Rexións do Brasil

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

As Rexións do Brasil son unhas divisións que teñen carácter legal e que foron proposta polo Instituto Brasileiro de Xeografía e Estatística (IBGE) en 1969. O IBGE tomou en consideración aspectos naturais na división do país, como o clima, o relevo, a vexetación e a hidrografía; por esa razón, as rexións tamén son coñecidas como "rexións naturais do Brasil". Hai unha pequena excepción com relação à região Sudeste, que foi criada tendo parcialmente en conta aspectos humanos (desenvolvemento industrial e urbano). As rexións brasileiras son:

1 Centro-Oeste, 2 Nordeste, 3 Norte, 4 Sudeste, 5 Sur

Os limites das rexións sempre coinciden cos límites de estados, non habendo estados que se espallen por dúas rexións.

A área correspondente ao estado de Tocantins (integrante da rexión Norte), por ter sido orixinaria do desmembrado de Goiás (Centro-Oeste), foi a última alteración na delimitación das rexións brasileiras.

Actualmente, moitos xeógrafos e científicos sociais prefiren a división xeoeconómica proposta por Pedro Pinchas Geiger no 1967, que toma en conta os aspectos naturais e humanos. Esa división consiste de tres rexións e a súas fronteiras non coinciden coas fronteiras estatais, a saber: Amazonia, Centro-Sur e Nordeste.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]