Miroslav Klose

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Miroslav Klose
FIFA WC-qualification 2014 - Austria vs. Germany 2012-09-11 - Miroslav Klose 01.JPG
Información persoal
Nome completo Miroslav Josef Klose
Nacemento 9 de xuño de 1978 (36 anos)
Lugar Opole, Polonia
Altura 1,84 m.
Posición Dianteiro
Información de club
Club actual Lazio
Número 11
Carreira xuvenil
1987–1997 SG Blaubach-Diedelkopf
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1997–1998 SG Blaubach-Diedelkopf
1998–1999 FC 08 Homburg II 15 (10)
1998–1999 FC 08 Homburg 18 (1)
1999–2001 1. FC Kaiserslautern II 50 (26)
1999–2004 1. FC Kaiserslautern 120 (44)
2004–2007 Werder Bremen 89 (53)
2007–2011 Bayern München 98 (24)
2011– Lazio 56 (28)
Selección nacional
2001– Alemaña 127 (67)
* Partidos e goles só en liga doméstica. Actualizados a 22 de maio de 2013.
† Aparicións (Goles)
‡ Actualizado a 2 de xuño de 2013.

Miroslav Klose nado co nome de Mirosław Klose en Opole (Polonia) o 9 de xuño de 1978, é un futbolista alemán. Xoga de dianteiro e o seu equipo actual é o SS Lazio.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

A súa nai Barbara foi membro do equipo nacional polaco de balonmán (82 encontros internacionais) e o seu pai Josef, de etnia xermana, foi entre outras cousas un xogador de fútbol profesional no AJ Auxerre. A familia mudou primeiro á Francia e logo, no 1987, á Kusel en Alemaña.

No Mundial de Fútbol Corea/Xapón 2002, marcou cinco goles coa Selección de fútbol de Alemaña, rematando coma un dos mellores xogadores do mundial. Esta marca repetiuna catro anos despois no Mundial de fútbol Alemaña 2006, resultando máximo anotador do torneo e quedando en terceiro posto coa selección xermana.

"Miro" e a súa muller Sylwia foron pais de xemelgos o 30 de xaneiro de 2005, chamados Luan e Noah.

Perfil do xogador[editar | editar a fonte]

A pesar da súa fama relativamente modesta, Klose é un dos mellores dianteiros que rematan coa testa na Bundesliga. Ademais, xoga dunha maneira naturalmente agresiva e é tecnicamente un xogador apropiado, capaz de rematar cos pés tamén. No 2005, o introvertido Klose é considerado coma un dos mellores goleadores alemáns.

Outros datos[editar | editar a fonte]

A marca de fábrica de Miro, a celebración dos goles, consiste en abrazar ós seus compañeiros de equipo Johan Micoud e Ivan Klasnic ou un "Salto" (termo alemán para voltereta) que fixo ata cinco veces durante a Copa do Mundo de 2002.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]