Teresópolis
Bandeira de Teresopolis.svg Brasao teresopolis.svg
Estado Río de Xaneiro
Superficie 770,5 km²
Poboación
Densidade
163 746 (2010)
217,52 hab./km²
Altitude 871 msnm
Latitude 22º 24' 44" S
Lonxitude 42º 57' 56" O
Distancia da capital do estado 95 Km
Código postal (CEP) 25900-000
Administración local Prefeitura Municipal de Teresópolis - Av. Feliciano Sodré, 675, Várzea
Internet http://www.teresopolis.rj.gov.br/
Alcalde (Prefeito) Arlei Rosa
Mapa da cidade no Estado de Rio de Janeiro
RiodeJaneiro Municip Teresopolis.svg


Teresópolis é un municipio brasileiro do estado do Río de Xaneiro, sitúado nas montañas da Rexión Serrana Fluminense. Foi bautizado nunha homenaxe á esposa do emperador Pedro II de Brasil, Teresa Cristina (Teresópolis = cidade de Teresa).

A cidade abriga a sede dun importante parque nacional brasileiro, o Parque Nacional da Serra dos Órgãos, que preserva remanecentes da floresta tropical coñecida como Mata Atlântica. Tamén abriga un parque estadual, o Parque Estadual dos Três Picos, recentemente creado. É unha cidade cercada por matas e por montañas bastante coñecidas, como o Dedo de Deus, a Pedra do Sino, a Agulla do Diabo, a Pedra da Tartaruga e a Muller de Pedra. Polas súas formacións montañosas, a cidade é considerada a capital brasileira do alpinismo.

A montaña Dedo de Deus próxima a Teresópolis.

Polo seu clima ameno (tropical de altitude), a cidade foi escollida como sede de entrenamentos da Confederación Brasileira de Fútbol, sendo o local de concentración da Selección Brasileira de Fútbol situado nunha propiedade chamada Granxa Comary.

A economía da cidade baséase principalmente para o turismo. A cidade ten un comercio diversificado e un sector hoteleiro desenvolvido. Forma parte tamén do cinturón verde do estado de Río de Xaneiro, rexión responsábel pola produción da maior parte dos produtos hortícolas consumidos no estado. As principais industrias son as de roupas e de bebidas.

Ligazón externa[editar | editar a fonte]

  • Portal Terê, informacións sobre a cidade, en portugués.