Pelé
| Información persoal | |||
|---|---|---|---|
| Nome completo | Edison Arantes do Nascimento | ||
| Nacemento | 21 ou 23 de outubro de 1940 (71 anos) | ||
| Lugar | Três Corações, Brasil | ||
| Altura | 1,73 m. | ||
| Posición | Centrocampista / Dianteiro | ||
| Carreira xuvenil | |||
| 1952–1956 | Bauru | ||
| Carreira sénior | |||
| Anos | Equipos | Apps† | (Gls)† |
| 1956–1974 | Santos | 1120 | (1087) |
| 1975–1977 | New York Cosmos | 64 | (37) |
| Total | 1184 | (1124) | |
| Selección nacional | |||
| 1957–1971 | Brasil | 92 | (77) |
| * Partidos e goles só en liga doméstica. † Aparicións (Goles) |
|||
Edison Arantes do Nascimento[1], coñecido mundialmente como "Pelé", está considerado "O Rei" do fútbol. Entre el e Diego Armando Maradona está o debate sobre quen é o mellor futbolista de tódolos tempos.
Índice |
[editar] Traxectoria
Nado en Tres Coraçoes, o 23 de outubro de 1940, debutou na primeira división con só 15 anos. Dez meses despois foi convocado por vez primeira coa selección de Brasil. O mundo enteiro comezaría a admiralo pouco despois, cando gañou o Mundial de 1958, en Suecia. Na final Pelé fixo dous goles. No seguinte mundial, en Chile, no ano 1962 voltaría a consegui-lo título de campión. En talvez o cumio da súa carreira foi o Mundial de México, en 1970. Tras un campionato incríble, liderando un equipo considerado coma o mellor que xamáis pisou un campo, a final voltou a ser o seu mellor partido. Do 4-1 co que gañou a Italia, Pelé marcou un gol e pasou outros dous.
[editar] Palmarés
[editar] Co Santos Futebol Clube, da cidade de Santos, Brasil
- 2 Copas Intercontinentais
- 2 Copas Libertadores
- 11 campeonatos do Estado de Sao Paulo
[editar] Coa selección
En total Pelé marcou 1284 goles en 1363 partidos.
[editar] Notas
- ↑ Nome conforme certificación de nacemento (n.º 7095, folla 123, libro 21-A do rexistro civil de Três Corações).