Río Branco, Acre

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Rio Branco
Bandeira de Rio Branco.gif Brasão do Rio Branco.gif
Estado Acre
Superficie 7 925 km²
Poboación
Densidade
314 127 (2006)
39,64 hab./km²
Fundación 28 de decembro de 1882
Altitude 136 m sobre o nivel do mar
Latitude 9 °58’29" S
Lonxitude 67° 48’36" O
Distancia de Brasilia 3105 Km (por estradas)
Código postal (CEP) 69900-000
Administración local: Prefeitura Municipal de Rio Branco - Rua Coronel Alexandrino, 301 Bosque
Internet: http://www.riobranco.ac.gov.br
Alcalde (Prefeito) Raimundo Angelim
Rio Branco no Brasil
Rio Branco in Brazil.png

Rio Branco é a capital e cidade máis importante do estado brasileiro do Acre, sitúado na Rexión Norte do Brasil. Orixinouse a partir de un pequeno poboado creado para extración de caucho na rexión, o Seringal Empresa, en 28 de decembro de 1882.

O seu nome débese a unha homenaxe a José Maria Paranhos Junior, Barón do Río Branco, diplomático brasileiro que negociou coa Bolivia o Tratado de Petrópolis, o cal garantiu a pose da rexión para o Brasil. En 1920 a cidade pasou a ser capital do entón Território do Acre.

Construcións históricas de Rio Branco.
Antigo Mercado de Rio Branco.

Rio Branco é a capital de estado sitúada máis a oeste do Brasil, non moi distante das fronteiras con Perú e Bolivia. Ligase ós puntos de fronteira e tamén a Brasilia por estradas asfaltadas. A cidade vive principalmente do comercio e servizos, e ten unhas poucas industrias. Non é moi coñecida polas persoas do sueste e do sur do Brasil (principais orixes dos turistas brasileiros, por seren tamén as rexións economicamente máis ricas) debido á súa grande distancia destas rexións (ata San Paulo, por exemplo, son 3.642 km), e a non constar de grandes roteiros turísticos do país. Espérase que terá un grande crecemento cando concluirse a ligazón por estrada asfaltada entre Brasil e Perú, dando acceso ós portos peruanos no océano Pacífico.