Robin van Persie
Van Persie en 2013. |
|||
| Información persoal | |||
|---|---|---|---|
| Nome completo | Robin van Persie | ||
| Nacemento | 6 de agosto de 1983 (29 anos) | ||
| Lugar | Rotterdam, Países Baixos | ||
| Altura | 1,83 m. | ||
| Posición | Dianteiro | ||
| Información de club | |||
| Club actual | Manchester United | ||
| Número | 20 | ||
| Carreira xuvenil | |||
| 1998–1999 | Excelsior | ||
| 1999–2001 | Feyenoord | ||
| Carreira sénior | |||
| Anos | Equipos | Aprs† | (Gls)† |
| 2001–2004 | Feyenoord | 59 | (15) |
| 2004–2012 | Arsenal | 194 | (96) |
| 2012– | Manchester United | 36 | (25) |
| Selección nacional | |||
| 2000–2001 | Holanda sub-17 | 14 | (8) |
| 2001-2003 | Holanda sub-19 | 11 | (3) |
| 2004-2006 | Holanda sub-21 | 6 | (1) |
| 2005– | Holanda | 74 | (34) |
| * Partidos e goles só en liga doméstica. Actualizados a 5 de maio de 2013. † Aparicións (Goles) ‡ Actualizado a 26 de marzo de 2013. |
|||
Robin van Persie, nado en Rotterdam o 6 de agosto de 1983, é un futbolista neerlandés. Xoga de dianteiro e o seu actual club é o Manchester United.
Índice |
Traxectoria [editar]
Van Persie comezou no equipo xuvenil do SBV Excelsior. Foise despois ao equipo da súa cidade, o Feyenoord, onde estivo durante tres tempadas e gañou a Copa da UEFA no ano 2002.[1] Na tempada 2001-02, gañou o premio ao mellor xogador sub-21 da Eredivisie. Os seus problemas co adestrador Bert van Marwijk remataron cun cambio de club, e Van Persie foise á Premier League no ano 2004, fichando polo Arsenal F.C. por 2.75 millóns de libras.[2][3] Na súa primeira tempada no equipo de Londres, gañou a Community Shield e a FA Cup, e gañou o premio ó mellor deportista de Rotterdam do ano 2006. Foi o mellor xogador do mes da Premier League en tres ocasións.[4] Na tempada 2008-09 da Premier, foi o máximo asistente da competición, con 11 asistencias.[5][6]
Van Persie foi internacional co seu país de novo, representando ás seleccións holandesas sub-17, sub-19 e sub-21. Fixo o seu debut coa selección absoluta en 2005, nun amigable contra Romanía. Un mes máis tarde, anotou o seu primeiro gol coa absoluta, na vitoria por 4-0 contra Finlandia.[7][8] Participou no Mundial de fútbol de 2006 e no de 2010, e máis na Eurocopa de 2008.[9]
Palmarés [editar]
Club [editar]
- Feyenoord
- Copa da UEFA (1): 2001-02
- Arsenal
- FA Cup (1): 2005
- FA Community Shield (1): 2004
- Finalista da Football League Cup: 2007, 2011
- Finalista da UEFA Champions League: 2006
- Manchester United
- Premier League (1): 2012–13
Selección [editar]
- Finalista da Copa do Mundo de Fútbol: Sudáfrica 2010
Notas [editar]
- ↑ 2001/02: Van Hooijdonk fires up Feyenoord UEFA.COM
- ↑ Arsenal Striker Robin Van Persie Wants To Follow In Dennis Bergkamp's Foosteps And Wear Number 10 Shirt Goal.com, 7 de xullo de 2010
- ↑ "Perfect 10? Robin van Persie to follow in Dennis Bergkamp's footsteps after William Gallas vacates famous jersey". Mail Online. 20 de xullo de 2010. http://www.dailymail.co.uk/sport/football/article-1296290/Robin-van-Persie-follow-Dennis-Bergkamp-No-10-William-Gallas-vacates-jersey.html.
- ↑ Parkinson, Nick (3 de decembro de 2005). "Van Persie hits spot for Wenger". The Guardian. http://www.guardian.co.uk/football/2005/dec/03/newsstory.sport6.
- ↑ Player Profile | Robin van Persie FA Premier League
- ↑ Statistics FA Premier League
- ↑ FIFA Player Statistics: Robin VAN PERSIE FIFA.com
- ↑ Robin Van Persie Football Profile Yahoo! Eurosport UK
- ↑ 2010 FIFA World Cup™ – Robin VAN PERSIE FIFA.com