Toyohashi
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
|
|||
| Mapa | |||
|---|---|---|---|
| Localización de Toyohashi na prefectura de Aichi | |||
| Localización da prefectura de Aichi no Xapón | |||
| Información | |||
| País | |||
| Illa | Honshū | ||
| Rexión | Rexión de Chūbu, Rexión de Tōkai | ||
| Prefectura | Prefectura de Aichi | ||
| Superficie | 261,35 km2 | ||
| Poboación | 377.341 (2009) | ||
| Densidade | 1.440 h/km² | ||
| Alcalde | Kōichi Sahara | ||
Toyohashi (豊橋市, とよはしし, Toyohashi-shi) é un concello da prefectura de Aichi no Xapón. Está situado na parte Tōkai da rexión de Chūbu, e ó sureste da prefectura, na zona da provincia histórica de Mikawa, no centro da illa de Honshū. A súa superficie é de 261,35 km² e a poboación de 377.341 habitantes (2009) e ten unha densidade de poboación de 1.440 h/km².
O concello de Toyohashi limita cos concellos de Tahara, de Kozakai, de Toyokawa, de Shinshiro (son da prefectura de Aichi); de Hamamatsu e de Kosai (son da prefectura de Shizuoka).