Confederación Suramericana de Fútbol

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "CONMEBOL")

A Confederación Suramericana de Fútbol, en portugués Confederação Sul-Americana de Futebol, ou coñecida tamén cos acrónimos CONMEBOL ou CSF, é a confederación de asociacións nacionais de fútbol de América do Sur e unha das seis de carácter continental que compoñen a FIFA.

A CONMEBOL foi fundada en 1916 por iniciativa do uruguaio Héctor Rivadavia Gómez e composta nun primeiro momento polas asociacións nacionais de Arxentina, Chile, Uruguai e Brasil. Posteriormente fóronse unindo as restantes federacións até sumar as dez actuais, que fan desta confederación a máis pequena da FIFA por número de integrantes. Paraguai uniuse en 1921, Perú en 1925, Bolivia en 1926, Ecuador en 1927, Colombia en 1936 e por último Venezuela en 1952. Ademais, aínda que a Güiana, o Suriname e a Güiana francesa pertenzan ao continente suramericano, debido a razóns históricas, culturais e deportivas decidiron unirse á CONCACAF.

Xunto coa UEFA, a CONMEBOL é unha das confederacións dominantes na FIFA, tendo gañado nove dos dezaoito Mundiais de Fútbol da FIFA, a pesar de só ter organizado catro. Así mesmo é a única Confederación que foi quen de gañar un Mundial fora do seu propio continente (de feito, fixoo en todos os continentes nos que se leva disputado). Dentro da CONMEBOL destacan dúas seleccións por enriba das demais son Brasil, que é a selección que conta cun maior número de títulos mundiais, e a Arxentina. Estas dúas seleccións, ademais de acaparar títulos mundiais (cinco e dous respectivamente) e continentais (oito e catorce respectivamente), permanecen ano tras ano nos postos de cabeza dos rankings elaborados pola FIFA e os seus clubes acaparan éxitos a nivel continental e global. Outra selección que tamén ten destacado é a do Uruguai, sobre todo nos seus inicios con dous títulos e dous cuartos postos en mundiais, e catorce títulos da Copa América. A nivel de clubes a Confederación tamén obtivo éxitos importantes acadando un total de vinte e dúas Copas Intercontinentais.

A Confederación organiza diferentes torneos entre os que destacan a nivel de clubes a Copa Libertadores (análoga á Copa de Europa da UEFA) e a Copa Suramericana (semellante á [Copa da UEFA]), ademais da Copa América a nivel de seleccións nacionais.

Historia[editar | editar a fonte]

Coincidindo co Centenario da Independencia da república Arxentina en 1916, o Ministerio de Relacións Exteriores dese país donou un trofeo e convidou ás Federacións do Brasil, Chile e Uruguai para disputar un campionato de fútbol como parte das celebracións. Aínda que neste ano non estaba en xogo o Trofeo Copa América, que se instituirá no ano seguinte, este torneo está considerado como a primeira Copa América da historia.

O torneo tivo un grande exito e durante a súa disputa o dirixente uruguaio Héctor Rivadavia Gómez viu o contexto ideal para materializar un vello proxecto persoal: o de crear a Confederación Suramericana de Fútbol. É así como na data exacta do centenario da Independencia de Arxentina, o 9 de xullo de 1916, os dirixentes da Arxentina, Brasil, Chile e Uruguai se reuniron en Buenos Aires àra estudar a idea de integración de Rivadavia Gómez, que finalmente sería aprobada en referendum polas respectivas asociacións nacionais. O 15 de decembro dese mesmo ano celebrouse o Congreso Constitucional en Montevideo, no qeu se ratificou todo o acordado. Posteriormente uniuse Paraguai en 1921, Perú en 1925, Bolivia en 1926, Ecuador en 1927, Colombia en 1936 e por último Venezuela en 1952.

No Congreso de 1990 incluiuse nos estatutos unha modificación pola cal se establece como sede permanente da institución a cidade de Asunción, capital do Paraguai. O 23 de xaneiro de 1998 inaugurouse o imponente edificio que acolle a nova sé, localizada no distrito de Luque, Gran Asunción.

Membros asociados[editar | editar a fonte]

País Federación Fundación Ingreso Selecciones
Flag of Argentina.svg Arxentina Asociación del Fútbol Argentino (AFA) 1893 1916 * masculina
feminina
Flag of Bolivia.svg Bolivia Federación Boliviana de Fútbol (FBF) 1925 1926 masculina
feminina
Flag of Brazil.svg Brasil Confederação Brasileira de Futebol (CBF) 1914 1916 * masculina
feminina
Flag of Chile.svg Chile Federación de Fútbol de Chile (FFCh) 1895 1916 * masculina
feminina
Flag of Colombia.svg Colombia Federación Colombiana de Fútbol (FCF) 1924 1936 masculina
feminina
Flag of Ecuador.svg Ecuador Federación Ecuatoriana de Fútbol (FEF) 1925 1925 masculina
feminina
Flag of Paraguay.svg Paraguai Asociación Paraguaya de Fútbol (APF) 1906 1921 masculina
feminina
Flag of Peru.svg Perú Federación Peruana de Fútbol (FPF) 1922 1925 masculina
feminina
Flag of Uruguay.svg Uruguai Asociación Uruguaya de Fútbol (AUF) 1899 1916 * masculina
feminina
Flag of Venezuela.svg Venezuela Federación Venezolana de Fútbol (FVF) 1926 1952 masculina
feminina
  • *Son cofundadoras da Conmebol

Presidentes da CONMEBOL[editar | editar a fonte]

Sede da CONMEBOL en Luque, Paraguai
Nome Nacionalidade Período
1. Héctor Rivadavia Gómez Flag of Uruguay.svg Uruguai 1916–1936
2. Luis O. Salesi Flag of Argentina.svg Arxentina 1936–1939
3. Luis Valenzuela Hermosilla Flag of Chile.svg Chile 1939–1955
4. Carlos Dittborn Pinto Flag of Brazil.svg Brasil - Flag of Chile.svg Chile 1955–1957
5. José Ramos de Freitas Flag of Brazil.svg Brasil 1957–1959
6. Fermín Sorhueta Flag of Uruguay.svg Uruguai 1959–1961
7. Raúl H. Colombo Flag of Argentina.svg Arxentina 1961–1966
8. Teófilo Salinas Fuller Flag of Peru.svg Perú 1966–1986
9. Nicolás Leoz Flag of Paraguay.svg Paraguai- Flag of Colombia.svg Colombia 1986–presente

Torneos organizados pola CONMEBOL[editar | editar a fonte]

De seleccións[editar | editar a fonte]

De clubs[editar | editar a fonte]

Clasificación Mundial da FIFA[editar | editar a fonte]

Clasificación masculina[editar | editar a fonte]

A Clasificación mundial da FIFA dos equipos suramericanos do último mes de xuño de 2009 amosa as seguintes posicións:

Posto Ranking FIFA País Troco
Flag of Brazil.svg Brasil 20px (Baixou 1 posto)
Flag of Argentina.svg Arxentina 20px (Baixou 1 posto)
13º Flag of Paraguay.svg Paraguai 20px (Subiu 4 postos)
17º Flag of Uruguay.svg Uruguai 20px (Baixou 1 posto)
37º Flag of Chile.svg Chile 20px (Baixou 11 postos)
44º Flag of Ecuador.svg Ecuador 20px (Baixou 2 puestos)
45º Flag of Colombia.svg Colombia 20px (Baixou 1 posto)
56º Flag of Venezuela.svg Venezuela 20px (Igual)
58º Flag of Bolivia.svg Bolivia 20px (Igual)
89º Flag of Peru.svg Perú 20px (Baixou 2 postos)

Nota: A próxima actualización da Clasificación mundial da FIFA dos equipos masculinos publicarase o vindeiro 1 de xullo de 2009.

Clasificación feminina[editar | editar a fonte]

A Clasificación mundial da FIFA dos equipos femininos suramericanos do 19 de decembre de 2008 amosa as seguintes posicións.

Posto Ranking FIFA País Troco
Flag of Brazil.svg Brasil 20px (Subiu un posto)
28º Flag of Argentina.svg Arxentina 20px (Igual)
Flag of Peru.svg Perú 20px (Igual)**
Flag of Colombia.svg Colombia 20px (Igual)**
Flag of Chile.svg Chile 20px (Igual)**
Flag of Ecuador.svg Ecuador 20px (Igual)**
Flag of Uruguay.svg Uruguai 20px (Igual)**
Flag of Paraguay.svg Paraguai 20px (Igual)**
Flag of Venezuela.svg Venezuela 20px (Igual)**
Flag of Bolivia.svg Bolivia 20px (Igual)**

Nota: A próxima actualización da Clasificación mundial da FIFA dos equipos femeninos publicarase o próximo 26 de xuño de 2009.

  • **Seleccións sen ranking oficial por estaren inactivas máis de 18 meses.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligacións externas[editar | editar a fonte]