Selección de fútbol de Italia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Flag of Italy.svg
Italia
EstrellaOro PPN.svg EstrellaOro PPN.svg EstrellaOro PPN.svg EstrellaOro PPN.svg
Actual campión do mundo Actual campión do Mundo
Actual campión de Europa Actual campión de Europa
Actual campión de África
Actual campión de SudaméricaActual campión de Sudamérica
Actual campión de NorteaméricaActual campión de Norteamérica
Actual campión de Asia
Actual campión de Oceanía
Na súa casa


Fóra


Asociación Federazione Italiana
Giuoco Calcio
Confederación UEFA (Europa)
Código FIFA ITA
Alcume Azzurri (azuis)
Ranking FIFA 11 (14 de xullo de 2010)
Seleccionador Italia Cesare Prandelli
Máis partidos Fabio Cannavaro (136)
Máximo goleador Luigi Riva (35)
Estrea internacional
Italia Italia 6 - 2 Francia Francia

Milán, Italia; 15 de maio de 1910

Maior vitoria
Italia Italia 9 - 0 Flag of the United States.svg Estados Unidos

Brentford, Reino Unido; 2 de agosto de 1948

Maior derrota
Hungría Hungría 7 - 1 Italia Italia

Budapest, Hungría; 6 de abril de 1924

Campionato do Mundo
Participacións 17 (Italia 1934)
Mellor resultado 1º (1934, 1938, 1982, 2006)
Eurocopa
Participacións 7 (Italia 1968)
Mellor resultado 1º (1968)

A selección italiana de fútbol é o equipo nacional de Italia e está controlada pola Federación Italiana de Fútbol. É unha das seleccións con mellor palmarés, tendo na súa galería de trofeos catro títulos mundiais, cifra só superada por Brasil, con cinco.

Índice

Historia [editar]

O primeiro encontro da selección italiana foi na cidade de Milán, en Italia, o 15 de maio de 1910, contra Francia. Gañaron por 6 a 2. Rexeitaron acudir á primeira Copa do Mundo, en Uruguai, no ano 1930. En 1934 e 1938 saíron vencedores, aínda que no de 1934, desputado en Italia, foron moi criticados debido ás supostas axudas arbitrais recibidas ao longo do torneo. Catro anos máis tarde gañaron de novo, esta vez sen axuda de ningún tipo, demostrando que eran unha grandísima escadra e que non precisaban ningún apoio ilegal para gañar. Neses anos a Italia estaba gobernada polo fascismo de Mussolini.

Despóis da Segunda Guerra Mundial o fútbol italiano baixaría moito o seu nivel, sendo o punto culminante a derrota por 1-0 diante de Corea do Norte no Mundial de 1966.

No ano 1968 a escadra italiana gaña o seu primeiro título donde 1938, a Eurocopa. Este triunfo foi o resultado dunha política de non contratación de estranxeiros na liga italiana, co obxectivo de potenciar a selección nacional. Dous anos máis tarde, no Mundial de 1970 chegarían ata a final, perdendo có Brasil de Pelé, Tostao, Gérson, Rivelino e outras estrelas por 4-1.

En 1982 a Italia faise có título de campión mundial por terceira vez, despóis dun pobre xogo na primeira fase, derrotaron á Arxentina, Brasil e Polonia, e logo á Alemaña na final por 3-1. O dianteiro Paolo Rossi foi a súa estrela naquela competición.

En 1990, no mundial desputado en Italia alcanzaron o terceiro posto e catro anos máis tarde foron subcampións, derrotados polo Brasil na tanda de pentaltis.

Por fin, no 2006 acadaron o seu cuarto título mundial, vencendo na final á Francia nos penaltis. Os xogadores Pirlo, Gatusso, Fabio Cannavaro ou Materazzi destacaron especialmente.

Palmarés nos Mundiais [editar]

Palmarés na Eurocopa [editar]

  • 1960 - Non participou
  • 1964 - Non se clasificou
  • 1968 - Campións
  • 1972 - Non se clasificou
  • 1976 - Non se clasificou
  • 1980 - Cuarta praza
  • 1984 - Non se clasificou
  • 1988 - Semifinais
  • 1992 - Non se clasificou
  • 1996 - Primeira rolda
  • 2000 - Subcampións
  • 2004 - Primeira rolda

Adestradores [editar]

Xogadores clásicos [editar]

   

Na actualidade [editar]

Porteiros:

Defensas:

Centrocampistas:

Dianteiros:

Véxase tamén [editar]

Ligazóns Externas [editar]