Selección de fútbol de México

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Flag of Mexico.svg
México
Actual campión do Mundo
Actual campión de Europa Actual campión de Europa
Actual campión de África Actual campión de África
Actual campión de SudaméricaActual campión de Sudamérica
Actual campión de NorteaméricaActual campión de Norteamérica
Actual campión de AsiaActual campión de Asia
Actual campión de Oceanía
Na súa casa


Fóra


Asociación Federación Mexicana de Fútbol — FMF
Confederación CONCACAF
Código FIFA MEX
Alcume Aztecas
Ranking FIFA 20 (5 de xuño de 2014)
Seleccionador Flag of Mexico.svg Miguel Herrera
Máis partidos Claudio Suárez (178)
Máximo goleador Jared Borgetti (46)
Estrea internacional
Guatemala Flag of Guatemala.svg 2 - 3 Flag of Mexico.svg MéxicoGuatemala, Guatemala; 1 de xaneiro de 1923
Maior vitoria
México Flag of Mexico.svg 13 - 0 Bahamas BahamasToluca, México; 28 de abril de 1987
Maior derrota
Inglaterra Inglaterra 8 - 0 Flag of Mexico.svg México
Londres, Inglaterra; 10 de maio de 1961
Campionato do Mundo
Participacións 15 (Uruguai 1930)
Mellor resultado 6º (2) (1970 e 1986)
Copa de Ouro
Participacións 20 (O Salvador 1963)
Mellor resultado 1º (9) (1965, 1971, 1977, 1993, 1996, 1998, 2003, 2009, 2011)
Mexico e 1930.

A selección de fútbol de México é o equipo representativo do país nas competicións oficiais. A súa organización está a cargo da Federación Mexicana de Fútbol, está afiliada á FIFA desde 1929 e pertence á Concacaf dende 1961. A selección mexicana disputou o seu primeiro encontro o 9 de decembro de 1923 e o seu primeiro torneo oficial en 1928, no marco dos Xogos Olímpicos de Ámsterdan.

No curso da súa historia tivo dous períodos exitosos. O primeiro abarcou as décadas dos anos 60 e 70, conseguindo tres campionatos da súa federación e numerosas medallas de ouro neste ramo nos eventos deportivos rexionais; mentres que o segundo foi durante os anos 90 e principios dos 2000, onde obtivo catro Copas de Ouro da CONCACAF, dous subcampionatos da Copa América e unha Copa Confederacións. Por esta ampla superioridade na zona a México denominóuselle como «O Xigante da Concacaf», aínda que durante a decáda do 2000 comezouse a disputar esta honra con Estados Unidos. Con 14 participacións, é unha das seleccións con maior número de aparicións na Copa Mundial de Fútbol, con todo non tivo participacións moi produtivas.

A selección mexicana identifícase coas cores verde, branca e vermella, procedentes da súa bandeira nacional. Exerce a súa localía oficial no Estadio Azteca de México D.F., no entanto moitos partidos de carácter amigable efectuáronse en Estados Unidos. A selección conta cunha división feminina e seleccións menores. Na súa división sub-17 consagráronse no Mundial da especialidade de 2005, sendo este o único campionato mundial en fútbol obtido por México.

Historia[editar | editar a fonte]

O Club América, equipo base da primeira selección mexicana.

Nos anos 20, o fútbol era practicado en México só por estranxeiros. Só o Club América estaba integrado completamente por mexicanos. Para finais de 1922 o embaixador de México en Guatemala, Juan de Deus Bojórguez, convidou o equipo a aquel país, por tal motivo foi o primeiro representante do fútbol mexicano no estranxeiro. A xira tamén incluíu tres partidos, disputados a principios de xaneiro de 1923, coa selección local, o cal foi derrotado en dúas ocasións polo cadro mexicano.

A primeira selección mexicana de fútbol formouse a finais de 1923, coincidindo coa parada do campionato mexicano 1923-24. O primeiro partido da selección de México foi o 9 de decembro, ante a selección de Guatemala. No primeiro partido Adolfo Frías Beltrán, primeiro adestrador nacional, aliñou co gardameta Ignacio da Garza; os defensas Pedro Legarreta e Rafael Garza Gutiérrez «Marca» (primeiro capitán de México); os mediocampistas Enrique Esquivel, Aurelio Yáñez e Roberto Jardón; e os dianteiros Carlos Garcés, Horacio Ortíz, Adeodato López, Mauro Guadarrama e Cornelio «Coneja» Cuevas.

A internacionalización do fútbol mexicano comezou co debut da selección nunha competición oficial, os Xogos Olímpicos de Ámsterdan. O 30 de maio de 1928 México disputou o seu primeiro partido oficial fronte a selección de España, que terminou cunha derrota para os mexicanos por 7 goles a 1. Posteriormente o equipo dirixido por Jesús Salgado concluíu a súa participación cunha nova desfeita ante Chile por 3 a 1.

Ese mesmo ano, o Congreso da FIFA reuniuse en Ámsterdan e decidiu a realización dun torneo especializado, para o cal debería procurarse unha sede. Uruguai foi elixida como sede do devandito torneo e México foi convidado a esta primeira Copa Mundial de Fútbol. A selección azteca quedou emparejeda no grupo A, xunto aos representativos de Arxentina, Chile e Francia. O 13 de xullo de 1930 os mexicanos caeron 4 a 1 ante os franceses no partido inaugural de Uruguai 1930. O dianteiro Juan Carreño fixo o único gol e converteuse no primeiro futbolista mexicano en marcar nun campionato do mundo. Os seguintes encontros do Mundial non supuxeron mellor fortuna para os mexicanos, quen caeron con Chile por 3 a 0 e Arxentina por 6 a 3. Porén, o mediocampista Felipe Rosas converteuse no primeiro anotador de México nos Mundiais, con dous goles.

México pensaba clasificarse sen problemas cara ao Mundial de Italia 1934 tras vencer contundentemente en tres duelos ao seu similar de Cuba (3 a 2; 5 a 0 e 4 a 1); mais inesperadamente, o comité organizador esixiu que México enfrontase a Estados Unidos, o cal se inscribiu de última hora, para definir ao equipo cualificado á Copa do Mundo. Sen outra alternativa, México enfrontou ao representativo estadounidense en Roma o 24 de maio de 1934, partido que arroxou un resultando adverso para o cadro Tricolor e quedou eliminado por 4 a 2. Esta eliminación derivaría nunha prolongada ausencia do país na xusta futbolística. Dende esta data até 1970 México non pasaría nunca da primeira fase dun mundial, sendo o maior logro gañar un partido Mundial de 1962.

En outubro de 1964 designouse a México para organizar o Mundial de 1970, tendo ao Estadio Azteca como símbolo e só unha vitoria nos certames anteriores, tiñan a misión de facer un bo papel en casa co apoio da súa xente. A inauguración da Copa do Mundo levouse a cabo o 31 de maio, e no partido inaugural México recibiu á Unión Soviética, cun cheo absoluto no Azteca con 107.160 espectadores, pero o representativo local non puido corresponder ao empatar sen anotacións ante a decepción xeral. O segundo partido foi contra un rival da área: O Salvador, o resultado foi de 4-0; por primeira vez na historia, México participaba nunha goleada e non era a vítima. O 11 de xuño os locais venceron pola mínima diferenza a Bélxica con gol de Gustavo Pena, nese entón, defensa do Cruz Azul. Con este resultado por primeira vez na historia, a Tricolor avanzaba á seguinte rolda. O 14 de xuño no estadio "La Bombonera" de Toluca, termináronse os soños ao perder 1-4 ante Italia, o cadro azteca empezou gañando con tanto de José Luís González ao minuto 13, pero ao 25 produciuse un autogol de Gustavo Pena e despois apareceron Luigi Riva (dúas veces) e Gianni Rivera para sepultar as esperanzas do cadro mexicano.

O Estadio Azteca.

Despois doutra serie de anos con malos resultados, México hospeda en 1986 de novo o Campionato Mundial, sendo o primeiro país que organiza dúas Copas do Mundo. Isto ocorreu despois de que Colombia, que era a sede designada, renunciase case catro anos antes por non cubrir as esixencias da FIFA, entón o país poxou por organizar novamente unha xusta mundialista e o 20 de maio de 1983, a FIFA deu a súa aprobación. Neste mundial México rexurdiría no seu nivel logo de anos de estancamento, causando un gran impacto ao mando de Bora Milutinović. A súa primeira fase foi case impecable: O debut foi o 3 de xuño enfrontando a Bélxica con vitoria de 2-1 con goles de Fernando Quirarte e Hugo Sánchez ante 100.000 espectadores, empatouse a un tanto contra a selección de Paraguai, e no último partido venceron a Iraq pola mínima diferenza logrando o pase aos oitavos de final.

O 15 de xuño, fronte 115 mil espectadores no Estadio Azteca, deron conta de Bulgaria por 2 goles a 0, o primeiro deles memorable polo remate de "tesoira" de Manuel Negrete, lembrado como "o gol máis belo de México nos mundiais". Desafortunadamente, a ilusión terminou en cuartos de final, celebrado en Monterrey, ante Alemaña, xa que despois de prevalecer o empate sen anotacións en tempo regular e extra, caeron ante o cadro teutón en penais por marcador de 1-4 grazas ás 2 atalladas do veterano porteiro alemán Harold Schumacher. Os mundiais de 1970 e 1986 terminaron sendo as mellores actuacións de México na historia dos mundiais ocupando a 6ta. posición da clasificación xeral en ambos os certames. Dende este mundial até o de Sudáfrica 2010 chegaron en cinco ocasións a oitavos de final sen conseguir superar a rolda.

Uniforme[editar | editar a fonte]

As cores do uniforme de local proveñen da bandeira nacional, camisola verde, pantalóns brancos e medias vermellas (nalgúns partidos as medias foron brancas e mesmo os pantalóns verdes). O uniforme de visitante foi case sempre completamente branco, aínda que ás veces o pantalóns é substituído por un verde.

Nos primeiros anos da seleccións mexicana, o uniforme era de camiseta granate e pantalóns e medias azul mariño. Despois foi cambiado ás cores actuais para darlle un sentido máis patriótico ao equipo. Nun intento de lembrar as primeiras vestimentas, no ano 2001 a marca que vestía á selección nese momento, Atletica, decidiu crear un terceiro uniforme coas mesmas cores que a de outrora.

Evolución[editar | editar a fonte]

Títular 1928


Títular 1950


Suplente 1950


Títular 1954


Títular 1958


Títular 1962


Suplente 1962


Títular 1966


Suplente 1966


Títular 2006


Títular 2007


Títular 2009


Resultados[editar | editar a fonte]

Copa Mundial de Fútbol[editar | editar a fonte]

Ano Fase Posición PX PG PE PP GF GC
Flag of Uruguay.svg Uruguai 1930 Primeira fase 13° 3 0 0 3 4 13
Italia Italia 1934 Non clasificado
Francia Francia 1938 Sen participación
Brasil Brasil 1950 Primeira fase 12° 3 0 0 3 2 10
Suíza Suíza 1954 Primeira fase 13° 2 0 0 2 2 8
Flag of Sweden.svg Suecia 1958 Primeira fase 16° 3 0 1 2 1 8
Flag of Chile.svg Chile 1962 Primeira fase 11° 3 1 0 2 3 4
Inglaterra Inglaterra 1966 Primeira fase 12° 3 0 2 1 1 3
Flag of Mexico.svg México 1970 Cuartos de final 4 2 1 1 6 4
Alemaña Alemaña 1974 Non clasificado
Flag of Argentina.svg Arxentina 1978 Primeira fase 16° 3 0 0 3 2 12
España España 1982 Non clasificado
Flag of Mexico.svg México 1986 Cuartos de final 5 3 2 0 6 2
Italia Italia 1990 Expulsado
Flag of the United States.svg Estados Unidos 1994 Oitavos de final 13° 4 1 2 1 4 4
Francia Francia 1998 Oitavos de final 13° 4 1 2 1 8 7
Flag of South Korea.svg Flag of Japan.svg Corea/Xapón 2002 Oitavos de final 11° 4 2 1 1 4 4
Alemaña Alemaña 2006 Oitavos de final 14° 4 1 1 2 5 5
Flag of South Africa.svg Sudáfrica 2010 Oitavos de final 14° 4 1 1 2 4 5
Total - 14° 49 12 13 24 52 89


Copa de Ouro[editar | editar a fonte]

Ano Fase Posición PX PG PE PP GF GC
Flag of El Salvador.svg O Salvador 1963 Primeira fase 3 1 1 1 9 2
Flag of Guatemala.svg Guatemala 1965 Campión 5 4 1 0 13 2
Flag of Honduras.svg Honduras 1967 Subcampión 5 4 0 1 10 1
Flag of Costa Rica.svg Costa Rica 1969 Semifinalista 5 1 2 2 4 5
Flag of Trinidad and Tobago.svg Trinidad e Tobago 1971 Campión 5 4 1 0 6 1
Flag of Haiti.svg Haití 1973 Semifinalista 5 2 2 1 10 5
Flag of Mexico.svg México 1977 Campión 5 5 0 0 20 5
Flag of Honduras.svg Honduras 1981 Semifinalista 5 1 3 1 6 3
Flag of Canada.svg Copa de Ouro 1985 Non clasificado
Flag of Costa Rica.svg Copa de Ouro 1989 Expulsado
Flag of the United States.svg Estados Unidos 1991 Semifinalista 5 3 1 1 10 5
Flag of the United States.svg Flag of Mexico.svg Estados Unidos/México 1993 Campión 4 4 1 0 28 2
Flag of the United States.svg Estados Unidos 1996 Campión 4 4 0 0 9 0
Flag of the United States.svg Estados Unidos 1998 Campión 4 4 0 0 8 2
Flag of the United States.svg Estados Unidos 2000 Cuartos de final 3 1 1 1 6 3
Flag of the United States.svg Estados Unidos 2002 Cuartos de final 3 2 1 0 4 1
Flag of the United States.svg Flag of Mexico.svg Estados Unidos/México 2003 Campión 5 4 1 0 9 0
Flag of the United States.svg Estados Unidos 2005 Cuartos de final 4 2 0 2 4 1
Flag of the United States.svg Estados Unidos 2007 Subcampión 4 0 2 2 7 5
Flag of the United States.svg Estados Unidos 2009 Campión 6 5 1 0 15 2
Total - 83 54 17 12 181 48

Xogadores[editar | editar a fonte]

Máis partidos disputados[editar | editar a fonte]

Actualizado a 25 de xullo de 2010.

# Nome Período Partidos Goles
1 Claudio Suárez 1992 – 2006 178 6
2 Pável Pardo 1996 – 148 11
3 Jorge Campos 1991 – 2004 131 0
4 Alberto García-Aspe 1988 – 2002 127 21
5 Ramón Ramírez 1991 – 2000 121 15
Cuauhtémoc Blanco 1995 – 121 39
7 Gerardo Torrado 1996 – 118 6
8 Oswaldo Sánchez 1999 – 99 0
9 Rafael Márquez 1997 - 94 11
10 Carlos Hermosillo 1984 – 1997 90 35


Máximos goleadores da selección[editar | editar a fonte]

Actualizado a 25 de xullo de 2010.

# Xogador Período Goles (partidos)
1 Jared Borgetti 1997 – 2007 46 (89)
2 Cuauhtémoc Blanco 1995 - 39 (121)
3 Luis Hernández 1995 - 2002 35 (87)
Carlos Hermosillo 1984 – 1997 35 (90)
5 Enrique Borja 1966 – 1975 31 (65)
6 Luis Roberto Alves 1988 – 2001 30 (84)
7 Luis Flores 1983 – 1993 29 (62)
Hugo Sánchez 1977 – 1998 22 (75)
Luis García 1991 – 1999 29 (78)
10 Benjamín Galindo 1983 – 1997 28 (65)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]