Vitória, Espírito Santo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaVitória, Espírito Santo
Imaxe

HimnoHino do município de Vitória (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Nomeado en referencia aNossa Senhora da Vitória (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 20°18′38″S 40°17′50″O / -20.3106, -40.2972Coordenadas: 20°18′38″S 40°17′50″O / -20.3106, -40.2972
EstadoBrasil
Unidades da federaciónEspírito Santo Editar o valor em Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación322.869 (2022) Editar o valor em Wikidata (3.344,55 hab./km²)
Xeografía
Superficie96,536 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude4 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Vila Velha (pt) Traducir
Cariacica (pt) Traducir
Serra (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Creación1551 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata
Organización política
• Prefeito (pt) Traducir Editar o valor em WikidataLorenzo Pazolini (pt) Traducir (2021–2024) Editar o valor em Wikidata
Órgano lexislativocâmara municipal de Vitória (pt) Traducir , (Escano: 15) Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal29000-000 Editar o valor em Wikidata
Prefixo telefónico27 Editar o valor em Wikidata
Código de concello do Brasil3205309 Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con

Sitio webvitoria.es.gov.br Editar o valor em Wikidata

Vitória é unha cidade brasileira, capital do estado do Espírito Santo, e unha das tres illas-capitais do Brasil (as outras son Florianópolis e São Luís do Maranhão). Está localizada na Rexión Sueste. Limita ao norte co municipio da Serra, ao sur con Vila Velha, ao leste co océano Atlántico e ao oeste con Cariacica.

Cunha poboación de 327.801 habitantes, segundo estimacións de 2010 do IBGE, a cidade é a cuarta mais poboada do estado (tralos municipios limítrofes da súa área metropolitana: Vila Velha, Serra e Cariacica) e integra unha área xeográfica de gran nivel de urbanización denominada Rexión Metropolitana da Gran Vitória, formada polos municipios de Vitória, Cariacica, Fundão, Guarapari, Serra, Viana e Vila Velha.

Vitória está cercada pola Baía de Vitória, é unha illa de tipo fluviomariño. Ademais da illa principal, Vitória, fan parte do municipio outras 34 illas (algunhas a máis de 1100 km da costa) e unha porción continental, obtendo un total de 93,381 km². Orixinalmente eran 50 illas.

Entre as capitais do Brasil, Vitória posúe o 3° mellor IDH e o maior PIB per capita.

Vitória posúe dous grandes portos, o Porto de Vitória e o Porto de Tubarão. Eses portos fan parte do maior complexo portuario do Brasil, que inclúe varios portos do estado, e son considerados os mellores do Brasil.

A cidade administra a Illa de Trindade e a Illa de Martim Vaz, a 1100 km da costa, que son importantes bases meteorolóxicas por causa da súa posición estratéxica, en área de dispersión de masas de aire.

Vista da cidade de Vitória, capital do Espírito Santo.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Relevo

O relevo das illas é un prolongamento do continental, de constitución granítica, circundado polo mar e áreas de mangleiral e restinga. O punto máis alto da illa de Vitória, Morro da Fonte Grande, posúe altitude de 308,8 m. Outros puntos elevados son a Pedra dos (Dous) Olhos con 296 m e o Morro de San Benedito con 194 m de altitude.

Clima

O clima da cidade é tropical húmido, con temperatura media mensual máxima de 30 °C e mínima de 24 °C, con caídas de choiva máis frecuentes nos meses de outubro a xaneiro.

Palacio Anchieta, sede do goberno do Estado.

Economía[editar | editar a fonte]

A economía de Vitória é volta para as actividades do porto, ó comercio activo, á industria, ós servizos e tamén ó turismo. A cidade conta con dous portos que están dentre os máis importantes do país: O Porto de Vitória e o Porto de Tubarão.

As industrias máis importantes da capital son a Companha Siderúrgica de Tubarão (CST) e a Companhia Vale do Rio Doce (CVRD). O turismo de negocios é o máis frecuente na cidade, xa que o turismo de lecer non é moi explorado.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]